4 minute read

Miles de persoas acoden á Festa do Galo Piñeiro e á Mostra Cabalar

Milleiros de persoas asisten á Festa do Galo Piñeiro e á Mostra Cabalar

Advertisement

Unha xornada de sol radiante foi o paraugas perfecto para acoller aos milleiros de persoas que participaron na XXI Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, unha celebración declarada de Interese Turístico de Galicia coa que o concello do Pino enxalza e recupera os valores económicos, culturais e históricos destas dúas especies.

Tralas bombas de palenque abríronse as dúas mostras destas razas autóctonas. Sesenta exemplares de galiñas e galos piñeiros vivos, procedentes de Galicia e doutras comunidades autónomas do norte de España, competiron no certame morfolóxico que gañou o criador Lucas Magadán, un mozo do Pino que participou nesta tradición que lle vén de familia. Mentres, abríase o apartado cabalar da feira

OS ESPECTÁCULOS ‘DR. QUEEN’ E ‘TERRAS DE QUEIMADA’ ABRIRON BOCA NA NOITE DO SÁBADO

O pistoletazo de saída para unha fin de semana de festexos dérono un concerto tributo á banda de Freddie Mercury e a actuación do Bruxo Queiman, que ofreceu o espectáculo Terras de Queimada con música en directo, o tradicional conxuro, lume e moita fantasía.

Milleiros de persoas asisten á Festa do Galo Piñeiro e á Mostra Cabalar

con centos de cabalos e de eguas que competiron polos diferentes premios morfolóxicos, entregados como fin de festa polo alcalde, Manuel Taboada, e integrantes da corporación municipal. Especial mención merece o premio Faísca ao mellor cabalo de pura raza española nacido e criado en Galicia, outorgado a Confitera Maig, de José Ignacio Mata (Teo), que protagonizará a imaxe da Mostra Cabalar en 2023. A xornada rematou cunha exhibición de doma a cargo da compañía El Centauro.

Non podemos esquecer o tradicional xantar popular, no que participaron preto dun milleiro de persoas. Entre esta comida e a degustación previa, realizada durante a sesión vermú, consumíronse máis de mil quilos de capón.

Escanea o código para ver o vídeo resumo da XXI Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Pino.

FEIRA DE POSTOS DE ARTESANÍA DE GALICIA E EXHIBICIÓNS NA PRAZA DE FORCAREI

A actuación da charanga NBA polas rúas de Pedrouzo e a mostra de artesanía na Praza de Forcarei contribuíron a animar o ambiente. Houbo tamén exhibicións de forxa, tear, canteiría, cetrería ou bolillos, así como obradoiros de pasta de papel e actividades e xogos para as crianzas.

Alfonso Rueda visita o albergue do Pedrouzo

O entón vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, escolleu a principios de abril o albergue do Pedrouzo para reunirse con representantes da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber) e analizar novas liñas de colaboración para reactivar o sector.

Na xuntanza, á que tamén asistiu o alcalde do Pino, Manuel Taboada, Alfonso Rueda anunciaba boas expectativas de afluencia de peregrinos. Unhas previsións que logo se viron superadas pola realidade, xa que máis de 350.00 peregrinos recolleron a Compostela ata finais de outubro, superando os 347.578 que o fixeron durante todo o 2019. Por outra banda, e no verán, os alcaldes do Pino, Manuel Taboada, e o de Arzúa recordaban a decisión de non abrir os polideportivos municipais aos peregrinos do Camiño de Santiago ata que estiveran esgotadas as numerosas prazas de aloxamentos públicos e privados existentes nos dous municipios. “Non lle queremos facer competencia desleal aos hostaleiros que ofrecen camas aos camiñantes dos dous concellos“, aseguraba Manuel Taboada.

CONTIGO NO CAMIÑO

O Concello de O Pino colaborou con Cruz Vermella a través do programa Contigo no Camiño por segundo ano consecutivo. O servizo consistiu en prestar acompañamento, asistencia e asesoramento aos camiñantes cunha cobertura dinámica en bicicleta entre Palas de Rei e O Pino, polas mañás; e polas tardes no Punto de Atención ao Peregrino. Desenvolveuse do 15 de xullo ao 15 de setembro.

AUMENTAN AS CONSULTAS DE GRUPOS DE TURISTAS

O Ano Santo atraeu un gran número de peregrinos e peregrinas e O Pino, punto sinalado no Camiño, foi testemuño deste fenómeno. Así, a oficina de turismo situada no centro sociocultural Luis Seoane atendeu máis de 5.200 visitantes en 2022. O 46 por cento das consultas foron de grupos, sendo algúns deles moi numerosos. En comparación con anos anteriores, aumentou a porcentaxe de xente que se puxo en contacto coa oficina por teléfono e correo electrónico. Canto á nacionalidade das persoas atendidas, o 69% foron españolas e o 31% estranxeiras. Setembro e outubro foron os meses nos que máis estranxeiros solicitaron os servizos da oficina.

This article is from: