Que é a vida?
6º Ed.Primaria
A vida é o tempo que pasa desde o nacemento ata a morte. A interacción co medio, a adaptación ao teu entorno. A vida xera vida. No día a día da nosa vida, traballamos, ensinamos, aprendemos, rimos, choramos, porque esas cousas son as que nos fan sentir vivos. Se falamos de obxectos, quen non ten un amigo especial desde a súa infancia que o acompañe nos bos ou malos momentos, e que nos fai chorar cando o perdemos, onde está o teu peluche, mantiña, boneco preferido? A vida é unha experiencia diaria, cada día é un día novo, os primeiros anos probablemente sexan os máis felices. A adolescencia é un mundo novo por coñecer. Hai alegrías e moitas emocións, hai momentos nos que non entendes moi ben o que pasa. Vas aprendendo día a día, cando coñeces xente, vas seleccionando amigos. Algúns cambiarán e outros non. Algúns serán fieis, e outros fallaranche. A vida mesma, é unha aprendizaxe de continuo. Para a miña nai a vida é unha aventura chea de tropezos, alegrías, aventuras e caídas pero é marabillosa. Di que hai que desfrutar os momentos pequenos e sinxelos xa que logo vai vir un tropezo como o do dous mil vinte e poderemos ver o importante que é desfrutalos. A vida é algo moi importante do que hai que desfrutar. Ás veces ponse difícil pero hai que seguir cara adiante. A vida pódese tomar como un agasallo no que tes que aproveitar o tempo para aprender, para ser feliz e, ao final, a vida é unha gran viaxe que empezas sen ter nada e tes que amañarte para seguir adiante. Nunca se pode ter medo a algo, porque, ao final, arrepentiraste de non facelo antes. É o conxunto de sucesos polos que transitas no percorrer do teu camiño, algúns doados e outros non tanto xa que na vida as cousas non se conseguen de xeito doado, as cousas conséguense traballando duro e cun esforzo continuo. A vida é un percorrido para as persoas cheo de obstáculos que terás que superar. A vida é unha oportunidade para as persoas de cumprir os seus soños. A vida está chea de obstáculos, caeremos moitas veces pero hai que erguerse. Todos nos equivocamos pero dos erros aprendemos. Nunca nos podemos centrar nos erros do pasado, hai que estar no presente A vida é un agasallo que non gañamos, recibímolo. Hai que coidalo. Todo o mundo recíbea de maneira diferente e vívea como quere. A vida é como un tren en movemento onde podemos atopar diferentes direccións, con xente boa e mala, que suben e baixan en cada parada. A vida ensínanos a afrontar calquera dificultade e non rendernos desde o primeiro golpe. A vida é fermosa, debemos amala.
37