1 minute read

Editorial

Editorial....................................………..…….2 Benvida………….…………...…….………………...3 Letras Galegas Ricardo Carvalho Calero…………………..11 Proxecto “Realimentaxe” Proxecto realimentaxe……………………..14 Alimenta a túa lingua: retos…………….17 Educación Física–Dieta saudable…...21 Así o viron @s nen@s Educación Responsable.......................23 Centros de Nadal ..................................24 Robótica ..................................................25 Celebracións e conmemoracións…...26 Obradoiros de Igualdade....................28 Titiritieiros por un día ...........................30 Autoretratos ...........................................32 Festa dos Maios.....................................34 Sanandresiños........................................36 Falando coas autoras...........................37 Saídas………………………………….…………….35 Radio escolar..........................................45 Creación literaria Refraneiro de primeiro ........................46 English corner ........................................50 Nube de palabras confinadas............55 Recuncho científico Sementamos lentellas ..........................56 Os estados da auga..............................62 Recuncho gastronómico Alimentación saudable ........................63 Lembranzas Somos un equipo..................................65 Ao alumnado de 6º..............................66

Un curso para nos esquecer.

Advertisement

Este curso 2019-2020 foi especial. Todo comezou coma sempre, os primeiros días cheos de ilusión e novidade: as nenas e os nenos saudábanse, corrían e berraban; estreaban material novo, algúns cambiaban de aula, outras de titora… daba gusto ver o patio bulideiro. Polo Nadal, como manda a tradición, cantamos panxoliñas, fixemos festa, adornos, postais e na Noitevella de cada casa, cadaquén desexoulle aos seus un Feliz Aninovo e, se cadra pediu un ou varios desexos imposibles.

Pero chegamos ao novo ano e había rumores que chegaban de China e camiñaban vizosos polo mundo. Os rumores acabaron nunha pandemia e, dun día para o outro, sen avisar, fíxose realidade nas nosas vidas; o 15 de marzo quedaron suspendidas as clases presenciais nos centros educativos de toda España. Chámase Covid-19 e veu para quedar. Aínda que no primeiro momento foi soamente por dúas semanas, o estado de alarma prorrogouse ata o 21 de xuño e o alumnado xa non volveu ás clases. Isto fixo que case todas as actividades programadas para o terceiro trimestre non se puideran levar a cabo e quedaron moitas cousas pendentes. Pero entre todos e todas conseguimos continuar co curso escolar, seguindo instrucións, buscando solucións, aportando ideas, pedindo colaboración e recibindo propostas. Non foi doado, botamos de menos o contacto persoal, a fala directa, os risos en grupo e saír á rúa, iso si que foi duro, quedar na casa para que todo saise ben.

Moitas cousas cambiaron pero nós seguimos adiante. Bo verán!

This article is from: