
1 minute read
Radio escolar
from REVISTA BATEA 2020
by ceip.cedeira
Así o viron @s nen@s RADIO ESCOLAR
Este curso comezamos de novo coa “Radio Escolar”. O CEFORE de Vigo prestounos unha e fixemos os nosos primeiros programiñas, mesmo o alumnado do obradoiro de radio entrevistou a Rosa Aneiros que veu falarnos do seu libro “Xelís, o guieiro das botellas de mar. Tamén Amaia, unha nena de Infantil, entrevistou ao seu avó, Manolo, que ten unha froitería no mercado de Teis. Foi unha mágoz que o COVID-19 truncase os nosos plans porque tiñamos pensado un programa en colaboración con Radio Redondela e “Ponte nas Ondas” que pintaba moi ben. Non pasa nada… o curso que vén xa contaremos con radio propia e poderemos desquitarnos. Todo ha saír ben!
Advertisement



