
6 minute read
o Personaxes do Entroido Galego
5º Ed. Primaria PERSONAXES DO ENTROIDO GALEGO
O OSO DE SALCEDO
Advertisement
Unha das celebracións máis esperadas do calendario festivo galego é o Entroido por tratarse dunha festa con longa tradición popular onde os roles invértense e está permitido rirse de todo.
En Galicia hai varias formas de celebrar o Entroido, e unha delas é o “Oso de Salcedo”.
Esta festa faise na parroquia de Salcedo que é unha pequena parroquia do interior, en Terras de Lemos, no concello da Pobra de Brollón, en Lugo. Os personaxes que interveñen nesta festa son o oso, os seus criados e a xente que fuxe do oso.
O oso é unha máscara característica de Salcedo, esa máscara é un veciño disfrazado con peles de animais, a semellanza a un oso. O luns de entroido pola tarde un personaxe ataviado con peles de cordeiro, campanas e máscara de oso recorre as animadas rúas da aldea, mais o protagonista non traballa en solitario, senón que ano tras ano conta cun número maior de criados que colaboran na obtención das súas presas e portan os cubos cargados dun líquido denso e negro.
O oso e os seus criados aparecen na praza de súpeto, puntualmente, ás cinco da tarde. Aparece por onde os menos o agardan abalanzándose á captura de calquera descoidado que se encontre polo camiño, manchando as súas caras e os seus corpos cunha mestura negruzca cuxa composición é un segredo, pero crese que é unha mestura de auga e cinsa. Cinsa que durante varias semanas os lugareños encárganse de recoller da lareira para despois conseguir esa fórmula segreda. Así, o que se escoita no pobo nese luns de Entroido é “Correde, correde que aí ven!” A rapazada fuxe en tropel dos lindes de Salcedo. O perseguidor non é outro que o temible Oso de Salcedo, que abandonou a súa cova.
O veciño que se disfraza de oso debe ter unha boa forma física ou unhas importantes dotes interpretativas, pois o teatro ten un papel moi importante nesta festa.
As orixes desta tradición non se coñecen con exactitude. O que si sábese é o motivo desta tradición pois podería tratarse dun rito benefactor que coincidía co final da hibernación e a saída do oso da súa cova, a chegada da primavera e así o xuízo dun novo ciclo anual propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres. Hai quen o identifica con antigos rituais pagáns datados na prehistoria.
O LORO RAVACHOL
A súa historia
Este simpático loro é moito máis que un personaxe. E o loro máis famoso do mundo, e se lle rende homenaxe no Entroido de Pontevedra dende fai máis de 102 anos. O seu enterro finaliza a festa.
Ravachol, viviu en Pontevedra do ano 1891 e 1913. Era o animal de compañía do farmacéutico Perfecto Feijóo. Era simpático e divertido, e a cidade amábao. O enterro celébrase todos os anos no Entroido da capital das Rías Baixas. O loro non tiña un nome determinado durante os seus primeiros meses en Pontevedra, pero antes de que cumprira un ano na cidade, todos o coñecían polo nome dun famoso revolucionario francés. François Ravachol un anarquista alborotador que ademais gañou a fama de temido terrorista. Foi o propio D. Perfecto que lle puxo este nome debido as súas mostras de rebeldía e carácter alborotador. Nalgunhas ocasións, o loro aproveitaba para empregar as súas frases, case sempre en galego, que fixéronse populares e foron empregadas na linguaxe diaria dos pontevedreses. Don Prudencio tratou de corrixir o seu mal comportamento verbal e a súa frase:
-Se collo a vara.
Esta frase o loro empregábaa para os que se mentían con el. Cando algún paisano se acercaba e facía que lle daba unha larpeirada, dicíalle…
-Vaite de alí lambón.
Se ninguén atendía a botica e entraba algún cliente berraba:
-Don Perfeuto, parroquia.
Ou tamén:
-Xente na tenda.
Se o cliente tiña mal aspecto berraba:
-Aquí non se fía.
Para cando entraba un sacerdote imitaba a un corvo. Tamén tiña fama a súa forma de facer pregarias e cantos durante a misa do Santuario da Peregrina, causando malestar nos relixiosos aos que chamaba “bárbaros”.
OS PELIQUEIROS
O traxe característico do entroido de Laza chámase peliqueiro ou piliqueiro; é semellante ao cigarrón do entroido de Verín. En Laza o entroido é o máis antigo, é o que realmente segue a tradición. O peliqueiro é o personaxe central. Hai outros personaxes secundarios, como a morena e o maragato. Cómpre dicir que o Peliqueiro é a máscara do entroido de Laza, non é un traxe, é unha máscara. O peliqueiro de Laza vai máis aló para converterse nun sentimento. É o rei e dono absoluto da festa.
O nome de peliqueiro vén da pel que cobre a parte traseira da máscara, que está composta por unha máscara de madeira, pintada con cores rechamantes, que se estende nunha especie de mitra metálica con motivo animal sobre fondo liso. Os motivos animais poden ser lobos, leóns, touros ou tigres, entre outros. Cada un pesa un quilo e medio e está feito de ferro e bronce. Están suxeitos grazas a un cinto de coiro que soporta ese peso.
O traxe está composto por varias pezas: máscara, chaqueta, pantalón e zamarra. Tamén leva adornos e outros accesorios.
No pantalón hai un cinto do que penduran os característicos chocos, que co seu son, advirten aos veciños da chegada do peliqueiro. As patas do peliqueiro están cubertas de medias brancas, adornadas a media altura por ligas en contraste. Os accesorios finais son zapatos negros, e un látego na man, que leva o nome de "zamarra", e que serve para impoñer a autoridade do personaxe a aqueles que intentan desafialo durante o Entroido, é dicir, poñerse no seu camiño ou ignorar a as súas indicacións.


Adeus martes de entroido, adeus, meu amiguiño, ata domingo de pascua non comerei máis touciño.
Adeus, martes de antroido, adeus meu queiridíño ata o domingo de pascua non volvo untar o fuciño. —Cantiga popular.
AS PANTALLAS DE XINZO DE LIMA
É un dos personaxes máis destacados do Entroido galego que se encarga de vixiar que todo o mundo saia á rúa co seu disfraz. É recoñecido como Festa de Interese Turística, non se concibe o Entroido de Xinzo de Limia sen as súas pantallas. Visten cunha camisa e calzóns largos brancos , capa vermella ou negra , polainas negras ,zapatos negros e unha faixa vermella da que colgan os cencerros , cuxo repicar soa en toda a vila para anunciar a súa chegada ,aínda que o que máis lles caracteriza son dúas vexigas de vaca que levan nas mans e que utilizan para asustar ao público. Outra das partes máis importantes do disfraz é a máscara ou pantalla, que contén a imaxe da cara do demo con cornos e decorada con motivos ancestrais . A tradición di que se se atopa unha muller sen disfrazar deben bailar ao seu redor e se polo contrario é un home será perseguido e levado en brazos ata o bar máis próximo onde terá que invitalos a unha ronda de viños . Aínda que o limiao é o Entroido máis longo da provincia , cun mes de duración, os asistentes teñen que esperar ata o terceiro domingo , o Corredoiro ,para poder desfrutar da presenza das Pantallas.

