
1 minute read
Autobiografía dunha década Recuncho científico
from BATEA 2021
by ceip.cedeira
Creación literaria AUTOBIOGRAFÍA DUNHA DÉCADA
Nunha biogra a, o autor narra a vida dun personaxe empregando, en moitos casos, unha gran variedade de documentos. Non obstante, unha autobiogra a baséase principalmente na memoria do escritor ou escritora e iso ás veces é algo máis complicado.
Advertisement
Ben, pois non foi nada doado contar en menos dunha páxina o máis importante que recordamos dos primeiros dez anos da nosa vida, pero foi moi interesante e axudounos a coñecernos máis e tamén aos nosos compañeiros e compañeiras.
Agora sabemos quen berraba moito ou quen se aproveitou da súa condición de irmán pequeno para saírse coa súa. Tamén sabemos quen pasou o seu primeiro Nadal no hospital, iso si, coa visita do equipo do Celta ou quen andou en bicicleta case antes de saber camiñar. Hai quen comía xamón en segredo ou quen ría a cachón cando caían as torres de construción. Hai cantantes e bailaríns e tamén os que non deixaron de comer e, por suposto, que ten a marca dun golpe dende moi pequena ... En fin, unha década de experiencias.















ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º PRIMARIA