5 minute read

Xogos para conmemorar os días de Rosalía e das Letras Galegas na unitaria de Gonzar

Un xogo para conmemorar o día de Rosalía

O alumnado da unitaria de Gonzar celebrou o Día de Rosalía cun xogo de pistas baseado na vida e obra da escritora galega. Mentres Eva Varela, concelleira de Cultura, agochaba pistas relacionadas coa vida e obra de Rosalía de Castro, Ana Vigo, responsable da biblioteca municipal, líalles esas pistas a nenas e nenos para atopar o agasallo final. Ademais, a cativada levou como recordo unha bolsa conmemorativa coa imaxe da poeta. Ao rematar o xogo, os nove nenos e nenas animaron a toda a veciñanza a celebrar este día ao berro de “Feliz día de Rosalía!”

Advertisement

Escanea o código para ver a felicitación polo Día de Rosalía.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

No Día das Letras Galegas, os pequerrechos e pequerrechas da escola unitaria de Gonzar tiveron ocasión de escoitar un conto en galego dos fondos da biblioteca municipal. Tamén reflexionaron sobre os milleiros de historias que se poden vivir lendo nos contos e remataron a mañá cun obradoiro con material de refugallo, dirixido por Eva Varela e Ana Vigo.

Grande acollida das clases de bolillos e costura

Cada ano son máis as veciñas que deciden pasar o seu tempo libre entre fíos e participar nos cursos de costura e bolillos que se imparten nas instalacións da Casa da Cultura. Os mércores, a artesá Ana Rosa Lista ensina bolillos e bordado ao aire a dous grupos de alumnas. Mentres, as clases de costura danse en tres quendas: un grupo nas mañás dos martes e outros dous nas tardes dos xoves.

CURSO DE COSTURA INFANTIL

Adornos de Nadal, neceseres, mochilas, peluches, toallas de praia personalizadas, chaveiros... Os alumnos e alumnas do curso de costura infantil celebrado este verán na biblioteca fixeron todo iso coas súas propias mans. Un curso que, aínda que contou con catro clases de dúas horas, resultou breve para tantos proxectos como fixeron.

Concurso de Postais de Nadal

Martina Mirás Otero. 2º Ciclo. Felicitación institucional Aula 4 anos. Categoría infantil

Emma Raskin. 1º Ciclo Sofía Pérez. 3º Ciclo

LER CONTA MOITO NO CAMPAMENTO DE VERÁN HISTORIA CON HUMOR EN ‘DOUS NO CAMIÑO’

O programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, achegou varios espectáculos aos participantes nos campamentos de verán: os contos e adiviñas de Frumario o bibliotecario, os xogos de A ruleta das letras, os experimentos de Heroes para a ciencia ou a actuación de Paco Nogueiras, que fixo bailar á cativada ao ritmo das cancións de Brinca Vai! Os cómicos Isabel Risco e Fran Rei fixeron as delicias da veciñanza do Pino co seu espectáculo Dous no Camiño. Cunha posta en escena moi sinxela, explicaron con todo detalle e mantendo a súa esencia máxica tres das lendas xacobeas máis populares: a do cabaleiro francés Roldán, a da Barca da Pedra de Muxía e a da traslatio do Apóstolo Santiago ata Compostela.

TOUPICIENCIA PECHA O CURSO EN GONZAR PETER PUNK FAI RIR CON ‘PEOR IMPOSIBLE’

A unitaria de Gonzar pechou o curso pasado con Toupiciencia, unha actividade programada desde o departamento de Educación e Cultura dentro do programa Rede Cultural da Deputación. A Toupiña e o seu axudante Protonio presentaron divertidos experimentos. A Praza do Concello encheuse de risadas co espectáculo Peor imposible, a cargo de Peter Punk, no pasado mes de xullo. O pallaso fixo gala das súas habilidades circenses e malabares e do seu humor irreverente para acadar a complicidade do público.

O SAMAÍN TRAE AO PINO TEATRO INFANTIL MAXIA DO MAGO ANTÓN NO REGRESO ÁS AULAS

O alumnado de infantil e dos primeiros cursos de primaria do CPI Camiño de Santiago asistiu no auditorio da Casa de Cultura á representación de Onde viven os monstros, a cargo da compañía Os Náufragos. Tralas vacacións de verán, o Concello de O Pino quixo darlle a benvida ao alumnado do CPI Camiño de Santiago cun espectáculo do Mago Antón, no que se pon en valor a lingua galega a través da maxia.

Ignacio Castro invita á reflexión co seu libro ‘En espera’

O auditorio do centro sociocultural Luis Seoane abriuse de par en par á reflexión coa presentación do libro En espera do filósofo, crítico e escritor Ignacio Castro Rey. O veciño de Arca non estivo só neste evento; acompañárono a xornalista María José Gómez Barreiro e o sarcerdote de Arca Fabio Pallotta, nun acto que contou coa participación da concelleira de Cultura, Eva Varela Gago, quen se encargou de introducir o acto e darlle paso ao posterior coloquio. Ao finalizar, o autor asinou exemplares da súa última obra.

En espera insite na importancia de sermos libres e non delegar noutros todo aquilo do que dependa a nosa existencia única e mortal. No resumo do libro, o autor convida á reflexión con estas palabras: “Isto non chama a volver fortalecer o individualismo, no que xa estamos. Pola contra, esixe volver traballar pouco a pouco en pequenas comunidades baseadas no que realmente somos, sen postureos, diga o que diga a poderosa sociedade da información”.

Aprendizaxe e diversión déronse a man na actividade Heroes para a ciencia, promovida polo programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia. Os participantes no campamento de verán do Concello de O Pino trasformáronse en científicos e gozaron facendo experimentos: de presión, gravidade, electricidade, condutividade... Con obradoiros prácticos descubriron que a ciencia tamén pode ser divertida. Ademais, a rapazada participou nun novidoso escape room científico.

EXPERIMENTACIÓN CIENTÍFICA

This article is from: