
7 minute read
Ao alumnado de 6º
from REVISTA BATEA 2020
by ceip.cedeira
Lembranzas AO ALUMNADO DE SEXTO: BO CAMIÑO!
A miña experiencia no colexio de Cedeira foi moi boa. Aprendín moitas cousas. Os meus mestres favoritos foron a profe Eva de infantil, o mestre Oscar, a profe Ana Mayor, Mercedes a mestra
Advertisement
de inglés, José Luis o meu mestre de música, Elisa, e en xeral levo un moi bo recordo de todos, xa que me axudaron moito a aprender. Grazas a todas e todos os mestres que me deron clase pola súa axuda.
Uxía Blanco Balado.
Para min o colexio pasou moi rápido. Botarei moito de menos aos profesor@s e aos amig@s. Gustoume moito ir ao colexio

de Cedira porque ademais de aprender fixemos cousas moi divertidasdurante todo o ano. O que non botarei de menos van ser os exames e deberes. Foi unha experiencia moi chula e dame un pouco de mágoa despedir esta etapa dunha maneira distinta e especial por mor dunha pandemia. Noa Blanco Bastos.
Os mellores recordos que me levo do colexio son os profesores e os amigos.Por mala sorte, é un experiencia que xamais pode

rase repetir. E se me preguntan se me gustaría repetir, sen dubidar diría que si. Breogán Cabaleiro Mouriño.
Lémbrome cando de pequena ía ao baño coas miñas amigas para perder clase e facer trasnadas. Unha vez inundámolo. Pe

ro non todo foron trasnadas. Taméntiven momentos nos que me portei ben e outros moi divertidos. Antía Campo Dopazo.
O que máis vou recordar do colexio de Cedeira son os bos momentos cos meus amigos e as excursións. Meus profes favoritos foron Belinda, Ana Mayor e Be

lén; e o que máis vou botar de menos son as travesuras que fixen cos meus amigos.Hugo Castellano Váz
quez.
O que máis me gustou do colexio de Cedeira foron as excursións a lugares novos, as festas do Entroido, Nadal… Os profes que me ensinaron son os mellores profes do mundo! Coñecín a

moita xente, amigos e máis. Teo Castellano Vázquez.
Recordo cando pasamos para primeiro de primaria, e o primeiro día, a metade do recreo estivemos no patio dos pequenos, ata que Lucas mais eu lle preguntamos ao director, e nos dixo que xa podiamos estar

no patio, e avisamos a todos de que se podía.Este curso foi no que mellor o pasei, porque nos encantaba incumplir as normas, e como éramos os maiores do cole, sempre queriamos facer as mellores cousas porque levábamos desde infantil esperando a ser os maiores para facer as cousas mais divertidas.E agora que nos imos para o instituto sen graduarnos, quérolle dar as grazas a todos os mestres que nos ensinaron. Raúl Castro Martínez.
Aínda que non estivese desde os tres anos no colexio, meu paso polo Ceip Cedeira foi moi bo. Fixen amigos e amigas xeniais. Coñecín a mestres e mestras que me axudaron a aprender.

Noa Collazo Otero.
A niña anécdota no colexio de Cedeira fo en primeiro co profe Óscar e Tamara. Fixemos medrar unhas

plantas metendo unas sementes de lentellas entre algodóns nuns tarros. Foi moi divertivo. Gael Couña
Lembro o día que fomos de excursión polo río Xabriña, pisamos un niño de avespas e empezáronnos a picar. Un día no patio correndo detrás dunha nena choquei contra unha columna e tivéronme que poñer xeo na esta.Cando era pequena, en educación física metíame debaixo das go

teiras, mollábame a cabeza e a mestra berraba comigo. Gustoume moito estar neste colexio xa que é pequeno e nos coñeciamos todos.Agradezo o comportaminto de todos os mestr@s e nen@s que estiveron comigo estes anos. Desexo que a todos as miñas compañeiras e os meus compañeiros lles vaia moi ben. Unha aperta a tod@s.
Este ano foi sen dúbida un dos mellores, xa que fomos os maiores do cole. Unha das miñas mellores lembranzas foi cando che

guei a este colexio e tiña tres anos e unha das peores, cando marchou do colexio o meu mellor amigo Jonas. Pero se hai algo que teño claro e que non puiden ter nin mellores compañeir@s
Este anos no colexio paseino moi ben e desearía pasar un ano máis. O que sempre recordarei é non poder rematar o curso e

graduarnos por culpa do covid-19. Silvano Freaza Camiña.
Para min a experiencia no colexio foi extraordinaria e dela lévome moi bos recordos, moitísimos amigos e moi bos profes que me ensinaban cousas que non

sabía,resolvíanme dúbidas e os amigos fóra do colexio, tamén me facían pasar momentos inesquecibles. E neste confinamento botei a todos moito de menos e tamén todo o do colexio; pero o máis duro vai ser despedirme. Pablo González Mirou.
A mín gustoume moito o colexio.O que máis me gustou do colexio foi estar cos meus amigos.E nunca olvidarei os meus mellores amigos nin os profes que se esforzaron moito sacando o

mellor de cada un de nós. Daniela Iglesias Santana.
As miñas profesoras favoritas son Ana Mayor e Belinda. Vou a contar tres cousas graciosas que me aconteceron na escola.

Unha é que sen querer, intentando encestar na papeleira unha mazá que se lle caira ao chan ao meu amigo Teo, rompín a fiestra da aula de informática.Lémbrome tamén, dunha vez que na clase de edución física lancei o balón moi forte e dinlle na cabeza a un amigo. Tamén lembro un día en terceiro de primaria no que un neno colleume as miñas canicas. Teño moi boas lembranzas destes anos na escola que xamais esquecerei. Marcos Lago Ochoa.
Cando comecei o colexio non me gustaba nada, pero a medida que me facía maior, gustábame máis porque disfrutaba estando cos meus amigos e as miñas amigas, cas excursións, cos en

troidos tan divertidos, e por suposto, o meu día favorito do ano sempre foi o de final de curso. Joel Navas Domínguez.
A niña experiencia no cole foi moi boa. Coñecín a moitos amigos cos que xogaba moito no recreo e ás

veces na clase. Tamén coñecín a moitos profes que me ensinaron moitas cousas e cos que fomos de excursións. Algunhas diveretidas e outras non tanto.E o malo de todos estes anos no cole foi que non tivemos graduación.Lévome moitos recordas bonitos do cole.
Iago Otero Rodríguez.
A miña experiencia no colexio foi inesquecible.Quédome cos bos momentos que pasei cos meus compañeir@s, e cos meus profesor@s. É algo triste marchar do colexio, xa que esta experiencia non se vai volver a repetir.

Grazas a todos por marcar un paso inesquecible na miña vida.
Noa Ricón Adrover.
O que máis me gustou do colexio foi cando nos íbamos de excursión todos xuntos e cando todos xogabamos no recreo.

Roberto Carlos Seoane González.
Eu paseino ben mentres estiven no colexio, pero xa teño ganas de ir ao instituto, aínda que, tamén é verdade, que me gusta

estar no colexio; xa que alí estou cos meus amigos desde pequeno,porque no instituto vannos separar. Miguel Vidal López.










