3 minute read

o Frases feitas

Next Article
o 6º se despide

o 6º se despide

RECOLLIDA DE FRASES FEITAS DA NOSA LINGUA

5º e 6º ED. PRIMARIA

Advertisement

• Tarde piaches – quere dicir que te deches conta de algo moi tarde.

• Que ten cu ten medo – quere dicir que en determinadas circunstancias é normal ter medo.

• Home pequeno fol de veleno –refírese á xente que non é boa que non quere caldo sete tazas –úsase para aquela xente que protesta por todo.

• Do allo á cebola veña o demo e escolla.- tan mala é unha elección como a outra.

• Non ten can que lle ladre –que é tan pouca cousa que ninguén lle fai caso.

• Nunca choveu que non escampara- Nunca hai algo tan malo que non remate.

• Nunca quenta o sol ao gusto de todos- Non todas as persoas teñen os mesmos gustos.

• Non me toques o fuciño- Non me molestes

• De pascuas a ramos- Facer unha cousa en espazos de tempo moi lonxanos.

• Caer da burra- Decatarse de algo que non entendíamos.

• Non vaia ser o demo- Desexar que algo non aconteza

• Estar ao loro- Estar atento a acontecementos recentes

• A can fraco todo son pulgas- A xente con problemas é máis propensa a ter máis dificultades

• A cada porco lle chega o seu San Martiño- Cada persoa terá o que merece.

• Vai a todo filispín. - Que vai moi rápido. Meu avó cóntame que hai moitos anos na empresa ferrolá “Bazán” traballaban moitos ingleses, e unha das frases que máis dicían era “full speed” (a toda máquina, en castelán). Como os traballadores ferroláns non sabían pronuncialo ben foron cambiando a frase en inglés ata chegar a “todo filispín”.

• É un pedaciño de pan. - Que se porta moi ben. Esta frase dinma moitas veces as miñas avoas.

• É máis malo co demo do Socorro. - Que se porta moi mal. O meu avó cóntame que cando el era pequeno, na Igrexa do Socorro, que era a da súa parroquia, había uns pés, e dicía a xente que eran os pés do demo. Cando algo malo pasaba no barrio dicíase que era cousa do demo do Socorro, así que cando algún neno facía algunha travesura ou era malo, dicíase que era máis malo co demo do Socorro.

• É un miñaxoia. - Que é bo, que non ten picardía, que non ten malicia e que é moi inxenuo.

• Quedou coma un chinero.

- É un traballo que quedou perfecto, moi ben feito. Un chinero é un moble antigo onde se gardaba a vaixela e que soía ser moi bonito e moi lucido, así cando un traballo a alguén lle saía moi ben dicía que lle quedara coma un chinero.

• É duro coma un croio. - Dise de alguén que é moi forte, que parece que case nada lle fai dano.

• A este neno hai que levalo polo rego. - O meu avó de pequeno era un pouco trasno e ás veces non sacaba boas notas, así que a miña bisavoa dicíalle ao meu bisavó que había que lévalo polo rego, é dicir, levalo polo bo camiño.

• Detente Abrahan, non mates ao neno.

- Cando alguén estaba facendo un traballo moi rápido, sen pensar e sen prestar atención, podería saírlle mal, así que cando alguén o facía, ás veces, paraba e dicía “detente Abrahan, non mates ao neno”, que significa “detente, pensa o que fas, que pode saírche mal”.

• Agora xa foi, Marica non chores. - Agora xa está feito, ver o que pasa.

• Moito fu, fu, fu e pouco lame, lame.- Dis moito pero nos fas nada

• Hai que ter máis paciencia que santo Job.- Ter moita pacencia

• Canta un carro e vai pras xestas: Úsase para indicar que se dá propaganda esaxerada a un feito ou traballo de pouca importancia.

• Chove a cántaros. Chove a mares. Chove a caldeiros: Chove moito

• Saír a fume do carozo: Saír o máis rápido que se poida

• Tomar o pelo: Vacilar a alguén

• Dar a lata: Molestar

• Vas de punta en branco: Ir ben vestido

• Verlle as orellas ao lobo: Desconfiar de alguén.

• Nunca choveu que non escampara: Quere dicir que poden pasar moitas cousas malas pero que algún día deixaran de pasar.

• Non hai dous sen tres: Quere dicir que cando che pasa algo malo hai unha terceira vez.

• Non por moito madrugar amence máis pronto: Que aínda que te levantes as cinco da madrugada tedes que facer todo á mesma hora. Exemplo. Ao cole aínda te levantes as tres tes que ir para as nove.

This article is from: