Así o viron @s nen@s
O BAILE DE PIXAMAS DE 5º 20 de novembro, día Internacional do Neno e 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero No ano 2002, o cantante, actor e embaixador de Unicef Ricky Martin fundou a Ricky Martin Foundation e creou o proxecto People for Children para loitar contra o tráfico e a explotación sexual infantil. Por iso, para conmemorar o Día Internacional do Neno (20 de novembro) e o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), a clase de 5º de Ed. Primaria do C.E.I.P. de Cedeira fixemos un baile dunha canción de Ricky Martin e Maluma que podedes ver no canal de YouTube do cole. Tamén estivemos facendo bolboretas con cera derretida para participar na iniciativa do Concello de Redondela de encher as fiestras de bolboretas. Pero iso non foi todo. As nenas e nenos tiñan un desexo, una tolemia, un capricho,… Querían vir ao cole en pixama! E como o seu mestre tiña ganas de agasallalos polo Día do Neno por seren tan bos alumnos e alumnas, aquilo acabou nun incrible BAILE DE PIXAMAS!!! Así no lo contan elas.
O día do neno foi moi divertido. Encantoume vir en pixama e facer o baile cos meus compañeiros. Cada un viu cun pixama, un boneco e algúns con zapatillas. Pasamos moitas clases practicando, pero mereceu a pena. Foi unha experiencia que nunca esquecerei deste curso. Paula
A miña experiencia do día do neno foi moi divertida. Sobre todo encantoume vir ao colexio en pixama, facer un baile cos meus compañeiros e bailar e cantar cancións ao final da mañá. Agardo que se volva a repetir. Naia
Para min, o Día do Neno foi una experiencia inesquecible en tódolos sentidos. En primeiro lugar, o noso profe fixo realidade un soño que todos os nenos temos, e nós puidémolo cumprir: ir ao cole en pixama. Fixemos un baile coa canción “No se me quita”, trouxemos peluches ao cole, etc. Un curso diferente pero igualmente ESPECIAL. Mélani
17
O día do neno foi o 20 de novembro, un día moi divertido. Fixemos bailes, xogamos e moitas cousas mais. A miña clase viñemos en pixama e nós bailamos o noso baile inventado. Tamén fixemos debuxos e frases para os dereitos dos nenos. Paseino moi ben. Elena
Para min foi moi divertido, xa que ese día viñemos todos os nenos e nenas da miña clase en pixama. Tamén fixemos un baile coa canción de “No se me quita” de Ricki Martin e Maluma. Nese vídeo, ademais de bailar, saímos dicindo unhas frases sobre os dereitos do neno e a violencia contra a muller. Candela