1 minute read

Experimentando

A pesar deste curso tan difícil e con tanta distancia tivemos a sorte de seguir aprendendo uns dos outros. Desta vez os nenos e nenas de 2º puidemos observar e atender a explicación que nos deron os nenos e nenas de 6º. Gustounos tanto que quixemos repetir o experimento na nosa clase

O alumnado trouxo da súa casa unha bola de xeo.

Advertisement

Botámoslle un puñado de sal enriba da bola o que fai que o xeo se desconxele máis rápido. E finalmente un pouco de colorante e a observar que pasa.

EXPERIMENTANDO

EXPERIMENTANDO

Ao botar o colorante visualizamos os carreiros que se facían no interior da bóla. As mesturas das cores foron sorprendentes.

Foi unha actividade moi divertida pero un pouco pringosa. Os dedos con restos de cores aínda nos duraron uns días.

EXPERIMENTANDO

This article is from: