4 minute read

Ximnasia por Parroquias con 50 asistentes para manter hábitos saudables

Hábitos saudables grazas á ximnasia por parroquias

Advertisement

Un ano máis, o Concello de O Pino segue a fomentar os hábitos de vida saudables co programa Ximnasia por parroquias, para persoas maiores de 65 anos. As clases impártense nos locais sociais das parroquias de Budiño, Ferreiros, Gonzar, e Lardeiros. A resposta da veciñanza é moi satisfactoria, con 50 asistentes en total (Ferreiros e Gonzar superaron a inscrición da pasada edición).

Ademais de facer deporte coa supervisión de monitorado titulado, Ximnasia por parroquias “representa tamén unha alternativa de ocio para moitos veciños e veciñas, que aproveitan estas dúas horas semanais de exercicio para verse e conversar”, destaca o alcalde do Pino, Manuel Taboada Vigo.

A veciñanza retoma con agrado as viaxes a balnearios e praias

As veciñas e veciños do Pino gozaron de novo dos beneficios das augas termais do balneario de Cuntis, grazas ao programa Vai de Auga e despois de dous anos de parón obrigado pola pandemia. O Concello sufragou o autobús que desprazou ás corenta persoas participantes nos meses de maio e xuño para gozar de seis sesións no circuíto lúdico-termal do Acquaform, o complexo acuático de augas terapéuticas máis grande de Galicia. Coa chegada do bo tempo tamén botou a andar o programa Vai de Praia, con oito excursións en autobús a diferentes areais galegos entre xullo e setembro. Os destinos costeiros elixidos foron as praias de Boiro, a de San Francisco en Muros, a de San Vicente do Mar no Grove ou a de Cabanelas en Sanxenxo.

Volve con forza a Xuntanza dos Nosos Maiores

Preto de 900 persoas déronse cita este verán na vixésimo cuarta edición da Xuntanza dos Nosos Maiores. Despois dun tempo sen se celebrar, por mor da pandemia, había vontade de reunirse e conversar, de gozar da festa e de bailar. Pero tamén de participar nunha emotiva homenaxe ás veciñas e veciños presentes de máis idade: Dolores Ferro Seijo, veciña de Gonzar; Manuela Ribas Rey, tamén de Gonzar, e Sabina Gómez Barreiro e Ricardo Carnota Nouche, os dous de Budiño, recibiron unha placa conmemorativa pola homenaxe. Dolores compartiu protagonismo coa súa irmá Carme, que con 103 anos é unha das avoas do municipio.

O concerto da Banda de Música de Touro e a misa completaron os actos da mañá. A seguir, celebrouse o tradicional xantar, para rematar bailando na carballeira da Madalena coa música do dúo Eva e Camilo.

Escanea o código para ver o vídeo da XXIV Xuntanza dos nosos maiores.

O Concello pon sete O Concello pon sete desfibriladores en desfibriladores en instalacións públicas instalacións públicas

O Goberno local do Pino investiu 12.705 euros na adquisición de sete desfibriladores, que se colocaron en diferentes instalacións públicas do municipio: na casa consistorial, no colexio, na casa da cultura, na unitaria de Gonzar, no campo de fútbol de Reboredo e nos pavillóns polideportivos de Lameiro e Reboredo. Ademais, traballadores municipais, persoal do CPI Camiño de Santiago e representantes da Sociedade Deportiva O Pino recibiron un curso de formación para saber manexar estes aparellos que poden salvar vidas. Con este reparto de desfibriladores, o Concello de O Pino converte en espazos cardioprotexidos as principais instalacións públicas do municipio, dotándoas dun sistema que restablece o ritmo cardíaco normal mediante a aplicación dunha descarga eléctrica.

Éxito de asistencia nas charlas do Plan Maior Seguridade

A veciñanza do Pino encheu os locais sociais de Lardeiros, Pereira e Pastor para asistir ás charlas do Plan Maior Seguridade, dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores e impulsado polo Ministerio do Interior.

Un axente da Garda Civil facilitou consellos para evitar os problemas de seguridade que afectan ás persoas maiores como colectivo: os riscos no fogar ou na vía pública, estafas, roubos e furtos, accidentes e situacións de maltrato ou abandono. O primeiro e máis importante ante un delito é, segundo o axente, non facerlle fronte ao malfeitor e chamar ao teléfono de emerxencias 112 ou á Garda Civil ao 062.

Pola dispersión e polo envellecemento da poboación que se dá no rural galego, o axente incidiu en puntos como non ter moitos cartos na casa, pechar a porta do domicilio cando saímos á horta ou á casa dun veciño ou anotar as matrículas de vehículos sospeitosos.

This article is from: