
4 minute read
Falando coas autoras
from REVISTA BATEA 2020
by ceip.cedeira
Así o viron @s nen@s FALANDO COAS AUTORAS

Advertisement



O itinerario lector deste curso contou con dous libros de lectura para 5º e 6º que foron: “Escarlatina, a cociñeira defunta” de Ledicia Costas e “Xelís, o guieiro das botellas de mar” de Rosa Aneiros. Tivemos a oportunidade de falar coas dúas, unha de forma presencial e outra a través de videoconferencia.


Así o viron @s nen@s SAÍDAS: DO TEATRO Á RIOUXA
O MÉRCORES 5 DE FEBREIRO TODO O ALUMNADO DE INFANTIL ASISTIMOS Á OBRA “ O LOBO E A LÚA “ NA SEDE DO TEATRO AFUNDACION.

DISFRUTAMOS, COMA SEMPRE, DUN ESPECTÁCULO PENSADO PARA O PÚBLICO INFANTIL E TAMÉN DO INTERIOR DESE EDIFICIO CENTENARIO CONSTRUÍDO POLO ARQUITECTO ANTONO PALACIOS.

Así o viron @s nen@s SAÍDAS: DO TEATRO Á RIOUXA

DESPOIS DE ESTAR BEN ATENTOS,CALADIÑOS E QUIETOS NO TEATRO NECESITABAMOS UN POUCO DE ACCIÓN, POR ISO PARAMOS NO PARQUE DA RIOUXA .
PERO ANTES DE NADA MERENDAMOS , QUE XA ÍA SENDO HORIÑA DE REPOÑER FORZAS.

Así o viron @s nen@s SAÍDAS: DO TEATRO Á RIOUXA

E POR FIN PUIDEMOS FACER O QUE MÁIS NOS GUSTA...
XOGAR XUNTOS ,

Así o viron @s nen@s SAÍDAS: DO TEATRO Á RIOUXA
FACER ALGO DE EXERCICIO
E ATA HOUBO TEMPO PARA COLLER FLORES.

FOI UN DÍA BEN COMPLETO !!

Así o viron @s nen@s SAÍDAS: ROTEIRO MONTES DE CEDEIRA
A última semana de febreiro os nenos e nenas de 3º e 4º fixemos unha andaina polo monte de Cedeira.
Cando saímos da escola facía frío e o primeiro que tivemos que facer é subir unha costa. Parecía que o día non ía ser divertido, pero todo o contrario pasámolo moi ben.



Acompañounos Álvaro que foi moi simpático e bo con nós. Ensinounos moitas cousas que non sabiamos das árbores, das plantas, dos animais que atopamos no camiño e explicounos cousas moi interesantes dos restos dos muíños que fomos atopando.
Gustáronnos moito as súas explicacións e el foi moi amable, e iso que o volvemos tolo con tanta pregunta!!

O que máis nos chamou a atención de toda a saída, foi un campo que vimos cheo de teas de araña, Álvaro explicounos que sempre están aí pero que non as vemos. Ese día vímolas porque había moita humidades e as pingas de auga fan que se vexan.
A parte de coñecer todo o monte que nos rodea e as construcións antigas que hai nel e que nós pensabamos que eran pedras vellas, tiñamos a misión de ir recollendo todo o lixo que puideramos para deixar limpo o monte para que todos o puideramos desfrutar, pero por moito que limpamos non fomos capaces de sacar toda a porcallada que había.
Mentres camiñabamos atopamos cousas tan curiosas como unha roda de camión, un bote de champú cheo, botellas de cervexa, roupa e ata un chupete. Como puideron chegar alí?


Á metade do camiño xa tiñamos un montón de lixo e cada vez as bolsas pesaban máis. Esperamos que o noso traballo se note e que a xente poida desfrutar do monte coma nós.



No camiño atopamos a varias persoas que estaban facendo o Camiño de Santiago. Parámonos a charlar e contáronnos que lles parecía o noso monte.


Paramos xunto a un río. Álvaro levounos a pasear pola súa ribeira, ensinounos as fervenzas, falounos das plantas de dos animais que viven na zona e tamén do lixo que se tira aos ríos e o dano que fai.

Volvemos cansos pero moi contentos porque aprendemos moitas cousas, descubrimos sitios novos e pasamos un tempo moi divertido cos amigos.