31
Avoa, como celebrabas ti o Entroido? A miña avoa disfrazábase e ía polas casas onde lle daban freixós, torrixas e orellas. Era moi divertido porque ademais xogaban e bailaban todos os amigos xuntos. ían de casa en casa, e a xente xa estaba eperándoos na porta para darlles os doces de entroido. Ían un grupo moi grande de amigos xuntos disfrazados de diferentes maneiras, co que encontraban pola casa. Eles contáronmo con moita ledicia, pois teñen un gran recordo dos seus anos de xuventude disfrutando destas festas.
Se disfrzaban entre todos os amigos e intercambiábanse a roupa entre eles. Saían ás rúas petar nas casas e os veciños regalábanlles filloas e algún dáballes cartos. Pasaban o dia xogando nos xogos tradicionais do entroido.
ENTROIDO Os meus avós ían festexar o entroido cos seus amigos e comían os dulces de carnavais nas súas casas. Facían os disfraces caseiros e ían ás festas cos seus amigos e participaban en todos os concursos de disfraces.