REVISTA ANUAL DO CEIP PLURILINGÜE DE CEDEIRA Nº33 2024
“DOCE MESES MENOS DOCE”
ÍNDICE
Editorial……..………..…………………….….……..2
Benvida
Así son eu………………...….…..…..…….....…..3
Letras Galegas
Luisa Villalta Gómez……….….….……....…..5
Proxecto “Doce meses menos doce”
Alimentación saudable……………..……....10
Outros proxectos
A escola de monstros…………..….…..……13
Así o viron @s nen@s
Espallar tinta II (1º)………….......................15
Espallar tinta II (4º)…………......................16
O noso patio…….…………....….....……...….20
Semana Steam………………..…..….…….…..24
Corrida do galo…………………….…....…....28
Deporte escolar…………………..……...…....30
Convivencia co centro de día
“Os Cortizos”……………………………...……..31
Creación Literaria
Sr. Eustaquio: biografía dun gecko moi aventureiro…………………..……...…...33
Recuncho lector
Biblioteca: A casa de Tinteiro…….…...37
Biblioteca: Club de lectura………....…..38
Pasatempos
Games and puzzles…………..…...…......39
Lembranzas
Ao alumnado de 6º: Bo camiño!.....41
EDITORIAL
Cada vez máis e mellor.
Durante este curso os proxectos de Polos Creativos fixéronse realidade visible e palpable. Actividades como os recreos creativos “Recreativos”, a “Semana da Ciencia” ou os “Martes Creativos” permitíronlle ao alumnado manexar as ferramentas e materiais deste novidoso recurso.
Na biblioteca escolar seguimos incorporando cada curso máis programas, como foi o caso da Biblioteca Creativa.
Durante o actual curso presumimos na nosa páxina web do distintivo de calidade “Selo de Vida Saudable” concedido a este centro fai menos dun ano polo Ministerio de Educación. Un recoñecemento a un longo período de loita desta comunidade educativa pola vida sa, o deporte, e o coidado do planeta, que unha vez máis trasladamos ao noso proxecto anual “DOCE MESES MENOS DOCE”
Por parte da ANPA, volveu a ser un curso no que mantivemos unha estreita colaboración. Ademais da aportación de axudas aos desprazamentos das saídas e na organización de actividades e eventos; no terceiro trimestre realizaron o pintado da superficie da pista cuberta, coas correspondentes liñas para a práctica de diferentes deportes, o pintado dun circuíto na zona de xogo do recreo de Infantil, a reparación do valado do parque de Infantil, así como moitas outras pequenas reparacións e melloras que se foron facendo realidade no patio da escola.
Seguimos sendo un centro do rural, cun entorno envexable e unha comunidade escolar marabillosa; formamos persoas competentes e responsables que respectan aos demais dende un ensino público de calidade.
Seguimos adiante! Bo verán!
ASÍ SON EU
Como cada ano, preséntase o novo alumnado que chegou ao colexio. “Durante este curso estivemos descubrindo o noso corpo e representando a idea que temos de nós mesmos”.
“A verdade, é moi divertido observarse e debuxarse a un mesmo sobre un papel”.
Ademais, ao longo deste curso, entre as moitas cousas que traballamos e descubrimos, aprendemos a escribir o noso nome, a identificar a nosa inicial e a dos nosos compañeiros e compañeiras.
O resultado foi moi orixinal e colorido. Pero, esperade un momento… Esquecémonos de presentarnos! Eu son:
Letras Galegas
LUISA VILLALTA GÓMEZ
Luísa naceu o 15 de xullo de 1957, na rúa Vila de Laxe, da cidade da Coruña. Era a primoxénita de Rafael Villalta e María del CarmenGómez.
En1974,naUniversidadede Santiago de Compostela matriculouse en Filoloxía Hispánica e rematou os estudos como especialista de Galego-Portugués no ano 1982.
No curso 1967-68 Luísa comezou os seus estudos de bacharelato no instituto coruñés Eusebio da Guarda.
Letras Galegas
LUISA VILLALTA GÓMEZ
En 1980, formou o grupo de música folk instrumental “Escaino”, xunto con Paulino Martínez Pereiro, Xoán Fernán BelloeLuísMartínezPereiro.
Acabou os seus estudos como Titulada Superior en Violín no Conservatorio de Música da Coruña no ano 1983.
Publícase en 1987 “O doído e a morte” Obra de Teatro de Raúl Brandâo con introdución e notas de Luísa Villalta e Carlos Paulo M. Pereiro. Despois de aprobar as oposicións de Lingua e Literatura Galega, o seu primeiro destino foi o instituto de bacharelato Xosé Neira Vilas, de Perillo-Oleiros (A Coruña). En 1989, publica o seu primeiro texto teatral: “ Concerto paraunhomesó”.
ESCAINO
Letras Galegas
LUISA VILLALTA GÓMEZ
En 1989, obtivo o seu segundo destino como docente de Lingua Galega: foi o IES Canido, en Ferrol, noqueestivodurantedouscursos.
Ao ano seguinte publicouse “Monólogos 1”edición con monólogos teatrais de Jenaro Marinhas, Xosé Luís Martínez, Inma A. Souto e Luísa Villalta.
De 1992 a 1994, publicou: “O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral” e “Música reservada”. Un ano despois, en 1995, participou no III Congreso de Escritores Galegos da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), celebrado en Santiago de Compostela, no MuseodoPoboGalego.
O IES Isaac Díaz Pardo, de Sada (A Coruña) foi, en 1991, oseuterceiroeúltimodestino docente. Neste instituto desenvolveu diferentes actividades culturais e exerceu o cargo de xefa do Departamento de Lingua e Literatura Galega. Nese mesmo ano publicou: “O paseo das esfinxes” (Teatro) e “Silencio, ensaiamos”(Narrativa).
Letras Galegas
LUISA VILLALTA GÓMEZ
Participou no homenaxe a Manuel María, organizado pola AS-PG, no TeatroRosalíadeCastrodaCoruña, o 15 de setembro de 1995, ano no que tamén publicaría a obra de poesía“Ruído”.
En 1996, publicouse “Alma de beiramar”, unha obra colectiva en contra da marea negra que destinaba os seus beneficios a prol da Plataforma Nunca máis. Un ano despois, publicaría “Teoría de xogos” nesta novela Luísa narra as sensacións de cincopersonaxesaoatoparsecos cambios sociais dos novos tempos.
Catro obras apareceron en escena entre os anos 1998 e 2001: A obra de teatro “A Mandrágora”, a obra colectiva “Narradoras”, a obra de teatro “Os doce anos da guerra” e a obra de narrativa“Aschavesdotempo”.
Letras Galegas
LUISA VILLALTA GÓMEZ
Entre os anos 2003 e 2004, publicou tres obras: “Infiltrada”. (Ofrenda dos poetas galegos a Palestina de poesía, “Materia prima” (obra colectiva de dezasete autores e autoras galegas entre as que se atopa Luísa Villalta co relato “Máis alá das raíces”) e a obra de poesía “En concreto”.
Luísa Villalta faleceu na madrugada do 6 de marzo de 2004. Os seus restos repousan no cemiterio coruñés de Santo Amaro. A cerimonia relixiosa do enterro deu paso a un acto laico a cargo de escritores e poetas galegos, conpoemasemúsicadeviolín.
A Real Academia Galega, en sesión celebrada o 29 de xuño de 2023, acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa contribución á cultura de Galicia e á Lingua Galega.
Imaxe creada por “Polo correo do Vento” na súa visita ao centro
Proxecto “doce meses menos doce”
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Proxecto “doce meses menos doce”
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Proxecto “doce meses menos doce”
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Outros proxectos
A ESCOLA DE MONSTROS
1º DE PRIMARIA
Este curso fixemos un proxecto sobre os insectos pau, no que aprendemos sobre a súa anatomía, reprodución e cambios ao longo do tempo.
Durante o último trimestre coñecemos Arxentina, grazas á nosa compañeira Olivia e á súa familia.
Estivo xenial compartir aniversarios con merendas saudables: biscoito de mazá, pizza de cabaza , hummus entre outras. Cada mes probamos unha nova receita con ingredientes de tempada. No seguinte QR pódese ver un vídeo recopilatorio.
Outros proxectos
ESCOLA DE MONSTROS
Coñecemos o bosque nas súas diferentes estacións e démonos conta de todo o que cambia. Foi estupendo pasear pola senda da auga cos compañeiros e compañeiras. Neste QR podedes ver o vídeo do cambio do bosque en outono, inverno e primavera.
O contacto coa natureza é unha experiencia marabillosa, na nosa visita ao Vixiador aprendemos a identificar rastros de animais e a identificar pegadas.
ESPALLAR TINTA II
Este curso celebramos a II edición de Espallar tinta. Foi sobre todo unha xornada para compartir na alameda de Redondela as nosas creacións escritas en galego. O noso colexio participou do seguinte xeito con propostas moi variadas e creativas. No seguinte QR pódese ver un vídeo recopilatorio.
Así o viron @s nen@s
ESPALLAR TINTA II
Un ano máis tivemos o pracer de participar na segunda edición de “Espallar tinta“, onde o alumnado de diversos centros do Concello de Redondela compartiron unhas xornadas na Alameda para mostrar as súas diferentes creacións literarias que traballaron nas aulas.
Foron varias xornadas de convivencia e participación de alumnado, profesorado e familias, onde gozamos da literatura.
ESPALLAR TINTA II
PREPARANDO AS CREACIÓNS
Os alumnos e alumnas de 4º EP preparamos na aula uns tinteiros xigantes, que compartimos co resto de alumnado do centro, onde, entre todos e todas, escribimos unhas verbas en galego relacionadas con este evento.
Por outra banda, preparamos unhas sopas de letras, onde quedaron agochadas algunhas palabras, para que os visitantes a “Espallar tinta” puideran atopalas.
ESPALLAR TINTA II
UN CONTO COLABORATIVO “A VIDA INFINITA”
Os alumnos e alumnas de 4º escribimos un conto colaborativo con axuda dos “cubes history”. Cada alumno ou alumna escribiu unha parte e pasaba o conto a outr@ compañeir@, quedando unha historia moi interesante, cunha gran cantidade de xiros inesperados.
TINTEIRO DIARIO
Na aula coñecemos a Gianni Rodari, un escritor, pedagogo e xornalista italiano, especialista en literatura infantil e xuvenil, que divulgou unha nova pedagoxía.
Entre as súas técnicas de escritura creativa atopamos os titulares imposibles. Consiste en crear noticias ficcionadas a partir de titulares absurdos.
O alumnado, por equipos, colleu parte de varios titulares para formar un novo e converterse así en verdadeiros xornalistas, que achegaron a Espallar Tinta unhas autenticas noticias tolas!
Parabéns rapazaserapacespolovosotraballo!
ESPALLAR TINTA II
Por grupos, os alumnos e alumnas de 4º de primaria creamos diversos contos, que expuxemos e lemos a tódolos asistentes. Cada grupo escolleu a súa forma de presentación: libros tamaño A4, A5 e ata un Kamishibai.
Por outra banda, algúns dos alumnos sacaron o seu lado máis creativo e sorprenderonnos cunhas marabillosas criaturas fantásticas, facendo uso da imaxinación e a descrición para obter uns animais con calidades moi interesantes.
Facendo uso de materiais de refugallo conseguiron darlle vida e mostrar a tod@s as maquetas destas criaturas, poñendo un punto de cor ao seu traballo. Así o viron @s nen@s
O NOSO PATIO
OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
DESFRUTAMOS MOITO NO PATIO
O NOSO PATIO
O NOSO PATIO
O NOSO PATIO
SEMANA STEAM
Un ano máis puidemos desfrutar dunha semana dedicada á ciencia no noso cole, e presentarlle aos compañeiros, compañeiras e familias os nosos traballos sobre experimentos relacionadoscocorpohumano. Desta forma comentabamos os coñecementos adquiridos sobre o funcionamento do cerebro e as súas partes.
EXPERIMENTO 1: COMO NOS SINCRONIZAMOS?
Neste experimento comprobamos como o noso cerebro sincroniza os movementos no mesmo sentido nas extremidades pero que cando queremos facer ao mesmo tempo movementos en sentido contrario nunha extremidade superior e nunha inferior debemos concentrarnos moito.
EXPERIMENTO 2: FRÍO OU CALOR?
O noso maior órgano é o da pel, polo cal percibimos o sentido do tacto. Desta forma metemos unha man nun recipiente con auga fría e a outra en auga quente durante un tempo e cando as sacamos metémolas á vez noutro recipiente con auga do tempo e notamos a diferenza que hai de temperatura e vemos como a través do tacto esta se regula.
SEMANA STEAM
EXPERIMENTO 3: A QUÉ SABE?
A través da lingua recoñecemos 5 sabores básicos: amargo, doce, salgado, umami e ácedo. Así que, decidimos comprobar se os nosos compañeiros e compañeiras eran capaces de distinguilos bebendo un poucodecadavasodeauga.
EXPERIMENTO 4: SOMOS DETECTIVES. Converternos en detectives foi tan doado como ter papel de calco, crema hidratante e deixar a pegada nun vaso de cristal. Despois botaremos por enriba pos de talco capturaremos a pegada con fixo e traspasarémola a unha cartolina negra, observando así a pegada obtida.
SEMANA STEAM
EXPERIMENTO 5: QUÉ ACONTECE NA DIXESTIÓN?
O noso intestino produce ácedos para disolver os alimentos que hai nel e ao mesmo tempo axudarnos a facer a dixestión. Por este motivo, para comprobalo, dentro dun globo untado con aceite metemos un pouco de avea e vinagre, pechamos e imos vendo como a medida que o tocamos a avea desfaise polo ph ácedo do vinagreevaiseinflandooglobo.
SEMANA STEAM
Encantounos poder realizar estes experimentos xunto co resto de alumnos e alumnas do colexio. Ao mesmo tempo eles tamén nos amosaron os seus. Estamos desexando que para o curso que vén comece de novo esta semana de experimentos, que seráxaoquintoano!
CORRIDA DO GALO
O ALUMNADO DE 5º RECUPERA A TADICIONAL “CORRIDA DO GALO”
No Entroido deste ano 2024 quixemos recuperar a tradicional “Corrida do galo” que se fixo durante moitos anos na parroquia de Cedeira. Como moi ben explicaron familiares, amigos e veciños do alumnado de 5º, consistía en que os mozos e mozas da parroquia construían unha andia na que poñían unha especie de gaiola e, metido dentro, ía un galo. Este animal era doado por un veciño ou veciña e a rapazada levábao por todas as casas para rífalo. Co que racadaban mercaban cousas ( roupa ou zapatos, nos tempos antigos en que andaban remendados) ou facían unha merenda para todos. Como nos contaron, o divertido era quedar toda a noite facendo a andia e levala ao día seguinte polos camiños para rifar o galo.
CORRIDA DO GALO
Foi un bonito traballo de investigación porque deu pé a que a xente lembrase estes costumes antigos e os contase, co cal, o alumnado representou esta corrida do galo, no desfile de Entroido que fixemos no colexio, vestidos como naqueles tempos. Tamén fixemos coplas que cantamos durante o percorrido; cando rifamos o galo (que lle tocou a Antón de EI) recadamos 57€, que pensamos doar a un refuxio de animais, porque non nos gusta que os maltraten.
Aprendemos un montón con esta actividade. Ademais fixemos un vídeo explicativo que intercambiamos co colexio Amaro Refojo, de Laza, no que está a profe Belinda, unha mestra que estivo hai algúns anos aquí en Cedeira e que nos mandou un vídeo sobre o Entroido nesta famosa vila ourensá.
DEPORTE ESCOLAR
Dende a área de Educación Física preténdese brindar aos escolares a posibilidade de practicar e competir con clubs e colexios da nosa comunidade. A finalidade é fomentar e estender o deporte educativo e saudable dende as idades máis temperás.
O alumnado de primaria participou nunhas masterclass de baloncesto co Clube Baloncesto Redondela.
Tamén participou o alumnado de 5º e 6º curso no programa Xogade na modalidade de campo a través.
CONVIVENCIA CO CENTRO “OS CORTIZOS”
O venres 21 de xuño, último dia do curso, recibimos a visita dos usuarios e usuarias do Centro de Día “ Os Cortizos”.
Fixeron biscoitos en tres minutos, dous programas de radio, manteis, origami e magnéticos… unha chea de cousas!
Con eles e con elas compartimos unha mañá de obradoiros colaborativos entre o alumnado e os maiores.
Foi unha mañá de convivencia moi emotiva e moi ben valorada por ambas entidades e que queremos repetir o vindeiro curso. Grazas a todos e a todas!
CONVIVENCIA CO CENTRO “OS CORTIZOS”
SR. EUSTAQUIO: BIOGRAFÍA DUN GECKO MOI AVENTUREIRO
O alumnado do curso de 5º EP elaborou un relato colaborativo titulado “Sr. Eustaquio: biografía dun gecko moi aventureiro”.
Todo comezou cando Cándido, o pai de Ángel, atopou no seu traballo unha pequena salamanquesa, que adoptamos para que non morrese entón empezamos a imaxinar como sería a súa vida ata chegar aquí: de onde viña..., como era a súa familia..., como fixo para chegar aquí..., que pasou unha vez que chegou, etc.
Todo iso deu lugar a un bonito relato no que todos e todas nos vimos involucrados e no que cadaquén atopou o seu espazo para escribir, debuxar, facer presentacións en Canva, empregar QR
Así que, este traballo presentámolo no certame de Espallar Tinta e despois ao concurso de relatos do Museo Liste. O noso traballo viuse recompensado co 1º Premio na categoría de 5º/6º de Primaria. Como desfrutamos!
Recuncho lector
BIBLIOTECA:A CASA DE TINTEIRO
Este curso escolar a biblioteca tentou ser unha biblioteca máis accesible e inclusiva, por iso decidimos cambiar a cartelería identificativa dos libros e ordenalos de xeito máis significativo para todo o alumando.
Seguimos cos obradoiros coas familias cunha alta participación das mesmas. Neste qr pódese ver un vídeo resumo de tódolos obradoiros.
Incorporamos novos xogos e unha mesa lego para poder dar renda solta a nosa creatividade.
Recuncho lector
BIBLIOTECA: CLUB DE LECTURA
O club de lectura continuou con moita forza, facendo vistas e contando coa presenza de ilustradoras como Xulia Pisón.
GAMES AND PUZZLES
GAMES AND PUZZLES
AO ALUMNADO DE 6º: BO CAMIÑO!
Sempre recordarei as excursións á praia, as manualidades do Plan Madruga, as actuacións de infantil, aos mestres e aos meus amigos. Recordo cando xogabamos a maquillarmonos e facer peiteados en infantil. Grazas a Ana Mayor, Patri, Helena, Arturo, Maribel, Belén, José Luís, Nayi... Dáme moita mágoa irme, xamais os esquecerei.
No colexio de Cedeira paseino moi ben. Botarei de menos todas as excursións, as actuacións, as festas de fin de curso e, sobre todo, as merendolas que faciamos.
Recordo en infantil pelexarnos polos patinetes e faciamos comidas con follas para que o noso amigo Telmo as probara..
Tamén botarei de menos a todos os mestres: Helena, Patricia, Ana Mayor, Artur o, José Luí s... As clases de ximnasia de Belén, as merendolas de Ana Mayor, cando Arturo nos poñía cancións pola mañá...
E sobre todo botarei de menos a Maribel. Grazas Maribel por tentar que comésemos a asquerosa comida do comedor.
Martina Dacosta
Quero agradecer á profe Laura por apoiarme nos malos momentos. Grazas tamén a Álex e ao mestre Arturo polas clases de matemáticas que se alongaban tanto e que poñían a Martina e Eva Boullosa dos nervios.
Lembrarei sempre as risas na clase de inglés, a excursión á praia cando Bran transformouse en serea ou cando o señor do chiringo toleu con tanto neno pedindo ao mesmo tempo.
Quedará sempre un recordo meu no cole de Cedeira: o balón pinchado que podedes ver no teito do pavillón.Gracias ao profe José Luís pola súa paciencia, cando nos pedía que non deramos no tellado do pavillón e non lle faciamos moito caso. Tampouco esquecerei a libreta de operacións da profe Ana Mayor. Sempre lembrarei o meu colexio.
Brais Fernández
Inés Migueles
Ola, son Rita!
AO ALUMNADO DE 6º: BO CAMIÑO!
Ola, son Cristian: Este é o mellor colexio do mundo porque o profe Arturo é o mellor do cole. Deixábanos xogar na hora libre a todo o que queriamos como a xogos Poki.
En infantil gustábame xogar cos patinetes e coa area no areeiro.
Cristian Álvarez
No colexio paseino xenial. Recordo en infantil cando xogabamos á Patrulla Canina e a Peppa Pig.
Vou botar de menos a todos os profes: as cancións que nos poñía Arturo, as clases de Naiara, os xogos de Belén, as merendolas de Ana Mayor,...
Tamén botarei de menos a Maribel que nos peinaba todos os días.
Nunca esquecerei todas as saídas e excursións.
Rita Queimaliños
Lembrarei estes nove anos por tantos recordos que xamais esquecerei: as pelexas polos patinetes, o tempo do patio, os castelos de area, a excursión a Cangas, cando fomos facer pan, ao Mosteiro de Carvoeiro... Tantos recordos... todos os boísimos profesores: Arturo, Elena, Anabel, Helena, Mercedes, o mestre Chema, Patri, Jose Luís, Manuel, Diego, Belén, Laura, Naiara,... Os romances de Arturo e Naiara, cando poñiamos cancións pola mañá, cando non quería admitir os seus favoritos, … Pero o que recordarei con máis agarimo é o Plan Madruga: os bailes, as manualidades, as merendolas dos venres,...
Nunca esquecerei o cole de Cedeira.
Eva Boullosa
AO ALUMNADO DE 6º: BO CAMIÑO!
Quero dar as grazas á profe Laura por todo o seu traballo para axudarnos; ainda que a súa clase é moi pequena, pasámolo moi ben e rimos moito.
Un momento gracioso que lembro foi cando á profe de inglés lle caían todas as cousas.
Botarei de menos a todos os mestres.
Moitas grazas, Cedeira!
Simón Fernández
Dos catro anos que botei neste cole o que máis me gustou foron as pachangas de fútbol e a asignatura de Educación física.
Nunca esquecerei a excursión á praia e tampouco esquecerei a mala comida do comedor.
Quérolle dar as grazas aos mestres que me axudaron a mellorar a miña vida.
Hugo Lorenzo
O mellor de todo foron as saídas de fin de curso. Non vou botar de menos o comedor, que era e seguirá sendo o peor.
Quitando iso, estes nove anos foron bastante ben con Helena ( en Infantil), Patricia (1º e 2º), Ana Mayor (3º e 4º) e Arturo (5º e 6º).
Botarei de menos as pachangas no recreo. E o mellor ano de english en 5º con Naiara.
Ata algún día.
AO ALUMNADO DE 6º: BO CAMIÑO!
Non podo crer que nun sólo ano pasara tantos bos momentos cos profes e cos meus compañeiros. Lembrarei os partidos de fútbol do recreo e as “broncas” do mestre Arturo.
Grazas aos profes e aos meus compañeiros por todos estes bonitos momentos.
Samuel Pérez
Estar todos estes anos no colexio de Cedeira foron para mín unha experiencia inesquecible e moi bonita. Gustaríame agradecer a todos os meus compañeiros, cos que pasei momentos moi felices e tamén aos profes que sempre me apoiaron.
Encantáronme as excursións, as festas, os recreos... Acórdome de todos os momentos que nunca olvidarei, en infantil, xogando aos papás e mamás, facendo castelos de area, en primaria, cando xogabamos todos xuntos no recreo, canda faciamos experimentos,...
Sempre lembrarei a Maribel, a monitora do comedor que sempre nos facía comer a comida.
Parece mentira que pasaran 9 anos xa, dame moita pena ter que deixar o cole de Cedeira. Esta etapa sempre quedará gravada na miña mente. Daniela
Ola, son Yago:
Non podo crer que teñan pasado 9 anos desde que entrei no colexio. Lembrarei especialmente os partidos de fútbol do recreo e cando en infantil xogabamos a “Patrulla Canina”.
Yago Lago
AO ALUMNADO DE 6º: BO CAMIÑO!
Ola, son Telmo: Eu recordo todos os momentos, os bos e os malos. Lembro os partidos de fútbol do recereo, aquela saída á praia que xogamos un montón coa area e na auga.
Quero darlle as grazas a Helena, Arturo, Jose Luís e María José; tamén aos meus compañeiros.
Ciao Cedeira
Recordo que en infantil pasabámolo xenial, colliamos os patinetes e faciamos circuítos e caravanas nas que pasabamos gran parte do recreo. Tamén xogabamos a facer comidiñas aos bonecos con follas ou pedras.
Tamén me gustába moito cando o mestre Arturo nos poñía música polas mañás, sobre todo a canción: “Lo mal que estoy y lo poco que me quejo”, que a todos nos gustaba moito.
Encantábame nas clases de Educación física facer bailes e logo ensinalos a toda a clase, era moi divertido.
Nunca esquecerei todos os bos momentos que pasei cos meus profesores, nin todos os amigos e amigas que fixen.
Clara Pérez
Lembro cando estabamos en infantil, cando faciamos as saídas e todas as cousas que fixemos. Lembro, tamén, a todos os profes boísimos e boísimas que estiveron sempre ao meu lado e aos meus amigos. Espero que non cambien o cole tanto para que cando eu volva poder recordalo.
Bran Gesteira.
Telmo Cabaleiro
AO ALUMNADO DE 6º: BO CAMIÑO!
Do cole de Cedeira lembrarei as saídas que fixemos, os xogos en infantil, coas carretillas, no areeiro, as carreiras cos patinetes,…
Quero darlle as gracias aos compañeiros e aos mestres que tiven estes anos que me axudaron moito.
No colexio vivín moitas cousas:
Recordo as clases da miña asignatura favorita tan ben coma as clases da que máis detesto.
Botarei en falta as entretidas cancións que Arturo nos poñía.
Recordaderi a comida do comedor no que facía toda clase de trucos para que parecera que tiña comido algo.
Ademais agradézolle a Laura e a Arturo que fixeran clases tan entretidas
E, por último, quero agradecerlle ao cole todo o que me deu: amigos, educación, ledicia, bondade,...
Álex Jaso
Víctor Freaza
AO ALUMNADO DE 6º: BO CAMIÑO!
Ola, son Eva Méndez e paseino moi ben nestes nove anos no cole. Os momentos que nunca esquecerei son as excursións: a Silleda, a Cangas,...
Tamén cando xogabamos en infantil cos patinetes e as carretillas, no areeiro,...
Tamén lembrarei aos profes e aos meus compañeiros, paseino moi ben con eles.
Eva Méndez
Eu lembro do cole que o meu mestre sempre anda a dicir que me salvou a vida nunha ponte, porque eu tiña vértigo; eu contestáballe que él empurrárame e caín polas escaleiras. Ámbalasdúas cousas eran broma, por suposto, e era divertido.
Polo demais, agradecerlle aos meus compañeiros que fixeran que o pasara tan ben desde que estou neste cole, as carreiras cos patinetes en infantil, os bailes e cancións, as saídas…
Julia Pérez
Dale vida a los sueños que alimentan el alma, no los confundas nunca con realidades vanas.
Y aunque tu mente sienta necesidad, humana, de conseguir las metas y de escalar montañas, nunca rompas tus sueños, porque matas el alma.
Dale vida a tus sueños aunque te llamen loco.
No los dejes que mueran de hastío, poco a poco.
No les rompas las alas, que son de fantasía, y déjalos que vuelen contigo en compañía.