3 minute read

O baile de pixamas de 5º

Next Article
Centro Graduado

Centro Graduado

20 de novembro, día Internacional do Neno e 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

No ano 2002, o cantante, actor e embaixador de Unicef Ricky Martin fundou a Ricky Martin Foundation e creou o proxecto People for Children para loitar contra o tráfico e a explotación sexual infantil. Por iso, para conmemorar o Día Internacional do Neno (20 de novembro) e o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), a clase de 5º de Ed. Primaria do C.E.I.P. de Cedeira fixemos un baile dunha canción de Ricky Martin e Maluma que podedes ver no canal de YouTube do cole.

Advertisement

Tamén estivemos facendo bolboretas con cera derretida para participar na iniciativa do Concello de Redondela de encher as fiestras de bolboretas. Pero iso non foi todo. As nenas e nenos tiñan un desexo, una tolemia, un capricho,… Querían vir ao cole en pixama! E como o seu mestre tiña ganas de agasallalos polo Día do Neno por seren tan bos alumnos e alumnas, aquilo acabou nun incrible BAILE DE PIXAMAS!!! Así no lo contan elas.

O día do neno foi moi divertido. Encantoume vir en pixama e facer o baile cos meus compañeiros. Cada un viu cun pixama, un boneco e algúns con zapatillas. Pasamos moitas clases practicando, pero mereceu a pena. Foi unha experiencia que nunca esquecerei deste curso.

Paula

A miña experiencia do día do neno foi moi divertida. Sobre todo encantoume vir ao colexio en pixama, facer un baile cos meus compañeiros e bailar e cantar cancións ao final da mañá. Agardo que se volva a repetir. Naia

Para min, o Día do Neno foi una experiencia inesquecible en tódolos sentidos. En primeiro lugar, o noso profe fixo realidade un soño que todos os nenos temos, e nós puidémolo cumprir: ir ao cole en pixama. Fixemos un baile coa canción “No se me quita”, trouxemos peluches ao cole, etc. Un curso diferente pero igualmente ESPECIAL.

Mélani

O día do neno foi o 20 de novembro, un día moi divertido. Fixemos bailes, xogamos e moitas cousas mais. A miña clase viñemos en pixama e nós bailamos o noso baile inventado. Tamén fixemos debuxos e frases para os dereitos dos nenos. Paseino moi ben.

Elena

Para min foi moi divertido, xa que ese día viñemos todos os nenos e nenas da miña clase en pixama. Tamén fixemos un baile coa canción de “No se me quita” de Ricki Martin e Maluma. Nese vídeo, ademais de bailar, saímos dicindo unhas frases sobre os dereitos do neno e a violencia contra a muller. Candela

O PATIO DE CEDEIRA É PARTICULAR

ESTE CURSO TAN ESPECIAL NON PUIDEMOS DISFRUTAR DO RECREO COMO ESTABAMOS ACOSTUMADOS. SEPARADOS UNS DOS OUTROS, SEN BICIS NIN CARRETILLAS, AO PRINCIPIO FOI ALGO ABURRIDO PERO DESPOIS....

DÉMONOS CONTA DE QUE O NOSO PATIO TIÑA RECUNCHOS INEXPLORADOS, HABITANTES DESCOÑECIDOS, PEQUENOS TESOUROS E MOITAS POSIBILIDADES DE DIVERSIÓN AGARDANDO POR NÓS.

O PATIO DE CEDEIRA É PARTICULAR

COMEZAMOS A DISFRUTAR COS PAUS, AS PEDRIÑAS, AS FOLLAS...

ATOPAMOS SERES DIMINUTOS QUE VIVEN AQUÍ AGOCHADOS.

O PATIO DE CEDEIRA É PARTICULAR

RECOLLEMOS MOREAS DE CARACOIS E FIXEMOS CARREIRAS CON ELES.

DESCUBRIMOS NOVOS XOGOS CON ELEMENTOS DO CAMPO E DO PATIO.

Así o viron @s nen@s O PATIO DE CEDEIRA É PARTICULAR

PLANTAMOS LANDRAS E MEDRARON CARBALLOS !!!

LEMOS CONTOS

O PATIO DE CEDEIRA É PARTICULAR

XOGAMOS A CANTAR O MAIO, SIN MAIO

E RE-

O PATIO DE CEDEIRA É PARTICULAR

ABRAZÁMONOS PARA CELEBRAR A AMIZADE

E CANSOS XA DE TANTA TROULA, DEITAMONOS A DESCANSAR.

This article is from: