
14 minute read
Investimentos de tres millóns en infraestruturas viarias nas trece parroquias
Tres millóns de fondos propios nas 13 parroquias
As empresas Cosmalca, Antonio Filloy, Arines Obras y Servicios e Oviga foron as encargadas de executar os cinco proxectos de obras financiados con fondos propios do Concello, que supuxeron un investimento de 2,6 millóns de euros. A proposta presentada polo alcalde, Manuel Taboada, no Pleno celebrado o 31 de maio foi aprobada cos votos a favor de PP e BNG e coa abstención do PSdeG. A maioría destas obras fixéronse durante o segundo semestre do ano.
Advertisement
Estes cinco proxectos forman parte do ambicioso plan de obras executado con fondos propios do Concello e aprobado en decembro de 2021 por máis de tres millóns de euros, que permitiron construír doce quilómetros de sendas peonís e outras actuacións en todas as parroquias do municipio.
A empresa Cosmalca foi a encargada de facer a senda peonil entre Bugalleira e Rabal de Abaixo, cunha lonxitude de tres quilómetros e cun investimento de 635.258,99 euros. Esta senda conta con 6 centímetros de aglomerado en quente sobre unha capa de 25 centímetros de zahorra, ademais de canalizacións de pluviais en toda a súa lonxitude, cos correspondentes pozos e sumidoiros (características que son similares en todas as sendas).
Entre os lugares dos Currás e O Petón a empresa Arines Obras y Proyectos construíu outra senda de tres quilómetros cun investimento de 613.929,57 euros.
A empresa Obras y Viales de Galicia (Oviga) foi a adxudicataria da senda que une A Xesta e Frechazo Último, nun tramo de pouco máis de dous quilómetros. O presuposto de adxudicación foi de 505.420 euros.
As outras dúas sendas deste plan comunican, por un lado, a igrexa de Pereira coa aldea, cunha lonxitude de 240 metros e con dous metros de ancho. A segunda, con case 900 metros de longo, comunica a estrada N-547 coa igrexa de San Breixo. Cosmalca foi a empresa encargada de construír estas dúas sendas cun investimento de 394.290,54 euros.
Estas obras permitiron dotar as trece parroquias do Pino con sendas peonís, “o que mellora a seguridade viaria da veciñanza”, asegura o alcalde, Manuel Taboada.
A última adxudicación ratificada polo Pleno de maio fai referencia ás obras para mellorar o firme da pista que vai de Area Branca a Couto Pequeno, pasando por Sobrado e Setas (Medín); a estrada do Marquiño a Vimieiro, a pista de Cruceiro ata a igrexa de Lardeiros, a pista de Rego de Auga ata Casa de Auga (Budiño) e a pista de Campo a Tarroeira (Budiño e O Pino). A empresa Antonio Filloy foi a encargada de executar estas melloras, cun investimento de 497.415 euros.
O plan de obras municipal contempla tamén melloras noutras estradas do municipio e no interior de diferentes núcleos de poboación. A adxudicación destas obras é competencia da Xuna Local de Goberno. Entre elas figuran melloras en Rejas (Rourís), na estrada local de Casa Ramos a Cerceda, nas pistas interiores de Cebreiro, en Hombre, A Pena, Barcia e no aparcadoiro da Igrexa (Pastor).
Pastor. Ampliación do firme e interiores dende A Pena ata Ponte Carreira
San Mamede de Ferreiros. Senda peonil dende A Xesta ata Frechazo Último


Cebreiro. Mellora de pista en interior do Castelo Cebreiro. Mellora de pista en interior do Castelo


Cebreiro. Mellora de pista en interior do Castelo Gonzar. Novos xogos no parque infantil da escola unitaria


Cerceda. Mellora de firme de Casa Ramos a Cerceda Cerceda. Mellora de firme de Casa Ramos a Cerceda



Budiño. Asfaltado de pista de Rego de Auga a Bautureira

Budiño. Asfaltado de pista de Rego de Auga a Bautureira
Medín. Asfaltado de Area Branca a Couto Pequeno Budiño. Asfaltado de pista de Rego de Auga a Bautureira

Medín. Asfaltado de Area Branca a Couto Pequeno
Castrofeito. Próximo asfaltado de interiores en Santiso







Pereira. Ampliación e senda de igrexa á aldea de Pereira Pereira. Ampliación e senda de igrexa á aldea de Pereira

Gonzar. Senda de Bugalleira a Rabal

Gonzar. Senda de Bugalleira a Rabal Gonzar. Senda de Bugalleira a Rabal

Gonzar. Senda de Bugalleira a Rabal




Lardeiros. Ampliación de firme de Marquiño a Vimieiro

O Pino. Mellora de firme e redutoras de velocidade
O Pino. Mellora de firme e redutoras de velocidade Lardeiros. Ampliación de firme de Marquiño a Vimieiro

O Pino. Mellora de firme e redutoras de velocidade
Pastor. Ampliación de firme dende Ponte Carreira a Pena






Pastor. Asfaltado pistas interiores en Barcia

Cebreiro. Asfaltado e mellora de pista Carballeira do Vinte
Arca. Futura senda de San Antón ata o campo de fútbol Pastor. Asfaltado pistas interiores en Barcia

Cebreiro. Asfaltado de pista en Angumil
Medín. Melloras na aldea de Couto Pequeno







San Mamede. Senda peonil da Xesta ata Frechazo Último San Mamede. Senda peonil da Xesta ata Frechazo Último


San Mamede. Senda peonil da Xesta ata Frechazo Último San Mamede. Senda peonil da Xesta ata Frechazo Último


San Mamede. Senda peonil da Xesta ata Frechazo Último Cerceda. Mellora firme de Fontelitos a enlace autovía




Pastor. Asfaltado interiores en Hombre Pastor. Asfaltado interiores en Hombre


Pastor. Senda de Petón a Currás Pastor. Senda de Petón a Currás


Pastor. Senda de Petón a Currás Lardeiros. Novos xogos no parque infantil de Gradamil



Gonzar. Sobreancho de Portafontao ata igrexa Gonzar

Pastor. Asfaltado de pista da Pena a Hombre Gonzar. Sobreancho de Portafontao ata igrexa Gonzar
Medín. Ampliación pista da Xesta a Lardeiros de Medín Medín. Asfaltado de pista en Cimadevila, Couto Pequeno

Cerceda. Próximo acondicionamento aldea da Brea






Cebreiro. Arranxo de pistas interiores

Cebreiro. Arranxo de pistas interiores
Castrofeito. Próximo asfaltado da Magdalena ata Santiso Cebreiro. Arranxo de pistas interiores

Cebreiro. Arranxo de pistas interiores
Castrofeito. Próximo asfaltado da Magdalena ata Santiso







Medín. Acondicionamento aldea de Sobrado Medín. Asfaltado e peche do campo da festa


Budiño. Mellora de firme da Tarroeira ata Budiño Budiño. Mellora de firme da Tarroeira ata Budiño


Budiño. Mellora de firme da Tarroeira ata Budiño Arca. Próxima pista de atletismo en Lameiro




Máis seguridade viaria en Arca coas obras do Plan único de concellos
A mellora da seguridade viaria do cemiterio de Arca á rúa Codesal e da N-547 ata San Antón foron as dúas obras que o Concello de O Pino incluiu este ano no Plan único de concellos POS+ 2022, por un importe total de 126.943 euros, dos que o Concello aporta 8.346 euros e o resto a Deputación. O acordo foi adoptado por unanimidade no Pleno celebrado en febreiro.
As obras de mellora viaria entre o cemiterio de Arca e a rúa Codesal permiten enlazar dúas sendas xa existentes, a do cemiterio e a da rúa da Casilla, de xeito que forman un anel continuo. Polo que respecta ao tramo da N-547 ata San Antón fíxose unha mellora na plataforma da estrada e construiuse unha senda peonil pola marxe dereita para garantir a seguridade viaria dos peregrinos que inician etapa.
Por outra banda, e cunha subvención nominativa da Deputación, o Concello mellorou a carretera que comunica Arca con Bama.
Senda peonil ata o albergue de Arca en convenio con Turismo
Un convenio asinado coa Axencia Turismo de Galicia permitiulle ao Concello do Pino construír unha senda peonil para mellorar a seguridade viaria dos peregrinos á súa chegada ao núcleo de Pedrouzo. Esta senda comeza na intersección da estrada que vén da Rúa coa N-547 en Pedrouzo, e vai pegada ao río ata o albergue público. Esta infraestrutura facilítalle aos peregrinos chegar ata o albergue sen ter que circular pola beirarrúa da estrada N-547. Turismo financiou a obra cunha achega de case 90.000 euros.

Capa de aglomerado na saída da A-54 cara a Cerceda e Touro
O Concello de O Pino rematou o arranxo integral da estrada local que comunica a saída 77 da autovía Santiago-Lugo (A-54) con Cerceda botándolle unha capa de aglomerado durante o mes de xaneiro. Esta estrada, moi utilizada polos condutores que se dirixen tamén cara a Touro, estivo pechada ao tráfico durante tres días, nos que a empresa Cosmalca botou a nova capa de rodadura para completar a reparación integral do vial.
Xa no ano 2020 o Concello fixo un importante investimento para ampliar a capa de rodadura desta estrada local, que pasou dun ancho medio de 4,8 metros a unha media de 5,5 metros, cun presuposto de 30.000 euros. Este ano 2022, o Concello fixo un investimento doutros 100.000 euros para botar a capa de aglomerado que completou a remodelación integral da estrada. O Ministerio de Fomento rexeitou a petición do Concello de O Pino e non quixo arranxar esta estrada local malia que gran parte do deterioro que tiña era debido ao paso de vehículos pesados durante a construción da A-54.

A nova depuradora de Arca custará 1,9 millóns
Augas de Galicia adxudicou no mes de novembro a construción da nova depuradora de Arca por un importe de 1.885.712 euros e un prazo de execución de 18 meses. De executar esta infraestrutura vital na capital municipal encargarase a unión temporal de empresas formada por Seranco, Oreco Balgón e Aopil. A xuízo da mesa de contratación do organismo dependente da Xunta de Galicia, a oferta e as propostas técnicas destas empresas foron as mellores das once que se presentaron á licitación da depuradora.
Dende o Concello agardan agora que dean comezo unhas obras moi necesarias para garantir o correcto tratamento das augas residuais na parroquia de Arca, sobre todo tendo en conta o alto volume de peregrinos que durmen en Pedrouzo durante gran parte do ano. A actual depuradora non ten capacidade para atender o volume de poboación da parroquia.
O 8 de marzo a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, desprazouse ao concello para presentar as características principais desta infraestrutura, para a que a Xunta reservaba unha partida de case dous millóns de euros, e que vai mellorar o saneamento e depuración de cinco núcleos de Arca, concretamente O Pedrouzo, A Igrexa, Vilaboa, A Rúa e Santo Antón. Actualmente, dúas fosas sépticas asumen a depuración destes núcleos dun xeito deficiente por falta de capacidade, o que provoca vertidos frecuentes ao medio.
Segundo explicou Ethel Vázquez, a nova depuradora vaise construír no lugar onde se atopa a fosa séptica da vertente leste, na contorna fluvial do rego do Burgo. E, para levar as augas residuais desde a zona oeste ata esa nova depuradora, executarase tamén unha estación de bombeo coa súa impulsión, que descargará no colector por gravidade que xa hai actualmente.
A nova EDAR terá capacidade para tratar as augas residuais dunha poboación de 3.000 habitantes. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade precisou que a depuradora dará servizo a unha poboación fixa de 1.866 habitantes no ano horizonte 2044, pero estará dimensionada e preparada para 3.000 habitantes xa que, tal e como remarcou, O Pino é unha zona pola que pasan moitos peregrinos, moito turismo derivado do Camiño de Santiago Francés. O alcalde do Pino, Manuel Taboada, agradeceu o “forte investimento de case dous millóns de euros que está a realizar a Xunta de Galicia nunha obra moi necesaria para o noso concello”. Ao mesmo tempo, pediu que, na medida do posible, se axilicen os prazos para rematar as obras canto antes”. A finais de novembro, o Concello estaba á espera de que se fixese o replanteo para empezar as obras.


“OBRA MOI NECESARIA”
A depuradora estará dotada de pretratamento (pozo de grosos, aliviadoiro, desbaste de grosos, clasificador de areas e desnatador); tratamento biolóxico; decantación secundaria circular; desinfección mediante UV; e arqueta de toma de mostras. Executarase tamén o novo bombeo, equipado con dúas bombas, e a impulsión, cunha lonxitude de 640 metros, ademais do acondicionamento do colector da marxe do rego do Burgo, con máis de 1.200 metros. Unha vez executadas estas obras e rematada a nova depuradora, demoleranse as dúas fosas sépticas existentes.