
3 minute read
Divertida tarde de Entroido con obradoiros, música e moitas ganas de pasalo ben
Unha tarde de Entroido chea de diversión

Advertisement


Moito disfrace e moitas ganas de pasalo ben. Así podería resumirse a Tarde de Entroido organizada polo Concello de O Pino, na que os moitos nenos e nenas que participaron deixaron claro cales eran as súas propostas favoritas. Os talleres de maquillaxe de ollos e de tatuaxes na pel foron dos obradoiros máis demandados, aínda que durante toda a tarde tamén houbo cola para facer figuras con globos ou deseñar e pintar máscaras e complementos para o photocall. Todo isto dentro da carpa instalada na Praza do Concello, porque fóra moitas mamás e papás animáronse a xogar ao tres en raia, ao jenga xigante ou ao mikado.
A maioría da cativada acudiu disfrazada e non deixou de participar en todas as actividades, dun xeito especial cando comezou o espectáculo do pallaso da Peque Disco Moc Moc, que fixo mover o esqueleto a pequenos e maiores con coreografías guiadas e xogos musicais. O espectáculo de malabares pequenos con lume púxolle o gran colofón a unha tarde entroideira moi divertida e animada.






Envellecemento saudable, criminoloxía ou como se escribe a nosa historia foron algúns dos temas culturais e científicos nos que se formaron as persoas maiores de 50 anos grazas ao programa do IV Ciclo da USC Camiños de coñecemento e experiencia que, na súa última edición, contou coa participación de 14 veciños e veciñas do Pino. O centro sociocultural Luis Seoane acolleu as cinco xornadas formativas do ciclo. Ademais, nesta oportunidade para democratizar o coñecemento, o alumnado visitou a facultade de Medicina compostelá.
O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolleu en xuño o acto de clausura desta acción formativa. A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Vázquez, recolleu os diplomas do alumnado do Pino.



AULA 4º DE INFANTIL AULA 5º DE INFANTIL AULA 1º DE PRIMARIA



AULA 1º PRIMARIA
Día do Libro na biblioteca
O alumnado de cuarto, quinto e sexto de infantil do CPI Camiño de Santiago, así como o de primeiro de educación primaria, visitaron a biblioteca municipal para conmemorar o Día do Libro 2022. Unha vez alí, a concelleira de Cultura, Eva Varela, e a técnica municipal Ana Vigo léronlles diferentes contos como Quérote moito Mamá, O peixe Arcodavella, De que cor son os bicos? ou Simón e a horta. Tras escoitar moi atentos e atentas cada unha das historias, nenos e nenas participaron en diferentes obradoiros relacionados coas historias narradas. Así, tiraron de creatividade e confeccionaron muíños de vento, peixeiras ou un ‘ramo de flores’ que levaron de recordo para as súas casas.
AULA 5º INFANTIL
