__MAIN_TEXT__
feature-image

Page 1

REVISTA ANUAL DO CEIP DE CEDEIRA

Nº 29 2020

PROXECTO “REALIMENTAXE”


ÍNDICE

EDITORIAL

Editorial ................................... .………..…….2

Un curso para nos esquecer.

Benvida………….…………...…….………………...3

Este curso 2019-2020 foi especial. Todo comezou coma sempre, os primeiros días cheos de ilusión e novidade: as nenas e os nenos saudábanse, corrían e berraban; estreaban material novo, algúns cambiaban de aula, outras de titora… daba gusto ver o patio bulideiro.

Letras Galegas Ricardo Carvalho Calero…………………..11 Proxecto “Realimentaxe” Proxecto realimentaxe……………………..14 Alimenta a túa lingua: retos…………….17 Educación Física– Dieta saudable…...21

Polo Nadal, como manda a tradición, cantamos panxoliñas, fixemos festa, adornos, postais e na Noitevella de cada casa, cadaquén desexoulle aos seus un Feliz Aninovo e, se cadra pediu un ou varios desexos imposibles.

Así o viron @s nen@s Educación Responsable ....................... 23 Centros de Nadal .................................. 24 Robótica .................................................. 25 Celebracións e conmemoracións…...26

Pero chegamos ao novo ano e había rumores que chegaban de China e camiñaban vizosos polo mundo. Os rumores acabaron nunha pandemia e, dun día para o outro, sen avisar, fíxose realidade nas nosas vidas; o 15 de marzo quedaron suspendidas as clases presenciais nos centros educativos de toda España.

Obradoiros de Igualdade .................... 28 Titiritieiros por un día ........................... 30 Autoretratos ........................................... 32 Festa dos Maios ..................................... 34 Sanandresiños ........................................ 36 Falando coas autoras ........................... 37

Chámase Covid-19 e veu para quedar. Aínda que no primeiro momento foi soamente por dúas semanas, o estado de alarma prorrogouse ata o 21 de xuño e o alumnado xa non volveu ás clases. Isto fixo que case todas as actividades programadas para o terceiro trimestre non se puideran levar a cabo e quedaron moitas cousas pendentes.

Saídas………………………………….…………….35 Radio escolar .......................................... 45 Creación literaria Refraneiro de primeiro ........................ 46 English corner ........................................ 50 Nube de palabras confinadas ............ 55 Recuncho científico

Pero entre todos e todas conseguimos continuar co curso escolar, seguindo instrucións, buscando solucións, aportando ideas, pedindo colaboración e recibindo propostas. Non foi doado, botamos de menos o contacto persoal, a fala directa, os risos en grupo e saír á rúa, iso si que foi duro, quedar na casa para que todo saise ben.

Sementamos lentellas .......................... 56 Os estados da auga.............................. 62 Recuncho gastronómico Alimentación saudable ........................ 63 Lembranzas Somos un equipo .................................. 65 Ao alumnado de 6º .............................. 66

Moitas cousas cambiaron pero nós seguimos adiante. Bo verán!

2


Benvida

ALUMNADO DE 3 ANOS Como cada ano recibimos ao novo alumnado que chega ao colexio con 3 anos. Coma sempre, foron moi ben coidados e atendidos por todos os seus compañeiros e compañeiras maiores.

Así se ven eles e elas!!!

DORIS

3


ANXO

ÁLEX 4´1


JUAN

ADÁN

´1 5


MALENA

XOEL 6 ´1


MARTÍN

IRIA

7 ´1


LEIRE

ENZO 8 ´1


ROMEO

SOFÍA 9 ´1


MARA

CLARA

10 ´1


LETRAS GALEGAS

RICARDO CARVALHO CALERO

11


12


Equipo de redacción: Hugo, Iria, Raúl, Carmen, Abel, Simón, Xavi, Naia, Mencía, Anxo, Xián, Alma, Nacho, Lucía, Pablo e Moisés. Alumnado de 3º

13


Proxecto “Realimentaxe”

PRESENTACIÓN PRESENTACIÓN DO PROXECTO: CANCIÓNS, RECITADOS, BAILES, RAP… TODO UN ESPECTÁCULO! O tema interdisciplinar, arredor do cal se realizaron diversas actividades denominámolo: “Realimentaxe”, e estivo relacionado coa alimentación sá e coa reciclaxe. O Equipo de Biblioteca, xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en coordinación cos equipos docentes foron os encargados de deseñar as principais liñas de traballo para levar a cabo este proxecto durante o curso. Organizamos moitas actividades relacionadas, aquí vai unha mostra.

14


Proxecto “Realimentaxe” BANCO DE ALIMENTOS E CONSUMO RESPONSABLE CHARLA SOBRE O BANCO DE ALIMENTOS. RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA O O POBO DO SÁHARA.

CHARLA CONSUMO RESPONSABLE NO NADAL

15


Proxecto “Realimentaxe”

BANCO DE ALIMENTOS E CREATIVIDADE COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO. O ALUMNADO DE 6º RECOLLEU E EMPAQUETOU ALIMENTOS NUN SUPERMERCADO DE REDONDELA

A CREATIVIDADE: OS RETRATOS DE ARCIMBOLDO E OS RENOS DO CONCELLO

16


Proxecto “Realimentaxe”

ALIMENTA A TÚA LINGUA: RETOS Cada mes propoñémosvos ás familias un reto relacionado co uso e a aprendizaxe da Lingua Galega, dentro da actividade “Alimenta a túa lingua”. O alumnado que realiza o reto ten a súa foto no noso panel mensual, un selo no carnet de galego e un agasallo se completa todos os retos do curso.

RETO 1 : Colorear unha froita ou verdura e escribir dentro o seu nome en galego,castelán e inglés.

17


Proxecto “Realimentaxe”

ALIMENTA A TÚA LINGUA: RETOS RETO 2 : Decoración das portas con fotos de alimentos dun nivel da pirámide e frases coas propiedades de ditos alimentos.

18


Proxecto “Realimentaxe”

ALIMENTA A TÚA LINGUA: RETOS RETO 3: Recrear paisaxes, esceas ou retratos utilizando fotos de froitas e verduras como facía o pintor Arcimboldo

19


Proxecto “Realimentaxe”

ALIMENTA A TÚA LINGUA: RETOS RETO 4: Buscar fotos de mulleres migrantes e escribir debaixo unha estrofa de Rosalía que reflexe a morriña e o desarraigo que provoca a emigración.

Grazas, familias pola vosa implicación constante nesta actividade de dinamización da nosa lingua !! 20


Proxecto “Realimentaxe”

EDUCACIÓN FÍSICA - DIETA SAUDABLE Neste curso escolar 2019-2020, o proxecto educativo do CEIP de Cedeira, foi a “Realimentaxe”. Dende a área de Educación Física, levouse a cabo unha unidade didáctica sobre a nutrición en todos os cursos de Educación Primaria. Faise fundamental educar ao alumnado nun estilo de vida saudable, xa que facer exercicio físico e ter unha dieta saudable, poden traer moitos beneficios, incluíndo máis enerxía, felicidade, prevención de enfermidades e ata unha vida máis longa. A través do xogo e a actividade física, o alumnado aprendeu que unha dieta saudable debe incluir máis froitas, verduras, grans, hortalizas e cereais e procurar reducir das súas dietas aqueles alimentos menos saudables coma os ricos en graxas saturadas, azucre ou sal. Aprenderon tamén que unha dieta saudable ten que ir sempre acompañada de exercicio físico, xa que é a mellor maneira de por en movemento ao organismo, gastando as enerxías que se acumulan debido ao consumo de productos grasos e estimula o funcionamento adecuados de todos os órganos e tecidos do noso corpo, evitando así contraer enfemidades cardiovasculares.

21


Alumnos de 6ยบ de primaria ordenando os alimentos na pirรกmide alimentaria mediante un xogo.

22


Así o viron @s nen@s

EDUCACIÓN RESPONSABLE Este foi o noso 3º ano do programa de Educación Responsable que se dedica ao ámbito creativo. Fixemos actividades do Banco de Ferramentas, de Literatura e Emocións, de Reflexarte e de Coro das Emocións, aínda que neste último había programada unha actuación en Santiago pero, por mor do estado de alarma, todo quedou anulado. Con todo, no recurso “Reflexarte” o alumnado de 5º expresou as súas emocións no confinamento de forma creativa.

23


Así o viron @s nen@s

SOMOS CREATIVOS: CENTROS DE NADAL Unha florista-paisaxista amiga, Sinda Davila, veu amablemente ata o colexio para facer un obradoiro de centros de Nadal. O alumnado de 4º e 5º participaron traendo da casa vasillas ou pratos anicados e outros obxectos de refugallo para facer verdadeiras obras de arte.

24


Así o viron @s nen@s

ROBÓTICA Este curso seguimos coa robótica e empregamos xogos de pensamento computacional e tamén traballamos coa impresora 3D. Ata os máis pequen@s foron ver como funcionaba! Foi unha actividade moi interesante e tiñamos pensado moitas cousas… pero a corentena xogounos unha mala pasada. A ver se o curso que vén podemos!

25


Así o viron @s nen@s

CELEBRACIÓNS E CONMEMORACIÓNS SAMAÍN: CONTOS Á LUS DO CANDIL

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO MAGOSTO: XOGOS CON CASTAÑAS

26


Así o viron @s nen@s

CELEBRACIÓNS E CONMEMORACIÓNS FESTA DE NADAL

DÍA DA PAZ: CARREIRA SOLIDARIA

ENTROIDO

27


Así o viron @s nen@s

OBRADOIROS DE IGUALDADE Durante este curso tivemos a oportunidade de tomar conciencia das desigualdades que aínda existen entre as persoas segundo o seu xénero. Para tomar conciencia destas situacións contamos con varias actividades que nos gustaron moito:

Alba Alonso Feijoo (Realkiddys) levou a cabo no centro uns obradoiros de igualdade para o alumnado. Empregou a técnica do “Desing Thinking” que consiste en reflexionar sobre a igualdade dende diferentes puntos de vista e despois realizar un proxecto real, creativo e, neste caso empregando materiais de refugallo, para expoñer/vender aos seus compañeiros e compañeiras o respecto á diversidade de xénero.

28


Así o viron @s nen@s

OBRADOIROS DE IGUALDADE

29


Así o viron @s nen@s

TITIRITEIROS POR UN DÍA O Festival Internacional de Títeres de Redondela é un dos eventos que sempre espera a rapazada da contorna con moita ilusión. A mediados do mes de maio as rúas, prazas e xardíns de Redondela énchense de maxia e fantasía. Malia que as datas habituais do Festival son en maio, nesta ocasión, a asociación “Xente Titiriteira” viuse na obriga de mudar de data a setembro, por mor da pandemia do COVID-19.

Asemade, na semana do 18 de maio, os nenos e nenas de 2º de Primaria do CEIP de Cedeira, confinados nas súas casas, lembraban e facían unha homenaxe a este Festival. Cada un deles creou o seu títere seguindo a idea do titorial da súa mestra, colgado na web do colexio, como reto semanal. 30


Así o viron @s nen@s

TITIRITEIROS POR UN DÍA

Para a elaboración dos títeres empregaron materiais de refugallo como rolos de papel hixiénico, tapóns… e toda a súa creatividade e orixinalidade. Ademais, os títeres foron presentados por cada un dos seus creadores nunha das videoconferencias semanais que organizaba a súa mestra co grupo-clase. Resultou unha actividade moi participativa e creativa entre os compañeiros/as. Os nenos e nenas de 2º disfrutaron moito dela. 31


Así o viron @s nen@s

AUTORETRATOS

32


Así o viron @s nen@s

AUTORETRATOS

33


Así o viron @s nen@s

1º d

e

pr

im

ar ia

FESTA DOS MAIOS

34


Así o viron @s nen@s

FESTA DOS MAIOS

1º de primaria 35


Así o viron @s nen@s

SOMOS CREATIV@S OS SANANDRESIÑOS DA CORENTENA Aprendemos das tradicións galegas. Xabi Fdez. (5º curso) Os “sanandresiños” son fetiches fabricados en San Andrés de Teixido. Trátase duns amuletos de miolo de pan que reproducen distintas figuras vencelladas a San Andrés. Cada unha delas simboliza un ámbito en particular no quen o posúa, quere conseguir o éxito. Nós fixémolos con pasta de sal que se fai con fariña, auga e sal; déixase repousar, moldéanse segundo as figuras e despois fornéase e déixase 3 horas a baixa temperatura. Ao final, píntanse. Cóntase que San Andrés, un dos doce apóstolos, chegou navegando ata os cantís da zona onde envorcou a súa embarcación, quedando esta convertida nunha gran pedra que agora ten o nome de "A barca de San Andrés". A lenda di que ninguén lle prestou axuda, pero recibiu de Deus a promesa de que tería un santuario e unha romaría, aos que, vivos ou mortos, acudirían todos os mortais. San Andrés de Teixido: un santuario máxico. Di o refrán galego: A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.

36


Así o viron @s nen@s

FALANDO COAS AUTORAS

O itinerario lector deste curso contou con dous libros de lectura para 5º e 6º que foron: “Escarlatina, a cociñeira defunta” de Ledicia Costas e “Xelís, o guieiro das botellas de mar” de Rosa Aneiros. Tivemos a oportunidade de falar coas dúas, unha de forma presencial e outra a través de videoconferencia.

37


Así o viron @s nen@s

SAÍDAS: DO TEATRO Á RIOUXA O MÉRCORES 5 DE FEBREIRO TODO O ALUMNADO DE INFANTIL ASISTIMOS Á OBRA “ O LOBO E A LÚA “ NA SEDE DO TEATRO AFUNDACION.

DISFRUTAMOS, COMA SEMPRE, DUN ESPECTÁCULO PENSADO PARA O PÚBLICO INFANTIL E TAMÉN DO INTERIOR DESE EDIFICIO CENTENARIO CONSTRUÍDO POLO ARQUITECTO ANTONO PALACIOS.

38


Así o viron @s nen@s

SAÍDAS: DO TEATRO Á RIOUXA DESPOIS DE ESTAR BEN ATENTOS,CALADIÑOS E QUIETOS NO TEATRO NECESITABAMOS UN POUCO DE ACCIÓN, POR ISO PARAMOS NO PARQUE DA RIOUXA .

PERO ANTES DE NADA MERENDAMOS , QUE XA ÍA SENDO REPOÑER FORZAS.

39

HORIÑA DE


Así o viron @s nen@s

SAÍDAS: DO TEATRO Á RIOUXA E POR FIN PUIDEMOS FACER O QUE MÁIS NOS GUSTA...

XOGAR XUNTOS ,

40


Así o viron @s nen@s

SAÍDAS: DO TEATRO Á RIOUXA FACER ALGO DE EXERCICIO

E ATA HOUBO TEMPO PARA COLLER FLORES.

FOI UN DÍA BEN COMPLETO !! 41


Así o viron @s nen@s

SAÍDAS: ROTEIRO MONTES DE CEDEIRA A última semana de febreiro os nenos e nenas de 3º e 4º fixemos unha andaina polo monte de Cedeira.

Cando saímos da escola facía frío e o primeiro que tivemos que facer é subir unha costa. Parecía que o día non ía ser divertido, pero todo o contrario pasámolo moi ben.

Acompañounos Álvaro que foi moi simpático e bo con nós. Ensinounos moitas cousas que non sabiamos das árbores, das plantas, dos animais que atopamos no camiño e explicounos cousas moi interesantes dos restos dos muíños que fomos atopando.

Gustáronnos moito as súas explicacións e el foi moi amable, e iso que o volvemos tolo con tanta pregunta!! O que máis nos chamou a atención de toda a saída, foi un campo que vimos cheo de teas de araña, Álvaro explicounos que sempre están aí pero que non as vemos. Ese día vímolas porque había moita humidades e as pingas de auga fan que se vexan. 42


A parte de coñecer todo o monte que nos rodea e as construcións antigas que hai nel e que nós pensabamos que eran pedras vellas, tiñamos a misión de ir recollendo todo o lixo que puideramos para deixar limpo o monte para que todos o puideramos desfrutar, pero por moito que limpamos non fomos capaces de sacar toda a porcallada que había. Mentres camiñabamos atopamos cousas tan curiosas como unha roda de camión, un bote de champú cheo, botellas de cervexa, roupa e ata un chupete. Como puideron chegar alí?

Á metade do camiño xa tiñamos un montón de lixo e cada vez as bolsas pesaban máis. Esperamos que o noso traballo se note e que a xente poida desfrutar do monte coma nós.

No camiño atopamos a varias persoas que estaban facendo o Camiño de Santiago. Parámonos a charlar e contáronnos que lles parecía o noso monte.

43


Á metade do camiño fixemos unha parada para merendar. Paramos xunto a un río. Álvaro levounos a pasear pola súa ribeira, ensinounos as fervenzas, falounos das plantas de dos animais que viven na zona e tamén do lixo que se tira aos ríos e o dano que fai.

Volvemos cansos pero moi contentos porque aprendemos moitas cousas, descubrimos sitios novos e pasamos un tempo moi divertido cos amigos.

Temos que repetila!!! 44


Así o viron @s nen@s

RADIO ESCOLAR Este curso comezamos de novo coa “Radio Escolar”. O CEFORE de Vigo prestounos unha e fixemos os nosos primeiros programiñas, mesmo o alumnado do obradoiro de radio entrevistou a Rosa Aneiros que veu falarnos do seu libro “Xelís, o guieiro das botellas de mar. Tamén Amaia, unha nena de Infantil, entrevistou ao seu avó, Manolo, que ten unha froitería no mercado de Teis. Foi unha mágoz que o COVID-19 truncase os nosos plans porque tiñamos pensado un programa en colaboración con Radio Redondela e “Ponte nas Ondas” que pintaba moi ben. Non pasa nada… o curso que vén xa contaremos con radio propia e poderemos desquitarnos. Todo ha saír ben!

45


Creaciรณn literaria

O REFRANEIRO DE PRIMEIRO

46


Creaciรณn literaria

O REFRANEIRO DE PRIMEIRO

47


Creaciรณn literaria

O REFRANEIRO DE PRIMEIRO

48


Creaciรณn literaria

O REFRANEIRO DE PRIMEIRO

49


Creaciรณn literaria

ENGLISH CORNER

2ยบ Primaria: Clara, Martina, Alex e Julia

Solutions on page50

ECOSYSTEMS

50


Creación literaria

ENGLISH CORNER

Simòn Fernàndez Otero

Yago Lago Vilas

Brais Fernàndez Otero

Xavi e Bruno Alonso

51


Creaciรณn literaria

ENGLISH CORNER

Sara 4ยบ

52


Creaciรณn literaria

ENGLISH CORNER Alumnado de 5ยบ e 6ยบ

53


Creación literaria

ENGLISH CORNER Miguel Vidal Lòpez

Noa Collazo e Noa Blanco

54


Creación literaria

NUBE DE PALABRAS CONFINADAS

Rubén Darriba 5º

XOVES 12 DE MARZO 2020: “QUÉDATE NA CASA” AQUÍ, NA CASIÑA, COMEZOU UNHA NOVA FORMA DE APRENDIZAXE , PARA MESTR@S , PAIS , NAIS E NEN@S, ONDE A TECNOLOXÍA E A REDE FORON AS PROTAGONISTAS PARA UNIRNOS NA DISTANCIA. FORON MESES DE MOITO ESFORZO, PREOCUPACIÓN E AILLAMENTO SOCIAL , PERO TAMÉN APRENDEMOS A VALORAR COUSAS MÁIS SINXELAS, COMO : PLANTAR PATACAS COA MIÑA AVOA , UN BICO , UNHA APERTA , MADRUGAR PARA IR AO COLEXIO , XOGAR COS MEUS COMPAÑEIR@S , VER AOS PROFESOR@S CADA MAÑÁ ,

55


Recuncho científico

SEMENTAMOS LENTELLAS OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 4 ANOS SEMENTAMOS LENTELLAS.

Sementamos...

56


Recuncho científico

SEMENTAMOS LENTELLAS

Regamos...

57


Recuncho científico

SEMENTAMOS LENTELLAS

Regamos...

58


Recuncho científico

SEMENTAMOS LENTELLAS

Agardamos e…

59


Recuncho científico

SEMENTAMOS LENTELLAS

Así quedou

60


Recuncho científico

SEMENTAMOS LENTELLAS

61


Recuncho científico

OS ESTADOS DA AUGA Os estados da auga paso a paso:

Durante a corentena quixemos seguir experimentando, e neste caso, quixemos coñecer en qué estados aparece a auga no planeta.

Como somos moi curiosos, non nos conformamos soamente con iso, senón que quixemos saber o porqué a auga pasa dun estado a outro.

O experimento foi moi sinxelo, só precisamos: auga, un recipiente, un conxelador e paciencia.

Pedro e Adrián, recollérono en fotografía para explicárnolo. 62


Recuncho gastronómico

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Os cursos de 4º e 5º fix er on obradoiros de cociña: “Comida que mete medo” e “Pizzas s a u d a bles!!!” Somos creativ@s!! E ao rematar...

63


Recuncho gastronómico

ALIMENTACIÓN SAUDABLE O PRATO DE HARVARD NA CORENTENA A importancia de comer saudable. Uxía Freire. 5º

Neste curso a clase de 5º estivemos coñecendo a importancia de comer saudable. Estudamos o prato de Harvard, un prato moi san, feito polos expertos en saúde da Universidade privada de Harvard. Os estudos da Universidade de Harvard din que debemos prestar moita atención á comida de cada día asegurándonos que sexa equilibrada, debemos evitar as bebidas azucaradas, como refrescos e zumes, e beber auga ou infusións. Para que unha comida sexa considerada como prato de Harvard debe levar: 1/4 1/4 1/5 1/3

de de de de

hidratos de carbono. proteínas. froitas. verduras.

Tamén e importante manter unha vida activa, facendo exercicio regularmente, para que os nosos corpos estean activos. Na corentena a miña familia e máis eu puxemos en práctica todo o que aprendín no colexio. Así todos os días vía o meu prato é revisaba se as cantidades de cada tipo de alimento eran correctas e se podíamos ou non considerar o menú dese día como prato de Harvard. Ademais de revisar os menús, tamén fixemos ioga case todos os días, e exercicio como bailar, saltar, correr e usar a elíptica.

64


Lembranzas

SOMOS UN EQUIPO!

ACCIÓNS POLO CLIMA. ACCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

CURSO IMPRESIÓN EN 3D DÍA DA MULLER E DÍA DE ROSALÍA

SEMPRE CON BO HUMOR! 65


Lembranzas

AO ALUMNADO DE SEXTO: BO CAMIÑO! A miña experiencia no colexio de Cedeira foi moi boa. Aprendín moitas cousas. Os meus mestres favoritos foron a profe Eva de infantil, o mestre Oscar, a profe Ana Mayor, Mercedes a mestra de inglés, José Luis o meu mestre de música, Elisa, e en xeral levo un moi bo recordo de todos, xa que me axudaron moito a aprender. Grazas a todas e todos os mestres que me deron clase pola súa axuda. Uxía Blanco Balado.

Para min o colexio pasou moi rápido. Botarei moito de menos aos profesor@s e aos amig@s. Gustoume moito ir ao colexio de Cedira porque ademais de aprender fixemos cousas moi divertidasdurante todo o ano. O que non botarei de menos van ser os exames e deberes. Foi unha experiencia moi chula e dame un pouco de mágoa despedir esta etapa dunha maneira distinta e especial por mor dunha pandemia. Noa Blanco Bastos.

Os mellores recordos que me levo do colexio son os profesores e os amigos.Por mala sorte, é un experiencia que xamais poderase repetir. E se me preguntan se me gustaría repetir, sen dubidar diría que si. Breogán Cabaleiro Mouriño.

Lémbrome cando de pequena ía ao baño coas miñas amigas para perder clase e facer trasnadas. Unha vez inundámolo. Pero non todo foron trasnadas. Taméntiven momentos nos que me portei ben e outros moi divertidos. Antía Campo Dopazo.

66


O que máis vou recordar do colexio de Cedeira son os bos momentos cos meus amigos e as excursións. Meus profes favoritos foron Belinda, Ana Mayor e Belén; e o que máis vou botar de menos son as travesuras que fixen cos meus amigos.Hugo Castellano Vázquez.

O que máis me gustou do colexio de Cedeira foron as excursións a lugares novos, as festas do Entroido, Nadal… Os profes que me ensinaron son os mellores profes do mundo! Coñecín a moita xente, amigos e máis. Teo Castellano Vázquez.

Recordo cando pasamos para primeiro de primaria, e o primeiro día, a metade do recreo estivemos no patio dos pequenos, ata que Lucas mais eu lle preguntamos ao director, e nos dixo que xa podiamos estar no patio, e avisamos a todos de que se podía.Este curso foi no que mellor o pasei, porque nos encantaba incumplir as normas, e como éramos os maiores do cole, sempre queriamos facer as mellores cousas porque levábamos desde infantil esperando a ser os maiores para facer as cousas mais divertidas.E agora que nos imos para o instituto sen graduarnos, quérolle dar as grazas a todos os mestres que nos ensinaron. Raúl Castro Martínez.

Aínda que non estivese desde os tres anos no colexio, meu paso polo Ceip Cedeira foi moi bo. Fixen amigos e amigas xeniais. Coñecín a mestres e mestras que me axudaron a aprender. Noa Collazo Otero.

67


A niña anécdota no colexio de Cedeira fo en primeiro co profe Óscar e Tamara. Fixemos medrar unhas plantas metendo unas sementes de lentellas entre algodóns nuns tarros. Foi moi divertivo. Gael Couña-

Lembro o día que fomos de excursión polo río Xabriña, pisamos un niño de avespas e empezáronnos a picar. Un día no patio correndo detrás dunha nena choquei contra unha columna e tivéronme que poñer xeo na esta.Cando era pequena, en educación física metíame debaixo das goteiras, mollábame a cabeza e a mestra berraba comigo. Gustoume moito estar neste colexio xa que é pequeno e nos coñeciamos todos.Agradezo o comportaminto de todos os mestr@s e nen@s que estiveron comigo estes anos. Desexo que a todos as miñas compañeiras e os meus compañeiros lles vaia moi ben. Unha aperta a tod@s.

Este ano foi sen dúbida un dos mellores, xa que fomos os maiores do cole. Unha das miñas mellores lembranzas foi cando cheguei a este colexio e tiña tres anos e unha das peores, cando marchou do colexio o meu mellor amigo Jonas. Pero se hai algo que teño claro e que non puiden ter nin mellores compañeir@s

Este anos no colexio paseino moi ben e desearía pasar un ano máis. O que sempre recordarei é non poder rematar o curso e graduarnos por culpa do covid-19. Silvano Freaza Camiña.

68


Para min a experiencia no colexio foi extraordinaria e dela lévome moi bos recordos, moitísimos amigos e moi bos profes que me ensinaban cousas que non sabía,resolvíanme dúbidas e os amigos fóra do colexio, tamén me facían pasar momentos inesquecibles. E neste confinamento botei a todos moito de menos e tamén todo o do colexio; pero o máis duro vai ser despedirme. Pablo González Mirou.

A mín gustoume moito o colexio.O que máis me gustou do colexio foi estar cos meus amigos.E nunca olvidarei os meus mellores amigos nin os profes que se esforzaron moito sacando o mellor de cada un de nós. Daniela Iglesias Santana.

As miñas profesoras favoritas son Ana Mayor e Belinda. Vou a contar tres cousas graciosas que me aconteceron na escola. Unha é que sen querer, intentando encestar na papeleira unha mazá que se lle caira ao chan ao meu amigo Teo, rompín a fiestra da aula de informática.Lémbrome tamén, dunha vez que na clase de edución física lancei o balón moi forte e dinlle na cabeza a un amigo. Tamén lembro un día en terceiro de primaria no que un neno colleume as miñas canicas. Teño moi boas lembranzas destes anos na escola que xamais esquecerei. Marcos Lago Ochoa.

Cando comecei o colexio non me gustaba nada, pero a medida que me facía maior, gustábame máis porque disfrutaba estando cos meus amigos e as miñas amigas, cas excursións, cos entroidos tan divertidos, e por suposto, o meu día favorito do ano sempre foi o de final de curso. Joel Navas Domínguez. 69


A niña experiencia no cole foi moi boa. Coñecín a moitos amigos cos que xogaba moito no recreo e ás veces na clase. Tamén coñecín a moitos profes que me ensinaron moitas cousas e cos que fomos de excursións. Algunhas diveretidas e outras non tanto.E o malo de todos estes anos no cole foi que non tivemos graduación.Lévome moitos recordas bonitos do cole. Iago Otero Rodríguez.

A miña experiencia no colexio foi inesquecible.Quédome cos bos momentos que pasei cos meus compañeir@s, e cos meus profesor@s. É algo triste marchar do colexio, xa que esta experiencia non se vai volver a repetir. Grazas a todos por marcar un paso inesquecible na miña vida. Noa Ricón Adrover.

O que máis me gustou do colexio foi cando nos íbamos de excursión todos xuntos e cando todos xogabamos no recreo. Roberto Carlos Seoane González.

Eu paseino ben mentres estiven no colexio, pero xa teño ganas de ir ao instituto, aínda que, tamén é verdade, que me gusta estar no colexio; xa que alí estou cos meus amigos desde pequeno,porque no instituto vannos separar. Miguel Vidal López.

70


Profile for ceip.cedeira

REVISTA BATEA 2020  

Advertisement
Advertisement
Advertisement

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded