
1 minute read
O Pino Aventura, unha actividade familiar na que participan quince equipos
Actividade en familia con O Pino Aventura
Máis de medio cento de persoas, distribuídas en 15 equipos, participaron en O Pino Aventura, unha actividade promovida pola concellería de Cultura e organizada por Territorio Comanche na que os xogadores e xogadoras tiñan que superar diferentes probas distribuídas polo casco urbano de Arca e polas inmediacións do Camiño de Santiago.
Advertisement
Orientándose cun mapa, os equipos sumaban puntos localizando pistas e balizas e superando desafíos. A proba de puntería no lanzamento de aros foi unha das máis solicitadas, ao igual que a de equilibrio. Tras dúas horas e media de competición, gañaron os equipos Porcos bravos, na categoría de exploradores piñeiros, e Anfibilandia, na de pequen@s piñeiros.

Escanea o código para ver o vídeo de Pino Aventura

O PINO CO CAMIÑO DOS DEREITOS HUMANOS REPRESENTANTES ARXENTINOS VISITAN O PINO


O alcalde e a directora da fundación americana International Solidarity for Human Rights, Elizabeth Sánchez, colocaron na casa consistorial a placa conmemorativa do respaldo municipal ao Camiño dos Dereitos Humanos que está a promover no Camiño Primitivo a entidade con sede en Miami. Jorge Luciano Montoya e David Urreta, responsables do departamento de Integración Rexional da provincia de Córdoba (Arxentina), visitaron O Pino para coñecer máis de preto as medidas de desenvolvemento, organización e promoción do Camiño de Santiago.