1 minute read

o Josu Martínez, futbolista profesional

Next Article
o Xela Arias

o Xela Arias

DE MAIOR FUN FUTBOLISTA PROFESIONAL

JOSU MARTÍNEZ (Bilbao, 1958)

Advertisement

Son avó do voso compañeiro de 5º de Ed. Primaria, Gaizka)

Como todos, cando eramos nenos, comezabamos a xogar ao fútbol na rúa e no equipo do barrio, no meu caso o Clube Estudiantes.

Este primeiro equipo formámolo para xogar torneos locais de maneira un tanto formal.

Despois desta etapa de amigos e barrio, comecei a xogar de maneira máis “seria” a nivel federado, Comezando nos infantís ata xuvenís en equipos que dependían do Athletic Club de Bilbao para pasar, tempo máis tarde a enrolarme no Indautxu.

Rematada a etapa de formación, comecei a etapa no fútbol profesional no equipo do Baskonia de onde pasei cedido ao Laudio e de volta ao Baskonia para rematar o contrato asinado.

A miña chegada a Ferrol coincide coa etapa para realizar o servizo militar obrigatorio, sería unha etapa transitoria, nun principio, pero que resultou máis longa do agardado ata formar unha familia con reigame ferrolá.

Comezo a xogar, xa en Ferrol, nun Clube moi modesto, o Ánimas ao que chego ao través dun compañeiro. Neste Clube atopei unha xente de grande cualidade humana e da que gardo unha lembranza imborrable.

O Änimas foi o punto de arranque para fichar polo Rácing de Ferrol onde me asentei tanto profesionalmente como familiarmente.

Tempo máis tarde pasei a xogar no ENDESA de As Pontes e de volta ao Rácing comezaba a miña etapa de adestrador e desenrolando papeis tan importantes como o de segundo adestrador con Fernando Vázquez e, tempo despois, como primeiro adestrador no C.D. Somozas.

O meu obxectivo sempre foi chegar á máxima categoría. Tiven ofertas de equipos da primeira división pero os intereses do Rácing de Ferrol truncou todos elas.

This article is from: