REVISTA BATEA 2020

Page 66

Lembranzas

AO ALUMNADO DE SEXTO: BO CAMIÑO! A miña experiencia no colexio de Cedeira foi moi boa. Aprendín moitas cousas. Os meus mestres favoritos foron a profe Eva de infantil, o mestre Oscar, a profe Ana Mayor, Mercedes a mestra de inglés, José Luis o meu mestre de música, Elisa, e en xeral levo un moi bo recordo de todos, xa que me axudaron moito a aprender. Grazas a todas e todos os mestres que me deron clase pola súa axuda. Uxía Blanco Balado.

Para min o colexio pasou moi rápido. Botarei moito de menos aos profesor@s e aos amig@s. Gustoume moito ir ao colexio de Cedira porque ademais de aprender fixemos cousas moi divertidasdurante todo o ano. O que non botarei de menos van ser os exames e deberes. Foi unha experiencia moi chula e dame un pouco de mágoa despedir esta etapa dunha maneira distinta e especial por mor dunha pandemia. Noa Blanco Bastos.

Os mellores recordos que me levo do colexio son os profesores e os amigos.Por mala sorte, é un experiencia que xamais poderase repetir. E se me preguntan se me gustaría repetir, sen dubidar diría que si. Breogán Cabaleiro Mouriño.

Lémbrome cando de pequena ía ao baño coas miñas amigas para perder clase e facer trasnadas. Unha vez inundámolo. Pero non todo foron trasnadas. Taméntiven momentos nos que me portei ben e outros moi divertidos. Antía Campo Dopazo.

66


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
REVISTA BATEA 2020 by ceip.cedeira - Issuu