
1 minute read
Fin de curso: 6º de E. Primaria
from BATEA 2021
by ceip.cedeira
FIN DE CURSO 6º DE E.P.
O CURSO DE 6º DESPEDIUSE POR TODO O ALTO!!!
Advertisement
O curso pasado non houbo despedida do curso por mor da pandemia pero este curso, tomando todas as medidas pertinentes, decidimos darlle unha despedida a estes nenos e nenas que tanto o desexaban. Celebramos a entrega de orlas e diplomas no colexio, diante de todo o alumnado, birretes incluídos. Fixemos unha saída de todo o día, que incluíu a visita ao mosteiro de Armenteira, a andaina pola Ruta da Pedra e da Auga, visita ao Bosque de Sequoias en Poio, paseo pola vila de Combarro e pola Área recreativa de A Seca.



FIN DE CURSO 6º DE E.P.
Pero aínda non rematou aquí a despedida...
Á volta ao colexio demos unha remollada e xogamos un bo anaco ata a hora da cea, na que as familias aportaron unhas ricas pizzas, elaboradas no Centro Cultural de Cedeira. Ao remate, xogamos polo patio e mesmo houbo “sesión disco” ou “sesión cine”, segundo os gustos.


