Revista Compa 45

Page 45

45 O XOGO EN TEMPOS DE PANDEMIA O confinamento serviu para paliar un pouco o déficit de xogo que sufrían moitos nenos e nenas. Oito de cada dez non alcanzaban o tempo de xogo recomendado para o seu desenvolvemento, e por outro lado agravou o problema do sedentarismo infantil e a escaseza de xogo ao aire libre dos menores. Durante o confinamento os máis pequenos tiveron máis tempo libre e isto traduciuse en que xogaban moito máis tempo ao día. Fundamentalmente ás manualidades, xogos de mesa, construcións e bonecas... Este tempo de xogo segue a manterse despois do tempo de confinamento xa que os nenos e nenas non acoden a actividades extraescolares e isto dálles máis tempo de xogo. Por outra banda, aumentou o tempo de xogo con pantallas, excedendo o tempo recomendado polos expertos/as. Neste sentido debemos manternos preocupados e preocupadas como profesionais e familia pola baixada de actividade física e a minguante do xogo ao aire libre e é por isto que debemos aproveitar os meses estivais para un maior número de vivencias na natureza ou a algunha práctica deportiva. Nesta época tan dura que pasamos hai que valorar con respecto ao tema do xogo, que facelo como se fixo todo este tempo en familia ten un efecto moi positivo, xa que transmitimos valores, expresamos emocións...e isto é imprescindible para fortalecer os vínculos e as relacións sociais entre iguais e entre neno/a -adulto/a.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.