REVISTA BATEA 2020

Page 28

Así o viron @s nen@s

OBRADOIROS DE IGUALDADE Durante este curso tivemos a oportunidade de tomar conciencia das desigualdades que aínda existen entre as persoas segundo o seu xénero. Para tomar conciencia destas situacións contamos con varias actividades que nos gustaron moito:

Alba Alonso Feijoo (Realkiddys) levou a cabo no centro uns obradoiros de igualdade para o alumnado. Empregou a técnica do “Desing Thinking” que consiste en reflexionar sobre a igualdade dende diferentes puntos de vista e despois realizar un proxecto real, creativo e, neste caso empregando materiais de refugallo, para expoñer/vender aos seus compañeiros e compañeiras o respecto á diversidade de xénero.

28


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.