1 minute read

Titiritieiros por un día

Next Article
Ao alumnado de 6º

Ao alumnado de 6º

Así o viron @s nen@s TITIRITEIROS POR UN DÍA

O Festival Internacional de Títeres de Redondela é un dos eventos que sempre espera a rapazada da contorna con moita ilusión. A mediados do mes de maio as rúas, prazas e xardíns de Redondela énchense de maxia e fantasía. Malia que as datas habituais do Festival son en maio, nesta ocasión, a asociación “Xente Titiriteira” viuse na obriga de mudar de data a setembro, por mor da pandemia do COVID-19.

Advertisement

Asemade, na semana do 18 de maio, os nenos e nenas de 2º de Primaria do CEIP de Cedeira, confinados nas súas casas, lembraban e facían unha homenaxe a este Festival. Cada un deles creou o seu títere seguindo a idea do titorial da súa mestra, colgado na web do colexio, como reto semanal.

Así o viron @s nen@s TITIRITEIROS POR UN DÍA

Para a elaboración dos títeres empregaron materiais de refugallo como rolos de papel hixiénico, tapóns… e toda a súa creatividade e orixinalidade.

Ademais, os títeres foron presentados por cada un dos seus creadores nunha das videoconferencias semanais que organizaba a súa mestra co grupo-clase. Resultou unha actividade moi participativa e creativa entre os compañeiros/as. Os nenos e nenas de 2º disfrutaron moito dela.

This article is from: