1 minute read

o Avoa, como celebrabas o Entroido?

Next Article
o 6º se despide

o 6º se despide

Avoa, como celebrabas ti o Entroido?

A miña avoa disfrazábase e ía polas casas onde lle daban freixós, torrixas e orellas. Era moi divertido porque ademais xogaban e bailaban todos os amigos xuntos. ían de casa en casa, e a xente xa estaba eperándoos na porta para darlles os doces de entroido. Ían un grupo moi grande de amigos xuntos disfrazados de diferentes maneiras, co que encontraban pola casa.

Advertisement

Eles contáronmo con moita ledicia, pois teñen un gran recordo dos seus anos de xuventude disfrutando destas festas.

Se disfrzaban entre todos os amigos e intercambiábanse a roupa entre eles. Saían ás rúas petar nas casas e os veciños regalábanlles filloas e algún dáballes cartos. Pasaban o dia xogando nos xogos tradicionais do entroido.

ENTROIDO

Os meus avós ían festexar o entroido cos seus amigos e comían os dulces de carnavais nas súas casas. Facían os disfraces caseiros e ían ás festas cos seus amigos e participaban en todos os concursos de disfraces.

Comían postres especiais das festas, como: filloas, freixós ou orellas. Os adultos adoitaban tocar instrumentos e cantar cos seus fillos na casa e na rúa.

Entroido doutros tempos Os meus avós pasaban o entroido con a súa nai(a miña bisavóa)facendo un montón de freixos,orellas e tamén torrixas . Metíanas en cestos de mimbre e tapábanos cunha saba branca.

Tamén disfrazábanse coa roupa que tiñan pola casa e saían cos seusvirmáns polo barrio, e visitaban aos veciños que lles soían dar varias monedas, naqueles tempos pesetas. Para a miña avóa eran uns tempos moi felices xa que ían pola rúa cos seus curmáns,irmáns e seus amigos. E moi distinto ao entroido de hoxe.

O meu avó disfrazábase todos os días do Entroido pola estrada. Tiña medo dos maiores,pois pola noite golpeaban as portas con paus e escondíase baixo a cama. Os veciños entraban se estaban as filloas na mesa e comíanas todas. Todos se disfrazaban. Comían filloas polas casas por onde pasaban e tamén orellas e torrixas. Ao remate do Entroido queimaban o meco, que facían os nenos e os adultos do pobo.

This article is from: