8 minute read

Aposta polo fermosismo coas novas fachadas para concello e unitaria de Lardeiros

Advertisement

Nova fachada para a casa consistorial

O Concello de O Pino aproveitou a primeira convocatoria de axudas para corrección de impactos paisaxísticos en edificios, dependencias e equipamentos públicos municipais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e destinou os 24.000 euros da subvención concedida para mellorar a imaxe da casa consistorial. A intervención acometida consistiu no adecentamento das catro fachadas do edificio, sobre as que se fixeron tarefas de repintado e limpeza ca fin de renovar e mellorar a súa imaxe exterior. do equipo de goberno por implantar a cultura do fermosismo no municipio. O alcalde, Manuel Taboada, destacou que esta liña de axudas do goberno autonómico “serve para acabar co feísmo no territorio” .

O director do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta, Enrique de Salvador, visitou a casa consistorial no mes de marzo e subliñou a aposta

Casa consistorial antes de pintala Esta actuación, que se complementou coa colocación dun elevador financiado pola Vicepresidencia da Xunta, permitiu renovar completamente a imaxe da casa consistorial do Pino, que nesta ocasión apostou polas cores branca e gris.

Unha vez renovada a imaxe da casa do Concello, o goberno municipal continuou apostando polo fermosismo e adecentou a imaxe da antiga escola unitaria de Lardeiros, convertida actualmente en local social e onde se imparten algunhas das actividades que promove o Concello.

Neste edificio público tamén se melloraron as catro fachadas do inmoble e pintáronse de branco e gris.

Os puntos limpos móbiles recollen máis dunha tonelada de residuos

A veciñanza do Pino volcouse durante 2022 coa recollida selectiva de residuos para preservar o medio ambiente e favorecer o desenvolvemento local. Nos primeiros doce meses de funcionamento nos dous remolques, a veciñanza depositou preto de tonelada e media de pequenos refugallos de diferente tipoloxía.

En concreto, recolléronse 400 lámpadas e fluorescentes e 100 tóneres de impresora. En pilas e baterías, que son altamente contaminantes, retiráronse 400 quilos, e outros 300 de pequenos electrodomésticos e teléfonos móbiles. Veciñas e veciños das diferentes parroquias tamén levaron a estes puntos limpos 200 quilos de residuos especiais e latas contaminadas e outros 200 litros de aerosois e aceites vexetais.

O Concello distribúe por todas as parroquias, determinados días ao mes, estes remolques que foron entregados en novembro de 2020 pola directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia. Durante o ano 2022, a Corporación do Pino aprobou os dous expedientes presentados por un gandeiro solicitando a rebaixa da contribución (IBI) para dúas edificacións destinadas a actividades agropecuaris. Esta rebaixa pode chegar ata o 95 por cento para os titulares de explotacións gandeiras, agrarias e forestais que o soliciten nas dependencias municipais e presenten a documentación requirida.

Axudas de 300 € para o estudantado

O Concello do Pino tiña reservada para este exercicio unha partida de 3.000 euros para conceder dez bolsas de 300 euros cada unha aos estudantes universitarios ou que cursan ciclos formativos de grao superior como axuda para financiar os gastos correntes de compra de material, pago de residencia ou de matrícula. Un dos requisitos era que debían estar empadroados no Pino antes do 5 de novembro de 2021. Como explicou o alcalde nun dos plenos da Corporación, concedéronse estas axudas ás tres familias que as solicitaron e cumprían cos requisitos establecidos nas bases e desestimouse unha cuarta petición.

Achegas para asociacións Bonificacións do IBI a gandeiros

O Concello destinou este ano unha partida de 70.757 euros para achegas ás asociacións veciñais, entidades deportivas e outros colectivos do municipio. As partidas máis importantes foron para a SD O Pino, a Banda de Música de Arca e a ANPA do CPI Camiño de Santiago. Tamén houbo axudas para as comisións de festas de todas as parroquiais.

ENTIDADE EUROS ENTIDADE

ANPA CPI Camiño de Santiago 7.000 Igrexa de O Pino

EUROS

2.000

Asoc. Veciños de Arca 1.400 Igrexa de Lardeiros 2.000

Banda de Música de Arca 12.000 Igrexa de Gonzar

Club Atletismo O Pino 3.000 Igrexa de Pastor 2.000

2.000

Soc. Cazadores A Magdalena 1.103 Igrexa S. Mamede de Ferreiros 2.000

S.D. O Pino 10.000 Igrexa S.n Breixo de Ferreiros 2.000

Asoc. Veciños de Castrofeito 1.354 Igrexa de Cerceda

Igrexa de Medín 2.000 Igrexa de Cebreiro 2.000

2.000

Igrexa de Arca 2.000 Comisións festas das 13 parroquias 14.900

TOTAL SUBVENCIÓNS 70.757

SOCORRISTAS

A Consellería de Emprego cofinanciou a contratación dun socorrista para a piscina municipal de Lameiro durante dous meses, desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto. Por outra banda, a Deputación da Coruña cofinanciou a contratación doutros dous socorristas.

TÉCNICA DE TURISMO

O Concello contratou unha técnica de turismo, nos meses de xuño a decembro, para atender os visitantes na oficina de Pedrouzo. A traballadora contratouse grazas ao programa de subvencións da Deputación da Coruña que permite financiar o gasto de persoal destas oficinas.

PEL OBRAS E SERVIZOS

Durante 6 meses a Deputación da Coruña subvencionou a contratación de 4 persoas desempregadas para facer tarefas de limpeza viaria e na rede de sumidoiros e para o mantemento de servizos municipais. Este persoal comezou a prestar o servizo o 30 de marzo.

PEÓN FORESTAL

Cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade contratouse un peón forestal para rozar leiras forestais municipais dende xullo de 2022 a marzo de 2023.

TRACTORISTA

Para facer tarefas de desbroce e de limpeza na rede viaria do municipio, o Concello de O Pino contratou un tractorista dende xuño ata decembro.

PEÓN XARDIÑEIRO

O Concello contratou un peón xardiñeiro, de marzo a setembro, para limpar parques, xardíns, prazas... e manter limpo o centro urbano do municipio.

OFERTAS DE EMPREGO

Tanto ao emprego que xera o Concello coma ás ofertas das empresas privadas dáselles difusión desde a web opino.gal. En 2022, dende o departamento de Desenvolvemento Local publicitáronse 27 ofertas na páxina web do concello e en Facebook. Tamén dende a web facilítanselles a persoas desempregadas enlaces aos distintos buscadores de emprego.

ALBANEL

Para realizar pequenos arranxos de infraestruturas municipais contratouse, a cargo do Concello, un albanel que traballou dende marzo ata setembro.

SUBVENCIÓNS E CURSOS

A través das redes sociais do Concello, páxina web e Facebook, o departamento de Emprego dálle difusión ás políticas activas de emprego da Xunta de Galicia. Deste xeito tamén se publicitan outras axudas, tanto da Xunta e da Deputación da Coruña coma doutros organismos públicos dirixidos ás asociacións, vivendas, comercio ou hostalaría, entre outras.

Festa do atletismo popular nos 8000 do Pino

Houbo que sacar os paraugas pero nin a choiva puido coa gran festa popular que foi en maio a carreira pedestre Os 8000 do Pino. Máis de 400 atletas participaron nas sete categorías das que constaba a proba e que cubrían distancias dende os 340 metros para os menores de 6 anos ata os oito quilómetros da absoluta. Para completar a celebración, o Club Atletismo O Pino foi profeta na súa terra ao conseguir a primeira praza por equipos en mulleres e a segunda en homes.

Tamén foi un corredor da casa quen gañou Os 8000 do Pino. Juan Álvarez, cun tempo de 27:20, proclamouse campión na categoría absoluta, seguido de Abel Barros (28:36) e Alejandro Pesado (28:01). En categoría feminina, a primeira en cruzar a meta foi Zelinda Spencer (31:54), do Oviedo Atletismo. Por detrás, entraron Rocío Albite (32:47) e Martina Tasende (33:30).

Houbo así mesmo trofeos para os atletas do Pino que non resultaron gañadores nas súas categorías. Recolléronos Susana Rial, Enma Argibay, Ángeles Salmonte, Manuel Gomez, Iván Gontán e Borja Castro. Ademais, todos os escolares levaron unha medalla de recordo.

Escanea o código para ver o vídeo da carreira Os 8000 do Pino.

Gran papel do Pino na estrea do Trail da comarca Ulla-Tambre

Beatriz Barroso Pérez, do Club Atletismo Noia (2:01:23) e Daniel Paz Pardo, do CD Brión (1:34:45), adxudicáronse a primeira edición do Trail comarca Ulla-Tambre. A proba, de 20 quilómetros, uniu a área recreativa de Brandelos (Touro) co cruceiro da igrexa de Arca (O Pino), pasando por algunhas das paraxes máis fermosas de ambos os dous municipios como a fervenza do Batán, o miradoiro de San Sebastián ou o alto do Picón.

O bo papel do Club Atletismo O Pino quedou refrendado polos segundos postos de Cristina Carril en mulleres e do propio club na categoría por equipos. Os concelleiros Eva Varela e José Manuel Carreira participaron na entrega de trofeos.

NOVAS MARCAS E RECOÑECEMENTOS PARA AS DEPORTISTAS DO CLUB ATLETISMO O PINO

Os integrantes do Club Atletismo O Pino continuaron sumando marcas e recoñecementos durante este ano, tanto en pista cuberta coma ao aire libre. Entre os nomes propios, podemos salientar o de Sofía Pérez que, no seu debut, proclamouse campioa galega sub 12 de salto de altura cunha marca de 1.34 m. Outro dos nomes propios é o de Nerea Martínez (na foto, á dereita do alcalde), que logrou dúas pratas no nacional de Federacións, en individual e relevos, en 100 metros, e foi tamén décima no Campionato de España sub 16. Pola súa parte, Cristina Carril Boo, gañadora do Trail curto da Pobra, liderou o equipo pinés que disputou coa selección galega o nacional de trail running. Acompañárona Patricia Noya, Silvia Fajín e Alberto Carou.

This article is from: