28 RECOLLIDA DE FRASES FEITAS DA NOSA LINGUA 5º e 6º ED. PRIMARIA •
Tarde piaches – quere dicir que te deches conta de algo moi tarde.
•
Que ten cu ten medo – quere dicir que en determinadas circunstancias é normal ter medo.
•
Home pequeno fol de veleno –refírese á xente que non é boa que non quere caldo sete tazas –úsase para aquela xente que protesta por todo.
•
Do allo á cebola veña o demo e escolla.- tan mala é unha elección como a outra.
•
Non ten can que lle ladre –que é tan pouca cousa que ninguén lle fai caso.
•
Nunca choveu que non escampara- Nunca hai algo tan malo que non remate.
•
Nunca quenta o sol ao gusto de todos- Non todas as persoas teñen os mesmos gustos.
•
Non me toques o fuciño- Non me molestes
•
De pascuas a ramos- Facer unha cousa en espazos de tempo moi lonxanos.
•
Caer da burra- Decatarse de algo que non entendíamos.
•
Non vaia ser o demo- Desexar que algo non aconteza
•
Estar ao loro- Estar atento a acontecementos recentes
•
A can fraco todo son pulgas- A xente con problemas é máis propensa a ter máis dificultades
•
A cada porco lle chega o seu San Martiño- Cada persoa terá o que merece.
•
Vai a todo filispín.- Que vai moi rápido. Meu avó cóntame que hai moitos anos na empresa ferrolá “Bazán” traballaban moitos ingleses, e unha das frases que máis dicían era “full speed” (a toda máquina, en castelán). Como os traballadores ferroláns non sabían pronuncialo ben foron cambiando a frase en inglés ata chegar a “todo filispín”.