Proxecto “Realimentaxe”
EDUCACIÓN FÍSICA - DIETA SAUDABLE Neste curso escolar 2019-2020, o proxecto educativo do CEIP de Cedeira, foi a “Realimentaxe”. Dende a área de Educación Física, levouse a cabo unha unidade didáctica sobre a nutrición en todos os cursos de Educación Primaria. Faise fundamental educar ao alumnado nun estilo de vida saudable, xa que facer exercicio físico e ter unha dieta saudable, poden traer moitos beneficios, incluíndo máis enerxía, felicidade, prevención de enfermidades e ata unha vida máis longa. A través do xogo e a actividade física, o alumnado aprendeu que unha dieta saudable debe incluir máis froitas, verduras, grans, hortalizas e cereais e procurar reducir das súas dietas aqueles alimentos menos saudables coma os ricos en graxas saturadas, azucre ou sal. Aprenderon tamén que unha dieta saudable ten que ir sempre acompañada de exercicio físico, xa que é a mellor maneira de por en movemento ao organismo, gastando as enerxías que se acumulan debido ao consumo de productos grasos e estimula o funcionamento adecuados de todos os órganos e tecidos do noso corpo, evitando así contraer enfemidades cardiovasculares.
21