REVISTA BATEA 2020

Page 30

Así o viron @s nen@s

TITIRITEIROS POR UN DÍA O Festival Internacional de Títeres de Redondela é un dos eventos que sempre espera a rapazada da contorna con moita ilusión. A mediados do mes de maio as rúas, prazas e xardíns de Redondela énchense de maxia e fantasía. Malia que as datas habituais do Festival son en maio, nesta ocasión, a asociación “Xente Titiriteira” viuse na obriga de mudar de data a setembro, por mor da pandemia do COVID-19.

Asemade, na semana do 18 de maio, os nenos e nenas de 2º de Primaria do CEIP de Cedeira, confinados nas súas casas, lembraban e facían unha homenaxe a este Festival. Cada un deles creou o seu títere seguindo a idea do titorial da súa mestra, colgado na web do colexio, como reto semanal. 30


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
REVISTA BATEA 2020 by ceip.cedeira - Issuu