__MAIN_TEXT__
feature-image

Page 1

REVISTA ANUAL DO CEIP DE CEDEIRA

Nº 28 2019

PROXECTO

“A AUGA BUSCA CAMIÑO”


ÍNDICE

EDITORIAL “A auga busca camiño” é o tema que este curso escolar nos levou o maxín a preparar actividades que puxeran en valor o “líquido vital” e máis o Camiño de Santiago. E pensámolo así porque este colexio está situado nun cruce de camiños que, día a día, percorren centos de persoas. O camiño… das persoas, da auga, da vida… No noso colexio queremos recoñecer os elementos do patrimonio que nos rodean e que, ata certo punto, nos fan ser como somos. Quixemos ser solidari@s c@s camiñantes que paran a descansar a carón da Fonte da Raíña e por iso escribimos mensaxes de ánimo nas cunchas, tan representativas elas! A “rapazada nos camiños” motivounos a recoñecer elementos populares que moitas veces nos pasan inadvertidos de tanto velos. E... como non! no camiño vital de cadaquén están esas “mulleres da nosa vida” que nos acompañan ao longo do camiño. Pero tamén participamos das novas tecnoloxías, que chegaron para quedarse; a robótica segue avanzando no colexio e xa saímos cos nosos proxectos para presentalos a outros centros, así “Cedeira Do-mó-ti-ca” foi o traballo que integrando os robóts cos elementos patrimoniais da parroquia de Cedeira, construímos e levamos á Feira de Ciencia de Reboreda. A Comunidade Escolar estivo aí, á nosa beira no camiño para axudar en todo momento nos nosos proxectos e para resolver os problemas que xurdiron: Anpa, familias, avós… E non queremos esquecer ás persoas que se van… a profe Elisa, que se xubila, tanto anos connosco!; a Elena, que nun só ano xa deixou unha fonda pegada!; a profe Silvia, que cambia de centro, agardamos que non nos esqueza e veña visitarnos! Lorena, Mónica, Ana, Feli, Patricia… Que teñades bo camiño!

Editorial ...................................................... 2 Letras galegas Antón Fraguas ......................................... 3 Xincana das Letras .................................. 8 Así o viron os nen@s Educación Responsable ......................... 9 Ruth Matilda Anderson ........................ 10 Día da Muller .......................................... 15 Cedeira Do-mó-ti-ca............................ 16 Feira do libro .......................................... 18 Obradoiro de Xardín ............................ 22 Saída a Santiago .................................... 26 Premios “Faro da Escola” .................... 27 Saída á Praia de Cesantes ................... 28 Loita olímpica ......................................... 33 Creacións literarias Rimas cos nomes .................................. 34 Creacións poéticas ................................ 38 Contos á lus do candil ......................... 40 Recuncho científico Experimentos .......................................... 42 Experimentando .................................... 47 Recuncho gastronómico Facendo xume de laranxa ................... 52 Pasatempos Pasatempos ............................................ 54 Lembranzas Despedida ............................................... 58

2


Letras Galegas BIOGRAFÍA ANTÓN FRAGUAS Antonio Fraguas Fraguas naceu no concello de Cotobade , en Pontevedra , o 28 de decembro de 1905. Cando el naceu o seu pai estaba emigrado no Brasil , de onde regresou cando el tiña 7 anos.

Nos primeiros anos da súa vida , aparte da influencia da súa nai , tivo a presenza doutra figura feminina moi importante para el . Foi “Mamá Antonia”, unha muller que traballaba na súa casa e que lle ensinou a amar as tradicións galegas. Os primeiros estudos realizounos na súa localidade e cando cumpriu os 13 anos, a súa familia decide que deixe de estudar e planean volver a emigrar a Brasil para que alí , Antón aprenda un oficio. Pero, grazas aos consellos do mestre , mándano a estudar a Pontevedra . Estudou no Instituto Xeral e Técnico de Pontevedra onde coñece a: Ramón Sobrino, Castelao e Antón Losada. Profesores que no futuro serán seus compañeiros no Seminario de Estudos Galegos. Neste tempo xunto con outros compañeiros de estudos, fundou a Sociedade da Lingua . Que tiña como obxectivo a defensa e espallamento do idioma galego. 3


Letras Galegas ANTÓN FRAGUAS: BIOGRAFÍA Ao rematar os estudos de bacharelato trasladouse a Santiago para estudar a carreira de Filosofía e Letras. Nesta cidade empeza a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, asociación que tiña como principal obxectivo dar a coñecer o patrimonio cultural galego. No Seminario de Estudos Galegos entra en contacto coas figuras máis importantes da nosa cultura: Castelao, Xocas, Filgueira Valverde , Otero Pedrayo, Carballo Calero e Vicente Risco. Tamén , durante a súa estadía en Compostela , entrou a formar parte das Irmandades da Fala , unha organización que loitaba por darlles visibilidade á lingua e á cultura galega . E comeza a publicar no xornal “A Nosa Terra” e na revista “Nós”, así como a dar conferencias e intervir en “Radio Galicia”. Sendo un dos primeiros en empregar o galego na radio. Despois da Facultade de Xeograf ía e Historia, aproba as oposicións, e pasou a traballar como catedrático no Instituto Elemental da Estrada . A súa estadía na Estrada vai ser curta, apenas tres anos, pero de enorme intensidade . Non se conforma só con impartir as clases, e acabará sendo o gran dinamizador da vida cultural estradense . Ao comezo da Guerra Civil foi suspendido de emprego e soldo e separado da docencia por mor das súas ideas políticas, polo que para poder sobrevivir abriu unha academia en Santiago de Compostela .

4


Letras Galegas

ANTÓN FRAGUAS

A Guerra Civil , supón a desaparición do Seminario de Estudos Galegos. Creándose en 1943 o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento para o que contan con Fraguas, que acabará sendo o bibliotecario e o encargado da sección de Etnograf ía e Folclore. No ano 1950, Fraguas recupera o seu posto de profesor e é destinado ao Instituto Masculino de Lugo. Durante o tempo que estivo en Lugo compaxinou a actividade docente coa investigación .

En 1951 a Real Academia Galega, noméao académico, pasando a ocupar a vacante deixada por Castelao. Este será o primeiro dos recoñecementos como investigador que recibirá .

En 1959 concedéuselle o traslado para o instituto feminino de ensino medio Rosalía de Castro de Santiago de Compostela no que exercerá a docencia ata a súa xubilación , en 1975.

5


Letras Galegas

ANTÓN FRAGUAS. BIOGRAFÍA

No ano 1977 inaugúrase o Museo do Pobo Galego do que Fraguas foi o seu director. Durante o seu mandato creáronse diferentes salas dedicadas ós traballos do mar, do campo, ós oficios... e púxose a andar a biblioteca . A este museo Fraguas regaloulle a súa biblioteca particular.

Neste tempo concedéronlle numerosos premios: a medalla Castelao, o Pedrón de Ouro, o premio Trasalba, a medalla de Ouro ao Mérito cidadán e Cultural do concello de Santiago, o premio Anual de Investigación da Xunta de Galicia, ou o premio Ramón Otero Pedrayo. E en 1992 foi nomeado cronista xeral de Galicia.

O 5 de novembro de 1999 faleceu na cidade de Santiago de Compostela aos 93 anos. Hoxe nós recordámolo como un gran historiador, xeógrafo, biógrafo, etnógrafo, antropólogo....., e sobre todo como un gran mestre .

Alumnado 3º primaria 6


Letras Galegas

ANTÓN FRAGUAS No Festival das Letras Galegas contamos tamén coa participación de pais e nais do alumnado de 6º que , xunto con Xan como lector, fixeron unha homenaxe a Antonio Fraguas lendo o seu discurso de entrada na Real Academia Galega e recitando algúns versos sobre as plantas ás que el lle dedicou as súas palabras.

7


Letras Galegas

XINCANA DAS LETRAS O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Antonio Fraguas Fraguas, un home polifacético de Pontevedra que investigou no patrimonio e foi un defensor da lingua galega. Os cursos traballaron sobre o autor homenaxeado a través dunha "xincana" que elaboramos con actividades e probas de busca. Pasárono en grande! Un grupo de alumnos e alumnas gravaron un programa de radio sobre Antonio Fraguas.

8


Así o viron os nen@s:

EDUCACIÓN RESPONSABLE Estamos no 2º ano do programa de Educación Responsable que se dedica ao ámbito social. Fixemos actividades do Banco de Ferramentas, de Literatura e Emocións, de Reflexarte e de Coro das Emocións. Nestas fotos podedes ver algún momento importante.

9


Así o viron os nen@s:

UNHA MIRADA DE ANTAÑO FOTOS DE RUTH MATILDA ANDERSON EN GALICIA O 21 de setembro o alumnado de cuarto e de quinto de primaria visitou unha exposición de fotografías feitas por Ruth Matilda Anderson, unha aventureira fotógrafa americana que visitou Galicia nos anos 20 coa intención de retratar coa súa cámara de fotos o sentir do pobo galego: a súa xente, os seus costumes, as súas paisaxes…

Todos e todas estabamos entusiasmados con esta saída porque sabiamos que descubriríamos a unha gran muller. E así foi. As expectativas cumpríronse!

Ó chegar á exposición entregáronos un pequeño dosier cheo

de

preguntas,

xogos,

adiviñas e pesquisas que tiñamos que seguir para ir decubrindo cousas sobre esta fotógrafa.

10


E así, xogando a ser detectives, descubrimos a unha muller independente,

valente

e

aventureira

de

quen hoxe sabemos un montón de cousas interesantes que agora compartimos con todos e todas vós.

Como dixemos, corrían os anos 20 , unha época chea de obstáculos para que unha muller puidese viaxar e demostrar a súa profesionalidade foxe no campo que foxe. Ruth Matilda colleu a súa cámara e cruzou o Atlántico. En agosto do ano 1924 desembarcou no porto de Vigo como investigadora da Hispanic Society de New York, acompañada do seu pai e dun completo equipo fotográfico que deixou abraiados a tódolos oficiais de aduana.

11


Así o viron os nen@s: RUTH MATILDA ANDERSON: “UNHA MIRADA DE ANTAÑO” Neste

momento

tomar

forma

unha

coidadosamente traballo

da

comenzaba

aventura

deseñada.

xoven

a

O

Anderson

converteuse na busca e recopilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose a documentar a vida da xente, en especial das zonas de complicado acceso, prestando unha atención exhaustiva ás actividades da poboación traballadora do campo e do mar e á cultura material de Galicia. Na década de 1920 Ruth Matilda fixo cinco viaxes a España, dúas delas, a Galicia. Na súa primeira viaxe á nosa comunidade

(1924)

tomou

5.000 fotografías e

unhas mercou

outras 2.800 a fotógrafos locales,

e

na

segunda

(1925),

2.800 fotos. As imaxes, polo xeral, e tal e como se explicou anteriormente, cobren o entorno rural e as astesanías tradicionais. 12


Destas viaxes coñecemos diferentes curiosidades: que seu pai escribiu un diario, que viaxaron cun Ford de aluguer cun chofer francés, que nas fondas onde se aloxaban improvisaban un cuarto escuro para ir revelando algunhas fotos ou que na súa estancia en A Coruña tomou leccións de lingua castelá e se interesou pola historia de Galicia e a literatura galega, lendo a Manuel Murguía ou a Rosalía de Castro.

Ruth Matilda quería coñecer Galicia, pero, coñecela a través da súa xente, retratala e espiala ata coñecer e comprender o sentir do noso pobo. Os fondos desta exposición proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America que recolle a colección de arte hispano máis importante fóra do territorio español. Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia presenta un completo relato documental dunha época de transición debido á entrada de potentes aires de cambios procedentes de Europa da man de intelectuais do grupo Nós. 13


Así o viron os nen@s:

UNHA MIRADA DE ANTAÑO Ruth Matilda Anderson:

En definitiva, tivemos a oportunidade de coñecer a unha muller independente e aventureira. Unha de tantas e tantas mulleres esquecidas da historia. Visibilicémolas!

Alumnado de 4º de E.P.

Curso 2018-2019

14


Así o viron os nen@s:

DÍA DA MULLER Para conmemorar o Día Internacional da Muller este ano decidimos que cada neno trouxese ao cole unha foto dunha muller importante na súa vida. A actividade resultou do máis motivadora porque participou practicamente a totalidade do alumnado . Resultou tamén moi emotiva tanto polo tipo de imaxes aportadas como polas mulleres que elixiron, non so nais ,tamén avoas, madriñas, irmáns ,tías…

15


Así o viron os nen@s:

CEDEIRA DO-MÓ-TI-CA Este curso realizamos o proxecto de “Cedeira do-mó-ti-ca” que consistiu nunha maqueta na que había varias construcións (casas, colexio, centro cultural, fonte da Raíña, cruceiro, campo de xogos, estradas…). Aplicando os coñecementos que fomos adquirindo sobre robótica aplicamos un programa que consistía en que, cada vez que un sensor detectase movemento nunha casa, acendíanse uns led en cor vermella, soaba a música de Stars Wars, nunha matriz de led aparecía un debuxo e activábase unha barreira que pechaba o paso ao intruso. Todo isto nun entorno cheo de rúas, elementos vexetais, xente en forma de figuriñas de Playmobil e con coches de xoguete. Recibimos a invitación do Ceip de Reboreda para asistir á II Feira de Ciencia que o centro organiza

e non puidemos dicir que non, así que,

preparamos a nosa "Cedeira do-mó-ti-ca "para a viaxe, e alá fomos.

16


Así o viron os nen@s:

CEDEIRA DO-MÓ-TI-CA Recibimos a invitación do Ceip de Reboreda para asistir á II Feira de Ciencia que o centro organiza

e non puidemos dicir que non, así

que, preparamos a nosa "Cedeira do-mó-ti-ca"para a viaxe, e alá fomos. É unha feira moi ben organizada, na que todos e todas, mestres/as, alumnado e familias participan con gran interese e na que se atopan todo tipo de experiencias científicas que fan percibir a realidade desde outra perspectiva. Foi unha experiencia moi interesante porque puidemos amosar o traballo realizado aos nenos e nenas que se achegaban, así como explicarlles o funcionamento. Tamén nos gustou a sensación de participar como expositores nunha actividade como esta. Grazas, Ceip de Reboreda, por invitarnos e que a Feira siga moito tempo máis. Unha boa experiencia que esperamos repetir.

17


Así o viron os nen@s:

UN FEITO A MAN LITERARIO FEIRA DO LIBRO EN CEDEIRA Co gallo do Día Internacional do Libro, o 23 de abril, celebramos no cole unha gran feira do libro coa intención de visibilizar o noso amor polos libros pero tamén coa intención de favorecer a produción literaria. Porque esta non foi unha feira calquera, podemos dicir que foi unha feira artesanal, unha especie de “feito a man literario”, por canto os libros que se espuxeron foron libros escritos por nós mesmos! Nós fomos os escritores e as escritoras e nós fomos os libreiros e as libreiras! Entre todos os soños atopamos un neno que quere ser fisioterapeuta, unha nena que soña con ser amazona, outra que loitará por ser árbitra de fútbol, o neno que está seguro de que será un gran científico, unha surfista de sona, unha detective, un bailarín, unha policía, un espía, unha mecánica, un ciclista, un cociñeiro, unha veterinaria un piloto de fórmula 1… e ata un neno que confesou non telo claro aínda! 18


Así o viron os nen@s:

“UN FEITO A MAN LITERARIO” FEIRA DO LIBRO EN CEDEIRA Unha vez que a historia estaba escrita empezou o traballo artístico, deseñando

con

moito

coidado

e

moita imaxinación a portada para o noso libro.

Cos libros xa feitos tocaba montar os postos da feira nos que exhibiriamos as nosas creacións. Así, cada curso montou o que gostamos en chamar: a “súa libraría”.

Os corredores do cole enchéronse de postos de libros que decoramos con carteis que animaban a achegarnos á lectura do que nelas se expoñía. A visita á feira contou cun percorrido por seis “librarías” que visitamos con moita ilusión e interese.

19


Así o viron os nen@s:

UN FEITO A MAN LITERARIO FEIRA DO LIBRO EN CEDEIRA

Librería de 3º de E.P.

Librería de 2º de E.P.

Librería de 6º de E.P.

Librería de 1º de E.P.

Librería de 5º de E.P.

Puidemos tocar, ollar e ler cada un dos libros que escribira cada un dos nosos compañeiros e compañeiras. Os corredores enchéronse de nenos e de nenas axeonllados no chan lendo os libros dos demais. Que gusto!

20


Así o viron os nen@s:

UN FEITO A MAN LITERARIO FEIRA DO LIBRO EN CEDEIRA

Facer a visita completa supoñía obter un agasallo. Cada visitante tiña un carné que debía selar en cada unha das librarías que visitaba. Así, unha vez feito todo o percorrido e tendo o carné selado, dirixímonos á biblioteca para recoller o noso agasallo que, no día do libro, non podía ser outro que un libro e unha flor! As feiras do libro teñen, como nos contos, unha introdución, un nó e un desenlace. O momento do nó foi cando a feira tiña vida, cando nos corredores do cole vimos aos nenos e ás nenas lendo e cando preguntaron, con estusiasmo, se haberá outra feira do libro. Vémonos o ano que vén? Alumnado de 4º de E.P.

Curso 2018-2019 21


Así o viron os nen@s:

OBRADOIRO DE XARDÍN Este ano voltamos a poñer en marcha o obradoiro de xardín. Divididos por trimestres, organizamos tres grupos de traballo que rotamos ao longo do curso. Comezamos polo traballo máis duro de preparar a terra e deixala lista para pode plantar.

Quitamos a malla anti-herbas, sachamos todo o xardín para que a terra airease, rescatamos os bulbos e plantas que estaban en bo estados para podelos replantar,...

22


Tivemos que arranxar varios desperfectos que algúns vándalos fixeron nas fins de semana como o valado que separa o areeiro de infantil. Aproveitamos os días de chuvia para investigar sobre os nomes das plantas que temos no xardín e con material de refugallo fixémoslles uns carteis cos seus nomes.

23


Así o viron os nen@s:

OBRADOIRO DE XARDÍN E tamén aproveitamos o mal tempo para cociñar una riquísima torta de cabaza e facer un obradoiro de xabóns coas herbas aromáticas.

E… como non alegrarnos de termos mercado unha caseta para gardar todas as ferramentas de xardín! E Que chulada!

24


No último trimestre traballamos duramente no deseño e elaboración dun parterre no cal puidemos sementar produtos de tempada. Quedounos chulísimo!!!

25


Así o viron os nen@s: Saídas

SANTIAGO DE COMPOSTELA O mércores 28 de novembro, o alumnado de 5º, 6º A e 6ºB fixeron unha saída ata a cidade de Santiago de Compostela. Os nenos e nenas destes cursos fixeron unha visita a Meteogalicia. Alí puideron gozar dunha charla informativa sobre como fan o estudo climatolóxico de Galicia e tamén, ver os diferentes instrumentos que empregan para poder facer o estudo. Posteriormente o alumnado de 5º e 6º curso tiveron que descubrir a parte amurallada da cidade de Santiago de Compostela e para iso fixeron unha pequena xincana. Para rematar a excusión acercámonos á Cidade da Cultura, alí puidemos gozar da súa arquitectura acompañados dun guía que nos explicou como estaba realizados os edificios..

26


Así o viron os nen@s: Saídas

SAÍDA AO ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO “FARO DA ESCOLA” Un ano máis o colexio participou no concurso xornalístico Faro da Escola, promovido polo Faro de Vigo en colaboración con outras entidades. Deste xeito, recompilamos diversas noticias de interese, varios traballos de investigación e distintas actividades relacionadas coa realidade da contorna e do centro, na que todos os nenos e nenas do colexio se implicaron para deixar a súa pegada. Este ano foi o alumnado de 4º e 5º de educación primaria os encargados de acudir á entrega de premios como representantes da escola , a cal tivo lugar no pavillón das Travesas (Vigo) o pasado 5 de xuño. Ao mesmo tempo, como recoñecemento, o colexio recibiu o premio á mellor reportaxe de investigación.

27


Así o viron os nen@s: Saídas

SAÍDA Á PRAIA DE CESANTES

28


Así o viron os nen@s: Saídas

SAÍDA Á PRAIA DE CESANTES

29


Así o viron os nen@s: Saídas

SAÍDA Á PRAIA DE CESANTES

30


Así o viron os nen@s: Saídas

SAÍDA Á PRAIA DE CESANTES

31


Así o viron os nen@s: Saídas

SAÍDA Á PRAIA DE CESANTES

32


Así o viron os nen@s: Saídas

LOITA ÓLÍMPICA O xoves 23 de maio o alumnado de 4º curso fixo unha saída ao pavillón municipal das Marismas de Redondela, co fin de realizar unha xornada con outros centros onde ían competir con eles na modalidade deportiva de loita olímpica. Foi unha convivencia onde os nenos e nenas desta clase pasarono xenial coas actividades propostas pola federación deste deporte.

33


Creaciรณns literarias

RIMAS COS NOMES HISTORIAS OS NENOS E NENAS DE EDUCACIร“N INFANTIL DE 3 ANOS INVENTAMOS RIMAS COS NOSOS NOMES E DESPOIS DECIDIMOS DEBUXARNOS.

34


Creaciรณns literarias

RIMAS COS NOMES HISTORIAS

35


Creaciรณns literarias

RIMAS COS NOMES HISTORIAS

36


Creaciรณns literarias

RIMAS COS NOMES HISTORIAS

37


Creacións literarias

ENGUEDELLANDO VERSOS RECORDANDO A ROSALÍA : Despois da lectura de versos da autora, o alumnado de 6º A fixo as súas propias producións poéticas collendo versos orixinais e escribindo outros eles. AS ESTACIÓNS NA PRADEIRA

DESPEDIDA DE GALICIA

Lugar máis fermoso

Cantarte hei Galicia

non houbo na terra,

pequena gaiteira;

ca esas pradeiras

lugar máis fermoso

ás que ía de nena.

non houbo na terra.

Os mares de xeo

Heiche de contar historias,

no frío inverno,

heiche de cantar copriñas,

a fría pradeira,

polas silveiras errantes

flores sen pétalos.

desas terras de Castilla .

Na calor do verán

Adeus, adeus que me vou

pradeira con sede,

Miña terra, miña terra.

eses mares quentes

Adeus ríos, adeus fontes,

e sen primavera.

adeus meniña gaiteira.

SARA RODRÍGUEZ

PABLO E JUAN MATEO 38


Creacións literarias

ENGUEDELLANDO VERSOS O CHIMPÍN

DENDE ALÍ ENRIBA

Enriba daquel penedo

Brillaba o sol só aquí,

heiche de cantar copriñas.

polas silveiras errantes.

Miña terra, miña terra

Lugar máis fermoso non houbo,

hanche de ser ben longuiñas.

non houbo, agora nin antes.

Polos regatos pequenos

Miña terra, miña terriña,

choutan alegres os nenos,

do camposanto as herbiñas,

levan seus doces cantares,

a pobre inxeliña pranta

non saben gardar segredos.

murchou coas demáis prantiñas .

Os teus ríos, as túas fontes

Pedídelle a Dios por min,

hanche de contar historias

que sembrei soa o meu nabal.

de mulleres valerosas,

Fíxeno co meu bo chimpín

que tecen nas noites soas.

que o merquei polo Nadal

AINARA

XAN

39


Creacións literarias

CONTOS Á LUS DO CANDIL Un ano máis celebramos o certame de relatos curtos “Contos á luz do candil” que empezamos no ano 2012, así que xa estamos na VII edición. Cada curso o alumnado de 5º e 6º crea os seus relatos de medo e fai unha lectura dos mesmos na biblioteca, que previamente decoramos para a ocasión. Resulta moi divertido e entretido, e tamén algo “terrorífico”, se non o credes, botádelle un ollo a estas fotos da lectura e a algúns dos relatos.

40


Creaciรณns literarias

CONTOS ร LUS DO CANDIL

21


Recuncho Cienttífico

EXPERIMENTOS EN 1º E 2º Ao longo deste curso, os nenos e nenas de 1º e 2º traballamos entorno ao proxecto do cole “A auga busca camiño”. A través de diversos experimentos coñecemos os estados, propiedades e características da auga, de xeito activo e manipulativo. Os experimentos foron: 1.

FLOTA OU AFUNDE? Para esta actividade necesitamos un recipiente con auga e dife-

rentes obxectos. Posteriormente, por quendas, introducimos na auga os distintos materiais e observamos atentamente si estes flotaban ou afundían. Por último, rexistramos nunha táboa os datos obtidos.

42


Recuncho Científico

EXPERIMENTOS EN 1º E 2º 2. CAMBIOS DE ESTADO DA AUGA. Esta actividade tivo lugar no comedor do colexio. A través dela comprobamos as diferentes formas nas que se pode presentar a auga. Fixémolo deste xeito:

1. Collemos auga en

2. Metémola no mi-

3. Observamos a auga

estado líquido.

croondas.

en estado gasoso.

4. O gas arrefría e

5. Metemos auga lí-

6. Observamos a auga

condénsase.

quida no conxelador.

en estado sólido.

43


Recuncho Científico

EXPERIMENTOS EN 1º E 2º 3. DISÓLVESE OU NON? Con esta actividade coñecemos qué produtos se disolven na auga e cales non. Como materiais empregamos auga quente, vasos transparentes, produtos para a disolución e culleres. Cada un de nós introduciu no vaso a súa sustancia e mesturamos na auga coa axuda dunha culler ambos elementos. Por último rexistramos os resultados.

44


EXPERIMENTOS EN 1ยบ E 2ยบ

45


EXPERIMENTOS EN 1º E 2º 4. O CICLO DA AUGA NUNHA BOLSA DE PLÁSTICO. Con este actividade empregamos os seguintes materias: -Auga.

-Bolsa hermética.

-Tempera de cor azul.

-Rotulador permanente.

1. Debuxamos na bolsa un sol, nubes e frechas para indicar o movemento da auga.

3. Aplicamos a témpera azul e pechamos a bolsa.

2. Botamos un pouco de auga no interior simulando o mar.

4. Colocámola na ventá e observamos a evaporación, a condensación e a precipitación da auga.


Recuncho Científico

EXPERIMENTANDO

47


Recuncho Científico

EXPERIMENTAMOS

48


Recuncho Científico

SLIME OU MOCO DE TROL

49


Recuncho Científico

EXPERIMENTAMOS

50


Recuncho Científico

SLIME OU MOCO DE TROL

51


Recuncho Gastronómico

FACENDO ZUME DE LARANXA PRIMEIRO, LAVAMOS BEN AS LARANXAS QUE IMOS EMPREGAR E SECÁMOLAS. LOGO, COLLEMOS UNHA E CORTÁMOLA POLA METADE

COLOCAMOS A LARANXA POLA PARTE DO CORTE ENRIBA DO EXPREMEDOR E...

APRETAMOS PARA QUE VAIA SAINDO O ZUME, COIDANDO DE QUE VAIA CAENDO NO VASO.

52


Recuncho Gastronómico

FACENDO ZUME DE LARANXA REPETIMOS CO RESTO DAS LARANXAS

XA TEMOS OS TRES VASOS DE ZUME DE LARANXA! COMPROBAMOS QUE NOS TRES VASOS HAI A MESMA CANTIDADE: 100 ml

Mmmm! ESTÁ BOÍSIMO!!

RAÚL, BRAIS, SIMÓN 2º Curso Primaria 53


PASATEMPOS Os rapaces e rapazas de 3º preparamos uns pasatempos relacionados co proxecto deste curso e con Antón Fraguas, autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.

Comezamos cun par de sudokus.

Para os máis pequenos propoñemos este no que utilizamos símbolos que representan

Para os maiores este sudoku un pouco máis complicado.

54


PASATEMPOS

Busca nesta sopa de letras 6 palabras relacionadas co Camiño de Santiago (esta sopa é para os pequenos).

Agora

tedes

que buscar as 6

diferenzas

entre

estas

dúas fotos.

55


PASATEMPOS Para os maiores temos esta outra, na que tedes que buscar 10 palabras, tamén relacionadas co Camiño de Santiago.

O seguinte acróstico está dedicado a Antón Fraguas.

56


PASATEMPOS 1.- Foi seu profesor no Instituto xeral e técnico de Pontevedra.

2.- Cidade onde foi a estudar o bacharelato. 3.- Concello onde naceu. 4.- Nome da cidade onde estaba o instituto o que foi destinado cando recuperou o seu posto de traballo despois da guerra. 5.- Nome de pila de seu pai. 6.- A súa profesión. 7.- Nome de pila da súa nai. 8.- O seu nome en galego.

9.- Cidade onde foi a estudar a carreira de Filosofía e Letras. 10.- O fundaron no ano 1977, foi o seu director e o seu nome é ............. do Pobo Galego. 11.- País onde emigrou o seu pai. 12.- O seu segundo apelido.

57


Lembranzas

DESPEDIDA ALUMNADO 6ยบ

2 0 1 0

2 0 1 9

58


LEMBRANZAS En xeral o colexio non estivo mal pero creo que o instituto vai ser mellor polo que me dixeron. Voume do cole un sabor agridoce porque teño gañas de ir ao instituto pero vai ser máis difícil. Sergio Alján. O colexio foi moi divertido, fixen moitos amigos e aprendín moitas cousas. Todos xuntos fixemos un montón de actividades, obras de teatro, bailes, ata xincanas moi divertidas; traballos por grupos moi divertidos, exposicións, excursións… A verdade é que estou moi nerviosa por ir á

O colexio foi divertido. Fas moitos amigos que te acompañan ata o final e tamén coñeces a profes que te axudan a entender as cousas e sempre xogas a xogos moi divertidos no recreo e en ximnasia. É unha experiencia inolvidable. Hugo Viéitez.

O que máis me gustou do colexio de Cedeira foron os amigos, as diversas actividades e saídas a distintos sitios de Galicia. E os profesores tamén estiveron ben. Juan Mateo Álvarez.

Lévome un bo recordó deste colexio porque hai moi bos mestres, un amigos incribles, uns momentos bos e malos, pero case todos inesquecibles. Pero a miña opinión é que estes momentos nos os cambiaría por nada e que ireime contenta do Ceip de Cedeira. Emma Lamas.

En Cedeira pasei uns anos da miña vida moi alegres e coñecín a moitos compañeiros e compañeiras que nunca esquecerei. Estou triste por deixar o colexio pero alegre por empezar unha nova etapa. Teresa Ligero.

59


A miña experiencia neste colexio foi moi bonita, encantáronme todas as actividades e excursións que fixemos ata agora, polos bosques e teatros… os profesores foron moi bos e ensináronme moito, aínda que agora algúns xa non estean. Durante todo este tempo encantoume ir ao colexio porque ningún día era igual. Os meus amigos sempre foron moi amables comigo. Por iso vaime custar deixar atrás unha parte da miña vida. Sara Rodríguez.

A miña experiencia no colexio de Cedeira foi moi boa. Desde tres anos ata sexto de primaria. Nese tempo fixen moitos amigos e aprendín moito con todos os profesores como Susana, Regina, María José, Chema… Eu púxenme moi triste xa que o pasei moi ben e teño amigos máis pequenos ca min. Quique Pérez.

O meu paso polo colexio foi bo. Cando entrei en 3 anos era moi tímido pero despois fixen moitos amigos e amigas como… Sara R., Emma, Ainara, Raquel, Xoana, Teresa, Xan, Juan, Hugo L., Pablo, Esteban, Sergio, Nicolás e Hugo V. Pero agora toca irse ao IES Mendiño. Sei que as profes non van ser as mesmas. Aínda que os meus compañeiros sigan, moitos iranse. Alex Cabaleiro.

A miña experiencia neste colexio foi moi boa. Gustoume moito, foi moi divertido estar aquí. Resultoume difícil, sobre todo para min pola profe de E.F. que tamén me daba C.Naturais, pero no fondo a profesora era medianamente boa. Tamén era difícil C.Sociais. O que máis vou lembrar son os meus amigos. Xan González.

O meu paso polo colexio foi moi divertido xa que algúns días malos pero non importa, o que importa é estar cos amigos, pasalo ben, descubrir cousas do colexio e sobre todo, aprender moitas cousas. Hugo Lago.

60


Lembranzas O meu paso polo colexio de Cedeira estivo moi ben porque, en xeral, tiven moita sorte, aínda que, ás veces non esteas a gusto de todo, normalmente tes unha man que che axuda xe o precisas, ben sexan amigos e amigas, profesores e profesoras, etc. Raquel Ramil.

O meu paso polo colexio foi bo xa que en canto entrei en 3 anos, ao principio era un pouco tímida, pero enseguida fixen as miñas mellores amigas: María, Raquel, Ánxela… Despois, a miña graduación para pasar a primaria e, máis tarde tocaríame ir xa ao IES Mendiño. A ver que me depara o futuro!. Ainara Devesa.

Foi divertido, aínda que ás veces, non era divertido porque tiñas que estudar, sobre todo ao final. En fin, fixen moitos novos amigos. O que máis me gustou foron as excursións, porque podías ir cos teus amigos. A graduación foi un pouco triste porque nos despedimos do noso colexio. Pablo Migueles.

Ola, son Nicolás. A miña experiencia no colexio de Cedeira foi moi divertida. Coñecín moita xente e os profesores caéronme “moi ben”. Infantil… o típico: xogar, ir ao patio, aprender, etc. desde primeiro a 4º, todo ben, pero quinto e sexto, custaron un pouquiño máis. As Letras Galegas e a graduación estiveron moi ben. Lamentablemente non irei cos meus amigos ao IES Mendiño, pero o Floriano está ben. Adeus, colexio!. Nicolás García.

Gustoume moito esta experiencia do colexio de Cedeira. Os profes foron moi bos e apréndese moi ben con eles. Esteban Vidal.

61


A miña experiencia foi moi boa, fixen moitos amigos e aprendín moitas cousas. É un colexio grande con dous patios, un pequeno e o outro para maiores, está moi ben organizado. Teñen aulas de orientación, laboratorio e moitas outras aulas. Neste centro respéctase o medio ambiente, xa que hai un xardín onde recollemos os nosos froitos ou hortalizas e tamén recollemos o lixo ao finalizar o patio. Non esquecerei o colexio de Cedeira. Manuel.

Eu levo dende os 3 anos aquí no colexio, e paseino xenial, fixen amigos, coñecín moitos mestres e aprendín moitas cousas. Estes nove anos paseinos aprendendo e estudando. Lévome recordos dos mestres e dos meus compañeiros... Un biquiño e ata o ano que ven. Sara Figueroa

Destes anos lévome o mellor, os recordos cos meus profesores e compañeiros. Sen dúbida sempre recordarei os anos en infantil e primaria. Dáme moita tristeza ter que marchar, pero nunca esquecerei as experiencias que vivín aquí. Érika

Neste curso eu paseino moi ben e coñecín a moitas persoas, aínda que, algunhas non foron de todo boas. Eu, paseino tan ben con todos eses momentos cos meus amigos, alegráronme moitos días da miña vida nos que estaba triste, enfadado, nervioso… Diego

Para min esta estancia no colexio foi fantástica. Non esquecerei os momentos que vivín aquí: excursións, risas, alegrías e tristezas. Quero dar grazas aos meus compañeiros e profesores por axudarme sempre e espero que nos miremos máis adíente. Fixen actividades moi divertidas e aprendín moito, entre entroidos, festivais e xogos, os recordarei todos! Ángela

62


Lembranzas Paseino moi ben estes anos no colexio, foi xenial! Fixen moitas amizades e puiden facer a materia que máis me gusta, Matemáticas! Tiven moita sorte coas miñas profesoras. Seguro que ti tamén tes a mesma sorte! Rodrigo

O que máis votarei de menos son as risas cos meus amigos, aqueles recreos, aquela excursión que fixemos a Santiago e cando facíamos as festas de fin de curso. María

Para min estes 10 anos foron moi bonitos e moi divertidos, polo que nunca os esquecerei. O que máis me gustou foi ir a visita guiada ao instituto porque apetecíame ver aos outros amigos. Lucas Vidal .

Estes anos de colexio gustáronme moito porque fixen moitos amigos. Aprendín moitas cousas das áreas que temos no colexio. Mario

Para min estes últimos 10 anos foron moi divertidos e nunca os esquecerei. As festas que máis me gustaron foron as das colchonetas que organizaba a ANPA e as de Nadal onde comiamos chocolate con churros. David

63


Profile for ceip.cedeira

Revista escolar BATEA 2019  

Revista escolar BATEA 2019  

Advertisement

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded