3 minute read

o Xela Arias

Next Article
o Sexto y el cine

o Sexto y el cine

XELA ARIAS. (1962-2003)

Xela Arias Castaño naceu en Sarria (Lugo) un 4 de marzo de 1962, o seu nome real é María de los Ángeles aínda que no ano 1948 cambiou o nome polo de María dos Anxos e dende os seis anos empezárona a chamar Xela.

Advertisement

Ata os sete anos estudou na “granxa de Barreiros” nun proxecto pedagóxico con orientación agraria e integración da cultura galega. Despois trasládase coa súa familia a Vigo. Cursando “COU” deixou os estudios para comezar a traballar nas Edicións Xerais de Galicia.

Os primeiros traballos foi de oficinista, despois de creación e investigación e nos anos 1990-1996 como editora.

Desde 1980 Xela empezou a publicar en periódicos e revistas como “A nosa Terra” colaborando tamén en publicacións como no boletín galego da literatura. Introduciuse no mundo literario no ano 1986 con “Denuncia do equilibrio”. Un poemario innovador. Con esta obra deuse a coñecer e logrou ser finalista do premio “Losada Diéguez”. Nese mesmo ano ingresou na asociación de escritores da lingua galega. Ademais da súa faceta poética, tamén se dedicou á tradución ao galego de diversos autores como Miguel de Cervantes, Ángela Cárter e Castelao entre outros. No ano 1991 retomou os estudos, cursando Filología Hispánica na Universidade de Vigo licenciándose no 1996 pola Universidade de Santiago e iniciando a especialidade en galego-portugués. No curso 1999/2000 comezou a exercer como profesora na Secundaria de Lengua e literatura.

No ano 1992 casou con Xulio Gil Rodríguez fotógrafo e matemático, co que tivo un único fillo, Darío, no 1994.

Tres anos despois do nacemento do seu fillo, en 1996 publicou “Darío a diario” onde a poeta contaba a súa experiencia como nai. O seu último poemario,”Intempériome”,foi editado o mesmo ano da súa morte, no 2003, por Miguel Anxo Fernán. En novembro do 2003 Xela Arias falece aos 41 anos debido a un ataque cardíaco e foi soterrada no cemiterio vigués de Pereiro. Na vida de Xela Arias houbo moitos premios e recoñecementos: No ano 1986 foi finalista en dous certames do premio “Antón Loasada Diéguez” coa súa primeira obra “Esquío de poesía”. Recibiu tamén varios premios de tradución. No 2014 fíxose unha homenaxe en Vigo organizado pola Asociación Galega de editores, tradutores e pola Asociación de escritores na lingua galega.

Neste mesmo ano a editorial Xerais publicou o libro “Xela Arias, quedas en nós”. Nos anos 2014 e 2015 Xela Arias foi proposta para ser a figura homenaxeada do “Dia das Letras Galegas” pero non foi elixida ata este ano, o 2021 cando a Real Academia Galega decidiu nomeala.

Outro recoñecemento a Xela Arias foi no 2018 pola Asociación Galega de profesionais da tradución que creou o premio “Xela Arias” onde se recoñece o seu traballo como tradutora. Neste mesmo ano o concello de Chapela acordou nomear a biblioteca municipal “Xela Arias”. Aquí, fora mestra. Xela Arias proclamaba a súa independencia e sinceridade artísticas por riba das perspectivas formais e morais, a independencia dos corpos e das ideas. Os tres grandes temas presentes nas súas creacións: o amor, a alienación do individuo, a morte e a existencia humana.

OBRAS IMPORTANTES:

“DENUNCIA DO EQUILIBRIO” (1986) “LILI SEN PISTOLAS” (1986) “TIGRES COMA CABALOS” (1990) En colaboración co seu home e fotógrafo Xulio Gil. Nela mestúranse poemas e espidos da autora. Transmite unha mensaxe a prol da sinceridade e da procura dos sentimentos máis básicos. Outra característica deste poemario é a ausencia de paxinación. “Darío a diario”

Publicada en 1996.

Temática: A maternidade abordada desde unha perspectiva de xénero, tratando a maternidade desde un xénero literario, unha forma de explicarlle ao seu fillo as súas intencións maternais e as contradicións da maternidade.

This article is from: