
7 minute read
Ao alumnado de 6º. Bo camiño
from BATEA 2021
by ceip.cedeira
No colexio de CEDEIRA paseino xenial porque tiven uns profesores e profesoras fantásticos que me axudaban e apoiaban en todo. Os meus compañeiros e compañeiras facíanme rir con todo. O mellor do CEIP DE CEDEIRA foron as excursións que faciamos, os entroidos... . Botarei de menos aos profesores e ao colexio. Saudos. Lucía Bargés.

Advertisement
A experiencia en Cedeira foi moi boa, xa que este colexio é moi acolledor, sobre todo non esquecerei todas as excursións e os xogos. Desde infantil ata primaria, case todos/as os/as profesore/as foron moi bos/boas, como Belén, María José, Laura, Ana… a pesares dos exames. Espero que nalgún momento da miña vida volverei atopalos. Grazas de corazón, Ceip de Cedeira! Cayetana.
Eu son Daniel. Este ano voume do colexio de Cedeira e, a verdade, é que foi moi boa experiencia. A única vez que fun ao comedor sóubome ben e repetín dúas veces. Espero que no instituto se poida elixir o menú. Daniel


Dame moita nostalxia ter que deixar o colexio de Cedeira posto que aquí aprendín e divertinme moito. Para min, será moi duro irme, porque, entre varias cousas, botarei moito de menos aos meus compañeir@s cos que tantos risos e alegrías compartín e aos meus profesor@s que tanto me axudaron, apoiaron e fixeron todo o posible por facer que este ano tan estraño, fose moito máis ameno. Tamén botarei en falta, os debates, as excursións, o recreo e todas as inesquecibles experiencias que vivín, como: o Entroido, desfilando polas rúas de Cedeira; o Nadal, no que comiamos o chocolate con churros; o Samaín, no que nos disfrazabamos e liamos os “relatos á luz do candil”, etc. Grazas por todo, nunca te esquecerei C.E.I.P. Cedeira! Agardo visitarvos pronto! Rubén.

Eu botarei moitísimo de menos o cole xa que toda a miña infancia paseina aí e aínda que agora mesmo estou chorando por dentro, estou rindo por fóra, porque recordo todos os risos, bailes, choros, dramas, trasnadas, caídas, cancións, actuacións…, pero algo que endexamais esquecerei son os meus amigos e amigas e mestres, os cales amo con loucura e, a pesares de todos estes marabillosos e máxicos momentos, o máis triste é dicir adeus. María Auria
Gustoume moito estar con vós. A verdade é que o colexio de Cedeira e todos os seus profesores e profesoras foron moi amables con nós. Falando dos meus compañeiros e compañeiras, foron tamén os mellores! A situación na clase foi complicada xa que se fixeron moitos grupos de compañeiros/as. Oxalá nos volvamos ver. Ata pronto! Mateo
Ola, eu son Jorge, e vouvos contar a miña etapa no colexio de Cedeira. O colexio gustoume moito en xeral, e paseino moi ben, pero o que non me acabou de convencer foi a comida do comedor que non era moi apetecible, pero iso non quita que me encantase o cole. Jorge.
Estes anos no colexio dan recordos moi bonitos, ademais fixen moi bos amigos, aprendín moito grazas aos meus profesores; voume do colexio con recordos bonitos, tristes, etc. e tamén levo nos meus recordos aos mellores profes. Nunca esquecerei estas lembranzas tan preciadas para mín. Para min, este colexio foi máis que un colexio. Bruno.
Paseino moi ben no colexio de Cedeira, no que compartín grandes experiencias, excursións, traballos… cos meus compañeir@s. Botarei de menos este colexio, aos meus compas, as experiencias, os traballos e, sobre todo, as excursións; ben, iso algunas, “ejem, ejem”, río Xabriña, “ejem, ejem”; ben pero despois están os exames e os deberes, en fin, botarei de menos case todo. Con cariño. Pablo.





Sempre lembrarei en infantil, cando pelexabamos polos patinetes e as carretillas no patio e cando xogabamos a papás e mamás. Pasabámolo xenial! Sempre recordarei tamén aos meus profesores e profesoras que tanto me ensinaron: María José, Olga, Laura, Carlos, José Luis, Belén, Mercedes, Ana… e moitos máis. Unha grande aperta e ata sempre! Silvia.
Ola, Son Estrella! O meu paso polo colexio foi moi divertido porque levo as mellores amizades do mundo. Teño gañas de irme ao instituto pero penso en deixar atrás estes anos e póñome triste porque botarei de menos os risos e as pelexas.
Adeus, Cedeira! Ata pronto!
Estrella.


Eu lémbrome de cando estaba en infantil e faciamos o caracol, varias veces cheguei a durmirme. Tamén recordo que cando era pequena os de sexto semellábanme xigantes e agora xa pasei ese curso. Aínda que foi un 6º diferente porque en fin de curso non estiveron as familias nin organizamos as celebracións como o magosto, etc., pareceume un curso marabilloso. Uxía.
Destes anos no cole vou gardar bos recordos… os risos, os obradoiros… Tampouco me esquezo dos Nadais, Entroidos, aniversarios… vou botar de menos aos profes e, sobre todo aos amigos e amigas. Teño gañas de ir ao instituto e cambiar de etapa. Ata pronto! Lucía González.


Eu botarei moito de menos a clase porque nela están todos os meus amigos e no instituto pode que esteamos separados. Cando chegue ao instituto espero comportarme mellor que no cole porque alí é como empezar de cero. De feito, neste colexio, cando merendamos dinme que me quede quieto para non liala. Rui.
Dame moita pena porque non quero irme, xa que o pasei moi ben todos estes anos pero, por outro lado, tamén quero marcharme xa que quero seguir aprendendo cousas novas. O que máis me gustaron foron as clases, os meus amigos e as profes. Agora téñolle que dicir chao ao noso cole, que foi como un fogar para min durante todos estes anos.
Todo o meu paso por Cedeira foi marabilloso; fixen amigos, e amigas, aprendín moitísimas cousas e teño moitas historias neste colexio. Estou agradecida por todos os profes e profesoras, os meus compañeiros, por estar no bo e no malo. Nunca esquecerei estes anos da niña vida. Candela.
Estes anos foron “molóns” pero toca marchar para a ESO.
Seguramente no instituto vai custar… pero sei que se me esforzo, vouno conseguir. Xabi.


Ainhoa.


No colexio de Cedeira paseino xenial. Voume con gañas de seguir aprendendo e ter novas experiencias, pero botarei de menos aos meus amigos, os profes, os risas, excursións, xogos, proxectos... Quero dar as grazas a todos os/as mestres/as que me ensinaron a facer todo o que sei facer. Tamén aos meus compañeiros/as que me fan rir sempre. Voume moi contenta por estar no mellor cole do mundo. Ata sempre Cedeira! Helena.
Ola, son Xandre! A min encántame o cole e ireime deste centro educativo con bágoas na miña cara. Adeus, cole de Cedeira! Sempre lembrarei a todos os profes que me apoiaron nos meus días máis difíciles, as cancións que me divertiron e os meus amigos e amigas que me animaron a seguir adiante.
Xandre.


Ola, son Xoán! Divertinme moito nos recreos, pero na clase sentíame como se fose un cárcere, menos en robótica, educación física, Obradoiro e Ciencias Sociais, dando a primeira guerra mundial. Os meus compañeiros e profesores eran os mellores." Ata pronto Chao Xoán!
No Ceip de Cedeira pasei momentos inesquecibles; levo aos mellores amigos e amigas do mundo, risos, cabreos, caídas… O instituto vai ser unha nova experiencia e teño moitas gañas de ir á cafetería. Quería agradecer aos meus profesores/as, María José, botareite de menos! No cole fan moitas actividades e son moi divertidas, sobre todo no Entroido. A non todos os profesores vou botalos de menos. Sara.



https://www.instagram.com/ceip.cedeira

http://www.edu.xunta.gal/centros/
