5º Ed. Primaria PERSONAXES DO ENTROIDO GALEGO
33
O OSO DE SALCEDO Unha das celebracións máis esperadas do calendario festivo galego é o Entroido por tratarse dunha festa con longa tradición popular onde os roles invértense e está permitido rirse de todo. En Galicia hai varias formas de celebrar o Entroido, e unha delas é o “Oso de Salcedo”. Esta festa faise na parroquia de Salcedo que é unha pequena parroquia do interior, en Terras de Lemos, no concello da Pobra de Brollón, en Lugo. Os personaxes que interveñen nesta festa son o oso, os seus criados e a xente que fuxe do oso. O oso é unha máscara característica de Salcedo, esa máscara é un veciño disfrazado con peles de animais, a semellanza a un oso. O luns de entroido pola tarde un personaxe ataviado con peles de cordeiro, campanas e máscara de oso recorre as animadas rúas da aldea, mais o protagonista non traballa en solitario, senón que ano tras ano conta cun número maior de criados que colaboran na obtención das súas presas e portan os cubos cargados dun líquido denso e negro. O oso e os seus criados aparecen na praza de súpeto, puntualmente, ás cinco da tarde. Aparece por onde os menos o agardan abalanzándose á captura de calquera descoidado que se encontre polo camiño, manchando as súas caras e os seus corpos cunha mestura negruzca cuxa composición é un segredo, pero crese que é unha mestura de auga e cinsa. Cinsa que durante varias semanas os lugareños encárganse de recoller da lareira para despois conseguir esa fórmula segreda. Así, o que se escoita no pobo nese luns de Entroido é “Correde, correde que aí ven!” A rapazada fuxe en tropel dos lindes de Salcedo. O perseguidor non é outro que o temible Oso de Salcedo, que abandonou a súa cova. O veciño que se disfraza de oso debe ter unha boa forma física ou unhas importantes dotes interpretativas, pois o teatro ten un papel moi importante nesta festa. As orixes desta tradición non se coñecen con exactitude. O que si sábese é o motivo desta tradición pois podería tratarse dun rito benefactor que coincidía co final da hibernación e a saída do oso da súa cova, a chegada da primavera e así o xuízo dun novo ciclo anual propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres. Hai quen o identifica con antigos rituais pagáns datados na prehistoria.