
1 minute read
Sanandresiños
from REVISTA BATEA 2020
by ceip.cedeira
Así o viron @s nen@s SOMOS CREATIV@S
OS SANANDRESIÑOS DA CORENTENA
Advertisement
Aprendemos das tradicións galegas.
Xabi Fdez. (5º curso)
Os “sanandresiños” son fetiches fabricados en San Andrés de Teixido. Trátase duns amuletos de miolo de pan que reproducen distintas figuras vencelladas a San Andrés.
Cada unha delas simboliza un ámbito en particular no quen o posúa, quere conseguir o éxito.
Nós fixémolos con pasta de sal que se fai con fariña, auga e sal; déixase repousar, moldéanse segundo as figuras e despois fornéase e déixase 3 horas a baixa temperatura. Ao final, píntanse.

Cóntase que San Andrés, un dos doce apóstolos, chegou navegando ata os cantís da zona onde envorcou a súa embarcación, quedando esta convertida nunha gran pedra que agora ten o nome de "A barca de San Andrés".
A lenda di que ninguén lle prestou axuda, pero recibiu de Deus a promesa de que tería un santuario e unha romaría, aos que, vivos ou mortos, acudirían todos os mortais.

San Andrés de Teixido: un santuario máxico. Di o refrán galego: A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.


