
7 minute read
Mostras, talleres, charlas e documentais para a mocidade nos actos do 25N

Aposta pola educación nos actos do 25N
Advertisement
O Concello de O Pino reiterou o seu compromiso coa loita fronte á violencia de xénero apostando na súa programación do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, pola educación con iniciativas de concienciación e prevención dirixidas á veciñanza, pero especialmente ás alumnas e aos alumnos do Pino. Mostras, talleres formativos, documentais e charlas centraron a programación.
Dentro da iniciativa Lentes Violetas, o Concello organizou dúas charlas, impartidas pola cooperativa de educación Aventeira, dirixidas ao alumnado do CPI Camiño de Santiago. A primeira para o alumnado de 6º de Educación Primaria, onde se abordaron temas como falar dun xeito obxectivo, expresar as emocións e o trato dende a non violencia e a ética dos coidados. A segunda, dirixida ao alumnado de 4º da ESO, na que se lle ofreceron as ferramentas para identificar o poder nas relacións afectivas e facer unha lectura crítica da pornografía mainstream. O alumnado de 3º e 4º da ESO tamén participou no taller formativo vencellado á exposición Chicas nuevas 24 horas, baseada no documental da directora Mabel Lozano no que denuncia a explotación sexual de mulleres e nenas e as redes de prostitución. Documental que tamén foi proxectado para o público en xeral.
Finalmente, representantes do Movemento pola Paz celebraron un coloquio sobre submisión química e a Lei Orgánica de garantía integral da liberdade sexual (a lei do só si é si). Abordáronse, entre outros, os perigos da submisión química, os protocolos de actuación e os puntos chave da lei do só si é si.



Formación tecnolóxica con ‘Muller dixital’
Unha vintena de mulleres participaron no curso de competencias dixitais básicas organizado pola entidade de formación Muller Dixital, en colaboración do Concello do Pino, que comezou en novembro. A formación consta de 40 horas dun curso básico e 5 horas máis de formación en igualdade. De carácter gratuíto, as participantes recibiron nocións prácticas para poder desenvolverse na contorna dixital. O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e a concelleira de Cultura, Eva Varela, abriron a xornada de formación coa que se inaugurou o curso, impartido na aula TIC situada no antigo centro de saúde.
Máxima implicación na celebración do 8M
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, foi a primeira en asinar no Libro da Muller, que formou parte das iniciativas que puxo en marcha o Concello de O Pino para conmemorar o Día Internacional da Muller en 2022. Tras a de Vázquez chegarían as sinaturas de concelleiros e traballadoras municipais, así como da veciñanza que se achegou ás oficinas municipais para escribir as súas mensaxes pola igualdade.
O 8 de marzo Manuel Taboada leu o manifesto institucional con motivo do Día Internacional da Muller e presentou tamén o III Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2021-2025, unha ferramenta que lle permite ao Concello de O Pino seguir a traballar “nas transformacións precisas para garantir o principio de equidade” e “integrar a perspectiva de xénero nas políticas e accións para avanzar na construción dunha sociedade que se asente sobre os piares da xustiza, diversidade e igualdade”, como subliñou o alcalde.
Outra das accións levadas a cabo con motivo do 8M foi a campaña
O departamento de Educación e Cultura retomou en maio o programa Mimos de mamá. A matrona do centro médico de Touro-O Pino, Rosario Rivas, impartiu dúas charlas-taller co título Que debo saber?, dirixidas ás mozas de 4º da ESO e ás alumnas de 2º e 3º da ESO do CPI Camiño de Santiago. A profesional deulles unha clase rápida de anatomía feminina, informoulles de cando deberían facer a primeira citoloxía, do virus do papiloma humano ou de como facer unha exploración mamaria, entre outros auntos. O Pino cara a igualdade, coa que o Concello implicou o comercio local a través dunha campaña de sensibilización na que os establecementos luciron de malva. O Concello de O Pino tamén distribuíu material relativo ao 8 de marzo entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago.




Charlas-taller para as adolescentes con ‘Mimos de mamá’



Música e humor con ‘Camiñantes e cantantes’
Veciñanza e peregrinos gozaron en xullo de Camiñantes e cantantes, un espectáculo musical protagonizado por La Ocaband que, nesta ocasión, contou co acompañamento de Pili Pampín e Lucía Pérez. O toque humorístico estivo nas mans de Pepo Suevos e Manuel Manquiña, que exerceron de mestres de cerimonias. Este novidoso formato da canle Anove TV fai unha vinculación entre o Camiño de Santiago e a historia da música galega. Antes da verbena, a canle emitiu en directo o programa Aquí e agora no que Manuel Taboada falou do que representa o Camiño para o municipio, Mayka Mera describiu a oferta hostaleira e Carlos Magadán e Antonio Suárez referíronse á feira do galo piñeiro e mostra cabalar.





HOMENAXE A MANOLO VÁZQUEZ NA ROMERÍA DA MADALENA EN CASTROFEITO
Centos de persoas achegáronse ata a área recreativa de Castrofeito para festexar a romaría da Madalena o venres 22 de xullo, festivo local. Neste día tan especial, a comisión de festas quíxolle render unha bonita homenaxe ao finado Manolo Vázquez, que formou parte da comisión e participou activamente na organización das festas durante anos.
Escanea o código para ver o vídeo da romería da Madalena.
A mellor gastronomía en SaborEarte



A segunda edición de SaborEarte acercou o mellor da gastronomía do Pino a veciños, visitantes, produtores locais e autoridades. Os asistentes puideron ver en directo ao cociñeiro e promotor do proxecto Miguel Mosteiro preparar tres pratos con produtos do municipio: croqueta líquida con pisto de verduras de tempada; verduras con crema de queixo Arzúa-Ulloa e xema de ovo curada; e ssam de galo piñeiro estofado e pico de galo (un pequeno bocadillo de inspiración coreana) que todos puideron degustar. Ao mesmo tempo, Adolfo Enríquez compartiu consellos para facer boas fotos destes e doutros pratos. A actividade serviu para poñer en valor os produtos locais e a gastronomía de proximidade como elementos singulares, fundamentais para a estratexia de promoción dos territorios do Camiño. Aspectos que resaltou a concelleira de Cultura, Eva Varela, antes de iniciar a exhibición e degustación gastronómica.
O galo e a galiña piñeiros, no salón internacional Xantar Os peregrinos teñen en Arca unha zona para lavar bicicletas


O 23º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar dedicou unha edición especial a promocionar a gastonomía dos Camiños. Así, o expositor do Concello do Pino destacou as bondades do galo e da galiña piñeira. A concelleira de Cultura, Eva Varela, conversou co conselleiro de Agricultura, José González, na clausura deste evento. O Concello de O Pino habilitou unha zona para que os peregrinos que fan o Camiño en bicleta ou os afeccionados ao ciclismo poidan lavar as súas bicis ao chegar a Pedrouzo. Esta área de servizo está a disposición de veciños e visitantes fronte ao centro sociocultural Luis Seoane, co CPI Camiño de Santiago e do centro e saúde

As autocaravanas achéganse cada vez máis ata o aparcadoiro situado xunto ao polideportivo e piscina de Lameiro, onde dispoñen de todos os servizos necesarios (auga potable, evacuación de augas grises e negras, etc). O Concello de O Pino habilitou cinco prazas de aparcamento en Lameiro para autocaravanas, un turismo cada vez máis en auxe.