
3 minute read
Matemáticas manipulativas
from BATEA 2021
by ceip.cedeira
Recuncho científico MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS
O curso de 1º de Educación Primaria traballou a área de matemáticas dun xeito moi manipulativo, a pesar da crise sanitaria debida ao virus do COVID-19.
Advertisement
Dende o inicio de curso, o alumnado adquiriu o significado de número e estableceu a súa orde utilizando cubos de arxila, garavanzos, regretas ou a roda. Tamén incorporou o concepto de unidade e decena agrupando escarvadentes, usando o ábaco, os números nunha espiral e nunha táboa con velcro. A súa representación gráfica ubicouse enriba da lousa para dispoñer dun apoio visual constante.










Recuncho científico MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS
Paralelamente, estes nenos e nenas foron dominando o conteo e as operacións de suma e resta mediante saltos, a táboa posicional e as regretas. Con estas últimas crearon muros, buscaron todas as posibilidades de suma e resta e fixeron comprobacións mediante apoios gráficos.



Os rapaces e rapazas manipularon reloxos analóxicos (de agullas) e posteriormente reloxos dixitais.
Recuncho científico MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS
Traballaron os cartos recoñecendo as moedas e os billetes existentes e calculando problemas reais. As primeiras veces necesitaron a táboa posicional.

Ademais aprenderon as medidas de lonxitude (utilizando a regra e o metro para medir obxectos, distancias e a súa propia altura na parede), as medidas de masa (cunha balanza para o peso e o volume) e as medidas de capacidade (con xerras).







Recuncho científico MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS


Reproduciron e crearon diversas figuras e construcións co tangram e cos corpos xeométricos.
A p r e n d e r o n e r e p a s a r o n diariamente o calendario (días da semana, meses e ano).


E a finais de curso tiveron unha actividade chamada “Maxia na manga” onde o grupo de 1º xunto co de 2º de E.P. recibiron a visita dun mago que lles explicou como facer distintos trucos matemáticos utilizando dados e cartas da baralla.


