Skip to main content

BATEA 2021

Page 1

REVISTA ANUAL DO CEIP DE CEDEIRA

Nº 30

2021

PROXECTO “CEDEIRA A TODA COR”


ÍNDICE

EDITORIAL O coronavirus sigue con nós. O curso 2020-2021 volveu a ser un curso de presencialidade completa, pero moi distinto a todos os anteriores. Tivémonos que adaptar a levar máscara, a non poder abrazarnos, a xogar sen xoguetes..., pero polo menos estabamos nas aulas, e iso volveu a motivarnos, a espertar ilusión e intriga por comprobar a aula que nos tocou, e tamén quen vai ser o noso titor/a.

Editorial .. ……..………..………………………..….2 Benvida………….…………...………...…………...3 Letras Galegas Xela Arias………………………….…….………….4 Educación Responsable Centro Graduado.. .................................. 9 Proxecto “Cedeira a toda cor”

O coronavirus marcaba o ritmo pero iso non nos impediu realizar as celebracións habituais, iso sí, houbo que tirar de enxeño e facer una boa parte das cousas de forma virtual. O vídeo e a fotografía pasaron a ser ferramentas fundamentais que nos permitiron recoller as actividades nas distintas clases e xuntalas despois a través da edición.

Colorea a túa lingua…………….…….……..10 Pequenos artistas………………………..…….12 Así o viron @s nen@s O baile de pixamas de 5º…………..... ...17 Obradoiro de Xardín ............................ 24

Aínda que todo foi diferente, a este curso non lle faltou de nada. Mantivemos os obradoiros de radio, imaxe, debuxo e xardín; e levamos adiante un novo proxecto interdiciplinar, “Cedeira a toda cor”, co que quixemos poñer en valor a importancia das cores nas nosas vidas.

Fin de curso: 6º de E. Primaria........... 26 Recuncho lector Recomendacións da biblioteca…..…...28 Samaín. Contos á lus do candil ......... 29 Autobiografía dunha década ............. 30

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística traballamos máis ca nunca, participando e colaborando en todas as actividades e conmemoracións. Os retos polo galego foi una vez máis unha das actividades máis completas, xa que implica a todo alumnado e a todas as familias, na que moitas veces se pon en valor a transmisión interxeracional da nosa cultura.

Recuncho científico Experimentando .....................................31 Matemáticas manipulativas ................ 34 A semana Stem de 5º .......................... 38 Despois da semana Stem….…………….39 A robótica en Cedeira.......................... 40

E para rematar organizamos a I Semana STEM, dedicada á Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática. Nesta primeira edición, que agardamos teña continuidade, houbo experiencias moi variadas e enriquecedoras.

Lembranzas Ao alumnado de 6º. Bo camiño! ...... 43

Seguimos adiante! Bo verán!

2


Benvida: alumnado de 3 anos

DESCUBRIMOS AS EMOCIÓNS Como cada curso, recibimos ao alumnado de 3 anos. Ademais de moitas outras cousas, este ano o alumnado de 4º de Infantil adentrouse no mundo das emocións da man do Monstro de cores. Identificamos as emocións básicas e representamos o noso estado emocional.

Tamén fixemos a nosa propia botella da calma con moitas cores para empregala naqueles momentos de maior ansiedade ou frustración.

3


Letras Galegas

XELA ARIAS

Xela Arias Castaño naceu nunha aldea do concello lugués de Sarria o 4 de marzo de 1962.

Foi a primeira filla de Valentín e Amparo e puxéronlle o nome de María de los Ángeles.

O seu nome estaba en castelán porque naquel tempo non estaban permitidos os nomes en galego, pero na casa todos a chamaban Xela ou Xeliña.

A seu pai, que era mestre, gustáballe moito escribir. Un dos seus textos dedicoullo á súa filla, chámase “Xeliña fala galego”.

4


Comezou os seus estudos no Colexio Fingoi, en Lugo. Un centro que se caracterizou polas innovacións pedagóxicas.

Pero, cando Xela tiña 7 anos, destinaron ao seu pai á escola de Sárdoma-Moledo na cidade de Vigo, e toda a familia trasladouse á nova cidade.

Alí continuou coa súa gran paixón, a escritura. Cando tiña once anos gañou o Concurso de Contos Infantís “O Facho” da Coruña, co relato: “A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia”.

Ao rematar a secundaria, decide non seguir estudando e entra a traballar en Edicións Xerais de Galicia.

5


Contratárona polos seus coñecementos do idioma galego. Traballou como tradutora, correctora de estilo e editora. Como tradutora, pasou ao galego libros como: “Caballum” de Carlos Oroza, “O Gato

Gaiado e a Andoriña Seña: Unha historia de Amor” de Jorge Amado, “Contos ó teléfono”, de Gianni Rodari ou “O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha”, de Miguel de Cervantes.

Mentres traballaba, non deixou de crear os seus poemas. Durante este tempo participou en diferentes recitais e festivais poéticos e publicou os seus poemas en xornais e revistas.

En maio de 1982, publicou o seu primeiro poema, “Vin...”. E no ano 1986, publicouse o seu primeiro libro “Denuncia do equilibrio” no que se recollen todos os poemas que Xela creou neste tempo.

6


Coa publicación do seu segundo libro “Tigres coma cabalos”, coñece ao fotógrafo Xulio Xil, que máis tarde se convertería no seu marido.

En 1991, con trinta anos, decide volver a estudar, e matricúlase na Facultade de Filoloxía Hispánica da Universidade de Vigo.

En outubro de 1994 nace o seu fillo Darío, ao que lle dedicou o seu terceiro libro de poemas “Darío a diario”.

O 20 de xaneiro de 1995 consegue, por decisión do xulgado de Sarria, o cambio do seu nome. Xa non se chamará María de los Ángeles, chamarase Xela, o nome polo que realmente era coñecida.

Ao rematar os seus estudos universitarios, comeza a dar clases de lingua e literatura castelá, en diferentes institutos de Galicia. Cambiou de traballo pero non de intereses, nunca abandonou o seu gusto pola escritura e seguiu escribindo.

7


A parte da súa defensa do galego, Xela foi moi activa na defensa das causas populares.

Participou en actos contra a entrada de España na OTAN, manifestouse contra a marea negra do Prestige, contra a guerra de Iraq, a favor da normalización do idioma galego e das causas feministas. O seu último libro chámase “Intempériome” e foi publicado seis meses antes do seu falecemento, que aconteceu na cidade de Vigo o 1 de novembro de 2003.

Xela morreu aos 42 anos, deixándonos sen a súa poesía, que ela definía como:

“Que nunca, nunca xamais, me diga alguén que non

entende de poesía. A poesía non se entende, síntese ou non se sinte, faise ou non se fai ”.

Biografía e debuxos feitos polos alumnos/as de 3º de primaria.

8


Educación Responsable

O CEIP DE CEDEIRA: CENTRO GRADUADO CEIP CEDEIRA: CENTRO GRADUADO EN EDUCACIÓN RESPONSABLE Ser un centro graduado en Educación Responsable significa que xa levamos tres cursos completos sendo conscientes de que as emocións son esenciais para levar a cabo o proceso educativo. Por iso procuramos ter en conta o aspecto emocional en cada momento das nosas vidas. Neste programa desenvólvese o aspecto da creatividade, da lectura e o ámbito social para poñer en práctica actividades relacionadas con eles. Estas imaxes son un mostra.

9


Proxecto “Cedeira a toda cor”

COLOREA A TÚA LINGUA Como cada ano o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere agradecer a todas as familias a súa participación de xeito masivo nos retos que mensualmente vos propoñemos . Este ano foron oito retos ininterrompidos de outubro a maio, todos eles con gran resposta pola vosa parte.

RETOS 1º TRIMESTRE: “Tinteiro”, “Foto de outono” e “Postal de Nadal”

10


Proxecto “Cedeira a toda cor”

COLOREA A TÚA LINGUA RETOS 2º e 3º TRIMESTRE: “Palabras de Paz”, “Qué é o amor?” “Lemas pola igualdade”, “Abril, chistes mil” e “Coplas ao Covid”

Entre todos e todas acadaremos que o galego floreza mil primaveras máis!!

11


Proxecto: “Cedeira a toda cor”

PEQUENOS ARTISTAS

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 5 ANOS FIXEMOS UNHA ADAPTACIÓN DA OBRA DE HERVÉ TULLET “ CAMPO DE FLORES”

12


Proxecto: “Cedeira a toda cor”

PEQUENOS ARTISTAS

PRIMEIRO PINTAMOS UN PUNTO, CAMBIAMOS DE SITIO, OUTRO PUNTO…. CAMBIAMOS DE SITIO.

DESPOIS ... UN CÍRCULO, CAMBIAMOS DE SITIO, OUTRO CÍRCULO… CAMBIAMOS DE SITIO.

13


Proxecto: “Cedeira a toda cor”

PEQUENOS ARTISTAS

CO PUNTO E CO CÍRCULO FACEMOS UNHA FLOR , CAMBIAMOS DE SITIO OUTRA FLOR...

14


Proxecto: “Cedeira a toda cor”

PEQUENOS ARTISTAS

E ASÍ ATA QUE A NOSA OBRA DE ARTE VAI TOMANDO FORMA.

15


Proxecto: “Cedeira a toda cor”

PEQUENOS ARTISTAS

O NOSO “CAMPO DE FLORES” 16


Así o viron @s nen@s

O BAILE DE PIXAMAS DE 5º 20 de novembro, día Internacional do Neno e 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero No ano 2002, o cantante, actor e embaixador de Unicef Ricky Martin fundou a Ricky Martin Foundation e creou o proxecto People for Children para loitar contra o tráfico e a explotación sexual infantil. Por iso, para conmemorar o Día Internacional do Neno (20 de novembro) e o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), a clase de 5º de Ed. Primaria do C.E.I.P. de Cedeira fixemos un baile dunha canción de Ricky Martin e Maluma que podedes ver no canal de YouTube do cole. Tamén estivemos facendo bolboretas con cera derretida para participar na iniciativa do Concello de Redondela de encher as fiestras de bolboretas. Pero iso non foi todo. As nenas e nenos tiñan un desexo, una tolemia, un capricho,… Querían vir ao cole en pixama! E como o seu mestre tiña ganas de agasallalos polo Día do Neno por seren tan bos alumnos e alumnas, aquilo acabou nun incrible BAILE DE PIXAMAS!!! Así no lo contan elas.

O día do neno foi moi divertido. Encantoume vir en pixama e facer o baile cos meus compañeiros. Cada un viu cun pixama, un boneco e algúns con zapatillas. Pasamos moitas clases practicando, pero mereceu a pena. Foi unha experiencia que nunca esquecerei deste curso. Paula

A miña experiencia do día do neno foi moi divertida. Sobre todo encantoume vir ao colexio en pixama, facer un baile cos meus compañeiros e bailar e cantar cancións ao final da mañá. Agardo que se volva a repetir. Naia

Para min, o Día do Neno foi una experiencia inesquecible en tódolos sentidos. En primeiro lugar, o noso profe fixo realidade un soño que todos os nenos temos, e nós puidémolo cumprir: ir ao cole en pixama. Fixemos un baile coa canción “No se me quita”, trouxemos peluches ao cole, etc. Un curso diferente pero igualmente ESPECIAL. Mélani

17

O día do neno foi o 20 de novembro, un día moi divertido. Fixemos bailes, xogamos e moitas cousas mais. A miña clase viñemos en pixama e nós bailamos o noso baile inventado. Tamén fixemos debuxos e frases para os dereitos dos nenos. Paseino moi ben. Elena

Para min foi moi divertido, xa que ese día viñemos todos os nenos e nenas da miña clase en pixama. Tamén fixemos un baile coa canción de “No se me quita” de Ricki Martin e Maluma. Nese vídeo, ademais de bailar, saímos dicindo unhas frases sobre os dereitos do neno e a violencia contra a muller. Candela


Así o viron @s nen@s

O PATIO DE CEDEIRA É PARTICULAR

ESTE CURSO TAN ESPECIAL NON PUIDEMOS DISFRUTAR DO RECREO COMO ESTABAMOS ACOSTUMADOS. SEPARADOS UNS DOS OUTROS, SEN BICIS NIN CARRETILLAS, AO PRINCIPIO FOI ALGO ABURRIDO PERO DESPOIS....

DÉMONOS CONTA DE QUE O NOSO PATIO TIÑA RECUNCHOS INEXPLORADOS,

HABITANTES

DESCOÑECIDOS,

PEQUENOS

TESOUROS

MOITAS POSIBILIDADES DE DIVERSIÓN AGARDANDO POR NÓS.

18

E


Así o viron @s nen@s

O PATIO DE CEDEIRA É PARTICULAR COMEZAMOS A DISFRUTAR COS PAUS, AS PEDRIÑAS, AS FOLLAS...

ATOPAMOS SERES DIMINUTOS QUE VIVEN AQUÍ AGOCHADOS.

19


Así o viron @s nen@s

O PATIO DE CEDEIRA É PARTICULAR RECOLLEMOS MOREAS DE CARACOIS E FIXEMOS CARREIRAS CON ELES.

DESCUBRIMOS NOVOS XOGOS CON ELEMENTOS DO CAMPO E DO PATIO.

20


Así o viron @s nen@s

O PATIO DE CEDEIRA É PARTICULAR

PLANTAMOS LANDRAS E MEDRARON CARBALLOS !!!

LEMOS CONTOS

21


Así o viron @s nen@s

O PATIO DE CEDEIRA É PARTICULAR XOGAMOS A CANTAR O MAIO, SIN MAIO

E REPOUSAMOS O NOSO ESPÍRITU CO IOGA

22


Así o viron @s nen@s

O PATIO DE CEDEIRA É PARTICULAR ABRAZÁMONOS PARA CELEBRAR A AMIZADE

E CANSOS XA DE TANTA TROULA, DEITAMONOS A DESCANSAR.

23


Así o viron @s nen@s

OBRADOIRO DE XARDÍN Malia que houbemos de manter medidas sanitarias para evitar os contaxios por COVID, o obradoiro desenvolveuse con éxito un curso máis. Plantamos, regamos, abonamos, limpamos, construímos parterres e valados, quitamos herbas, fixemos un insecticida ecolóxico, etc..., de todo un pouco. Obtivemos unha boa colleita que repartimos entre tod@s @s participantes. Ata o curso vindeiro!

24


Así o viron @s nen@s

OBRADOIRO DE XARDÍN

25


Así o viron @s nen@s

FIN DE CURSO 6º PRIMARIA O CURSO DE 6º DESPEDIUSE POR TODO O ALTO!!!

O curso pasado non houbo despedida do curso por mor da pandemia pero este curso, tomando todas as medidas pertinentes, decidimos darlle unha despedida a estes nenos e nenas que tanto o desexaban. Celebramos a entrega de orlas e diplomas no colexio, diante de todo o alumnado, birretes incluídos. Fixemos unha saída de todo o día, que incluíu a visita ao mosteiro de Armenteira, a andaina pola Ruta da Pedra e da Auga, visita ao Bosque de Sequoias en Poio, paseo pola vila de Combarro e pola Área recreativa de A Seca.

26


Así o viron @s nen@s

FIN DE CURSO 6º PRIMARIA Pero aínda non rematou aquí a despedida... Á volta ao colexio demos unha remollada e xogamos un bo anaco ata a hora da cea, na que as familias aportaron unhas ricas pizzas, elaboradas no Centro Cultural de Cedeira. Ao remate, xogamos polo patio e mesmo houbo “sesión disco” ou “sesión cine”, segundo os gustos.

27


Creación literaria

SAMAÍN: CONTOS Á LUS DO CANDIL CELEBRANDO O SAMAÍN: X certame de “Contos á lus do candil”. Outro ano máis para o noso certame de creación literaria, e xa van 10. O alumnado de 5º e 6º realizou unha nova “contada”, pero este ano por vídeo, para evitar contaxios. Novamente vimos e escoitamos microrrelatos de medo, nun entorno “terrrrrroríiiiiiificooooo”.

28


Creación literaria

AUTOBIOGRAFÍA DUNHA DÉCADA Nunha biogra a, o autor narra a vida dun personaxe empregando, en moitos casos, unha gran variedade de documentos. Non obstante, unha autobiogra a baséase principalmente na memoria do escritor ou escritora e iso ás veces é algo máis complicado. Ben, pois non foi nada doado contar en menos dunha páxina o máis importante que recordamos dos primeiros dez anos da nosa vida, pero foi moi interesante e axudounos a coñecernos máis e tamén aos nosos compañeiros e compañeiras. Agora sabemos quen berraba moito ou quen se aproveitou da súa condición de irmán pequeno para saírse coa súa. Tamén sabemos quen pasou o seu primeiro Nadal no hospital, iso si, coa visita do equipo do Celta ou quen andou en bicicleta case antes de saber camiñar. Hai quen comía xamón en segredo ou quen ría a cachón cando caían as torres de construción. Hai cantantes e bailaríns e tamén os que non deixaron de comer e, por suposto, que ten a marca dun golpe dende moi pequena ... En fin, unha década de experiencias.

ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º PRIMARIA 29


Recuncho lector

RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA

30


Recuncho científico

EXPERIMENTANDO A pesar deste curso tan difícil e con tanta distancia tivemos a sorte de seguir aprendendo uns dos outros. Desta vez os nenos e nenas de 2º puidemos observar e atender a explicación que nos deron os nenos e nenas de 6º. Gustounos tanto que quixemos repetir o experimento na nosa clase

O alumnado trouxo da súa casa unha bola de xeo.

Botámoslle un puñado de sal enriba da bola o que fai que o xeo se desconxele máis rápido. E finalmente un pouco de colorante e a observar que pasa.

31


Recuncho científico

EXPERIMENTANDO

As mesturas das cores foron sorprendentes.

Ao botar o colorante visualizamos os carreiros que se facían no interior da bóla.

32


Recuncho científico

EXPERIMENTANDO

Foi unha actividade moi divertida pero un pouco pringosa. Os dedos con restos de cores aínda nos duraron uns días.

33


Recuncho científico

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS O curso de 1º de Educación Primaria traballou a área de matemáticas dun xeito moi manipulativo, a pesar da crise sanitaria debida ao virus do COVID-19.

Dende o inicio de curso, o alumnado adquiriu o significado de número e estableceu a súa orde utilizando cubos de arxila, garavanzos, regretas ou a roda. Tamén incorporou o concepto de unidade e decena agrupando escarvadentes, usando o ábaco, os números nunha espiral e nunha táboa con velcro. A súa representación gráfica ubicouse enriba da lousa para dispoñer dun apoio visual constante.

34


Recuncho científico

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS

Paralelamente, estes nenos e nenas foron dominando o conteo e as operacións de suma e resta mediante saltos, a táboa posicional e as regretas. Con estas últimas crearon muros, buscaron todas as posibilidades de suma e resta e fixeron comprobacións mediante apoios gráficos.

Os rapaces e rapazas

manipula-

ron reloxos analóxicos (de agullas) e

posteriormente

reloxos dixitais.

35


Recuncho científico

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS Traballaron os cartos recoñecendo as moedas e os billetes existentes e calculando problemas reais. As primeiras veces necesitaron a táboa posicional.

Ademais aprenderon as medidas de lonxitude (utilizando a regra e o metro para medir obxectos, distancias e a súa propia altura na parede), as medidas de masa (cunha balanza para o peso e o volume)

e

as

medidas

de

capacidade (con xerras).

36


Recuncho científico

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS

Reproduciron e crearon diversas figuras e construcións co tangram e cos corpos xeométricos.

Aprenderon

e

repasaron

diariamente o calendario (días da semana, meses e ano).

E a finais de curso tiveron unha actividade chamada “Maxia na manga” onde o grupo de 1º xunto co de 2º de E.P. recibiron a visita dun mago que lles explicou como facer distintos trucos matemáticos utilizando dados e cartas da baralla.

37


Recuncho Científico

A SEMANA S.T.E.M. DE 5º O alumnado de 5º de Educación Primaria fálanos de como foi para elas e eles a semana S.T.E.M. e dos seus experimentos. Na Semana Stem , no C.E.I.P de Cedeira, todos os nenos e nenas nos ensinaron experimentos incribles, sorprendentes e sobre todo variados. Pasámolo moi ben mirando os experimentos. Nós tamén fixemos 3. O noso grupo chamábase “Xogando con lume “. Os experimentos foron: Cascada de fume, A candea que resucita e Bombeiro CO2. Martín, Candela e Xoán. A semana STEM foi unha semana incrible. Os nosos experimentos foron: evaporación do xeo seco, ovo de goma e pompas con xeo seco. O noso posto chamábase REACCIÓN QUÍMICA . Nós tivemos varios problemas: rompeunos un ovo, noutro experimento perdemos un material,... Pero o mellor é que soubemos resolvelo e seguir coa nosa semana STEM. Mélani, García e Ainhoa. A semana stem foi moi divertida, fixemos moitos experimentos. O noso stand chamábase BOTANDO UN CABLE. Os experimentos foron o Circuíto Eléctrico e Chispeando, frotando unha pila de 9V contra la de aceiro faciamos saír chispas. Oxalá se repita. Eloy, Eric e Paula A primeira semana de xuño, no noso colexio, fixemos a semana STEM. O stand do noso experimento foi de ilusións ópticas. O primeiro experimento era o holograma 3D. O segundo experimento foi o espectómetro, e por último o cambio de dirección. A nosa experiencia foi moi chula, gustounos moito e a volveriamos a repetir. Sara, Bruno e Naia. Uns días antes da feira de ciencias, estivemos buscando os experimentos, probándoos e facendo a pancarta. Tíñamos 2 experimentos. O primeiro consistía en meter un vaso pequeno cun papel nun vaso grande con auga, e o papel non se mollaba. O segundo consistía en poñer unha gasa na boca dunha botella chea de auga, darlle a volta e meter palillos, e a auga non caía. Iago, Elena e Rubi

38


Recuncho científico

DESPOIS DA SEMANA STEM Sabemos que a tecnoloxía transforma o mundo e a economía. Tamén sabemos que contribuíu e aportou grandes beneficios á humanidade. Pero para chegar a onde estamos agora, vemos que pasar por diferentes etapas. Polo tanto, é importante comezar polo principio, é dicir, co papel de máquinas simples. Estas ferramentas, disposi vos ou obxectos están compostos por unha ou algunhas pezas. O plano inclinado, a cuña, o parafuso, a panca, a roda (e o eixo) e a polea son exemplos deles. Coa axuda das nosas familias fixemos a nosa, que pensas?

Alumnado de 4º Primaria 39


Recuncho Científico

A ROBÓTICA EN CEDEIRA OS PROXECTOS DE ROBÓTICA PARA A SEMANA STEM DE CEDEIRA Poñemos en práctica o que aprendemos. A robótica forma parte do noso traballo en 6º de primaria e, aínda que só temos unha hora á semana, aproveitamos mesmo os recreos para poñela en práctica. Empezamos experimentando con xogos de pensamento computacional como Bits e Bytes ou Code on the Brink; tamén xogamos co RobotMind, co Ozobot ou cos Escornabots. Fixemos algunha mostra para os máis pequenos.

40


Recuncho Científico

A ROBÓTICA EN CEDEIRA Levounos moito traballo, sobre todo de organización, pero tamén de elaboración. O traballo en equipo non é doado pero, ao final, obtivemos uns bos resultados, que mostramos a todo o alumnado na I Semana Stem de Cedeira. Foi unha pena que as familias non puidesen disfrutar destes proxectos... A ver se neste curso vindeiro!

41


Recuncho Científico

A ROBÓTICA EN CEDEIRA

42


Lembranzas

AO ALUMNADO DE 6º: BO CAMIÑO! No colexio de CEDEIRA paseino xenial porque tiven uns profesores e profesoras fantásticos que me axudaban e apoiaban en todo. Os meus compañeiros e compañeiras facíanme rir con todo. O mellor do CEIP DE CEDEIRA foron as excursións que faciamos, os entroidos... . Botarei de menos aos profesores e ao colexio. Saudos. Lucía Bargés.

A experiencia en Cedeira foi moi boa, xa que este colexio é moi acolledor, sobre todo non esquecerei todas as excursións e os xogos. Desde infantil ata primaria, case todos/as os/as profesore/as foron moi bos/boas, como Belén, María José, Laura, Ana… a pesares dos exames. Espero que nalgún momento da miña vida volverei atopalos. Grazas de corazón, Ceip de Cedeira! Cayetana.

Eu son Daniel. Este ano voume do colexio de Cedeira e, a verdade, é que foi moi boa experiencia. A única vez que fun ao comedor sóubome ben e repetín dúas veces. Espero que no instituto se poida elixir o menú. Daniel

Dame moita nostalxia ter que deixar o colexio de Cedeira posto que aquí aprendín e divertinme moito. Para min, será moi duro irme, porque, entre varias cousas, botarei moito de menos aos meus compañeir@s cos que tantos risos e alegrías compartín e aos meus profesor@s que tanto me axudaron, apoiaron e fixeron todo o posible por facer que este ano tan estraño, fose moito máis ameno. Tamén botarei en falta, os debates, as excursións, o recreo e todas as inesquecibles experiencias que vivín, como: o Entroido, desfilando polas rúas de Cedeira; o Nadal, no que comiamos o chocolate con churros; o Samaín, no que nos disfrazabamos e liamos os “relatos á luz do candil”, etc. Grazas por todo, nunca te esquecerei C.E.I.P. Cedeira! Agardo visitarvos pronto! Rubén.

43


Eu botarei moitísimo de menos o cole xa que toda a miña infancia paseina aí e aínda que agora mesmo estou chorando por dentro, estou rindo por fóra, porque recordo todos os risos, bailes, choros, dramas, trasnadas, caídas, cancións, actuacións…, pero algo que endexamais esquecerei son os meus amigos e amigas e mestres, os cales amo con loucura e, a pesares de todos estes marabillosos e máxicos momentos, o máis triste é dicir adeus. María Auria Gustoume moito estar con vós. A verdade é que o colexio de Cedeira e todos os seus profesores e profesoras foron moi amables con nós. Falando dos meus compañeiros e compañeiras, foron tamén os mellores! A situación na clase foi complicada xa que se fixeron moitos grupos de compañeiros/as. Oxalá nos volvamos ver. Ata pronto! Mateo

Ola, eu son Jorge, e vouvos contar a miña etapa no colexio de Cedeira. O colexio gustoume moito en xeral, e paseino moi ben, pero o que non me acabou de convencer foi a comida do comedor que non era moi apetecible, pero iso non quita que me encantase o cole. Jorge.

Estes anos no colexio dan recordos moi bonitos, ademais fixen moi bos amigos, aprendín moito grazas aos meus profesores; voume do colexio con recordos bonitos, tristes, etc. e tamén levo nos meus recordos aos mellores profes. Nunca esquecerei estas lembranzas tan preciadas para mín. Para min, este colexio foi máis que un colexio. Bruno.

Paseino moi ben no colexio de Cedeira, no que compartín grandes experiencias, excursións, traballos… cos meus compañeir@s. Botarei de menos este colexio, aos meus compas, as experiencias, os traballos e, sobre todo, as excursións; ben, iso algunas, “ejem, ejem”, río Xabriña, “ejem, ejem”; ben pero despois están os exames e os deberes, en fin, botarei de menos case todo. Con cariño. Pablo. 44


Hoxe vou falar dos meus recordos no cole de Cedeira. Sempre lembrarei en infantil, cando pelexabamos polos patinetes e as carretillas no patio e cando xogabamos a papás e mamás. Pasabámolo xenial! Sempre recordarei tamén aos meus profesores e profesoras que tanto me ensinaron: María José, Olga, Laura, Carlos, José Luis, Belén, Mercedes, Ana… e moitos máis. Unha grande aperta e ata sempre! Silvia.

Ola, Son Estrella! O meu paso polo colexio foi moi divertido porque levo as mellores amizades do mundo. Teño gañas de irme ao instituto pero penso en deixar atrás estes anos e póñome triste porque botarei de menos os risos e as pelexas. Adeus, Cedeira! Ata pronto! Estrella.

Eu lémbrome de cando estaba en infantil e faciamos o caracol, varias veces cheguei a durmirme. Tamén recordo que cando era pequena os de sexto semellábanme xigantes e agora xa pasei ese curso. Aínda que foi un 6º diferente porque en fin de curso non estiveron as familias nin organizamos as celebracións como o magosto, etc., pareceume un curso marabilloso. Uxía.

Destes anos no cole vou gardar bos recordos… os risos, os obradoiros… Tampouco me esquezo dos Nadais, Entroidos, aniversarios… vou botar de menos aos profes e, sobre todo aos amigos e amigas. Teño gañas de ir ao instituto e cambiar de etapa. Ata pronto! Lucía González.

45


Eu botarei moito de menos a clase porque nela están todos os meus amigos e no instituto pode que esteamos separados. Cando chegue ao instituto espero comportarme mellor que no cole porque alí é como empezar de cero. De feito, neste colexio, cando merendamos dinme que me quede quieto para non liala. Rui.

Todo o meu paso por Cedeira foi marabilloso; fixen amigos, e amigas, aprendín moitísimas cousas e teño moitas historias neste colexio. Estou agradecida por todos os profes e profesoras, os meus compañeiros, por estar no bo e no malo. Nunca esquecerei estes anos da niña vida. Candela.

Dame moita pena porque non quero irme, xa que o pasei moi ben todos estes anos pero, por outro lado, tamén quero marcharme xa que quero seguir aprendendo cousas novas. O que máis me gustaron foron as clases, os meus amigos e as profes. Agora téñolle que dicir chao ao noso cole, que foi como un fogar para min durante todos estes anos. Xabi.

Estes anos foron “molóns” pero toca marchar para a ESO. Seguramente no instituto vai custar… pero sei que se me esforzo, vouno conseguir. Ainhoa.

46


Ola, son Helena! No colexio de Cedeira paseino xenial. Voume con gañas de seguir aprendendo e ter novas experiencias, pero botarei de menos aos meus amigos, os profes, os risas, excursións, xogos, proxectos... Quero dar as grazas a todos os/as mestres/as que me ensinaron a facer todo o que sei facer. Tamén aos meus compañeiros/as que me fan rir sempre. Voume moi contenta por estar no mellor cole do mundo. Ata sempre Cedeira! Helena. Ola, son Xandre! A min encántame o cole e ireime deste centro educativo con bágoas na miña cara. Adeus, cole de Cedeira! Sempre lembrarei a todos os profes que me apoiaron nos meus días máis difíciles, as cancións que me divertiron e os meus amigos e amigas que me animaron a seguir adiante. Xandre.

Ola, son Xoán! Divertinme moito nos recreos, pero na clase sentíame como se fose un cárcere, menos en robótica, educación física, Obradoiro e Ciencias Sociais, dando a primeira guerra mundial. Os meus compañeiros e profesores eran os mellores." Ata pronto Chao Xoán!

No Ceip de Cedeira pasei momentos inesquecibles; levo aos mellores amigos e amigas do mundo, risos, cabreos, caídas… O instituto vai ser unha nova experiencia e teño moitas gañas de ir á cafetería. Quería agradecer aos meus profesores/as, María José, botareite de menos! No cole fan moitas actividades e son moi divertidas, sobre todo no Entroido. A non todos os profesores vou botalos de menos. Sara.

47


https://www.instagram.com/ceip.cedeira

http://www.edu.xunta.gal/centros/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
BATEA 2021 by ceip.cedeira - Issuu