Tecelingua: Lingua 4º Primaria (demo)

Page 1

INCLÚE

PROXECTO DIXITAL

TECELINGUA EDUCACIÓN PRIMARIA
LICENZA 12 MESES mostra

• Falamos sobre a imaxe

• Vocabulario: O comercio

• Respectámonos en todas as linguas: caro, barato, pagar

• Falamos sobre a imaxe

• Vocabulario: Os medios de transporte

• Respectámonos en todas as linguas: camión, barco, bicicleta

• Falamos sobre a imaxe

• Vocabulario: Os peixes

• Respectámonos en todas as linguas: peixe, nécora, mexillón

O camiño ao éxito farase en camión

• Tipoloxía textual: O texto narrativo

As transportistas da esperanza

• Tipoloxía textual: O texto descritivo

«Movemento cidadán para poñerlle o nome de Celia Rivas Casais…»

• Tipoloxía textual: O texto xornalístico

• Falamos sobre a imaxe

• Vocabulario: O traxe tradicional

• Respectámonos en todas as linguas: pandeireta, tambor, gaita

• Falamos sobre a imaxe

• Vocabulario: Os medios dixitais

• Respectámonos en todas as linguas: correo electrónico, mensaxe, teléfono móbil

• Falamos sobre a imaxe

• Vocabulario: As froitas exóticas

• Respectámonos en todas as linguas: alimentos, música, cultura

A melodía do fado

• Tipoloxía textual: A poesía

Cando as palabras falten que a música fale

• Tipoloxía textual: A carta e o correo electrónico

Sempre a mesma canción

• Tipoloxía textual: O teatro

• Falamos sobre a imaxe

• Vocabulario: Os utensilios da escola

• Respectámonos en todas as linguas: caderno, ler, escribir

• Falamos sobre a imaxe

• Vocabulario: O cine

• Respectámonos en todas as linguas: literatura, cine, película

• Falamos sobre a imaxe

• Vocabulario: Pioneiras

• Respectámonos en todas as linguas: biblioteca, libro, opinión

Mulleres cun talento patente

• Tipoloxía textual: O texto expositivo

Un invento futurista

• Tipoloxía textual: O texto instrutivo

Xiz fronte a pantalla

• Tipoloxía textual: O texto argumentativo

8 44 80 116 26 62 98 134 150 IMOS MERCAR PEQUENOS INVENTOS, GRANDES AVANCES UNHA HOMENAXE SOBRE RODAS
PALABRAS QUE NAVEGAN E VOAN NON HAI FRONTEIRAS ROMPENDO AS REGRAS UNHA ADIANTADA AO SEU TEMPO O FUTURO É NOSO PÁX. ÍNDICE FALO LEO CELIA
ÁUREA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ ÁNGELA RUÍZ ROBLES
FESTA RACHADA
RIVAS CASAIS

ESCRIBO PENSO E POÑEMOS EN COMÚN

• Retallos de lingua: O dicionario. As palabras e as sílabas. A comunicación e as linguas. A comunicación verbal e a comunicación non verbal

• Fiando palabras: O punto e o parágrafo. As maiúsculas e as minúsculas. O guión. A sílaba tonica e a sílaba átona

• Retallos de lingua: O substantivo. O xénero e o número. O adxectivo. Os xentilicios

• Fiando palabras: A coma. A raia. A acentuación das palabras graves

• Retallos de lingua: O artigo. Os sinónimos e os antónimos. Os diminutivos e os aumentativos

• Fiando palabras: Os dous puntos. Os puntos suspensivos. A acentuación das palabras esdrúxulas. Os ditongos e os hiatos

• Retallos de lingua: Os recursos literarios. Os determinantes demostrativos e posesivos

• Fiando palabras: Uso de porque, por que e porqué. Os signos de entoación. A acentuación diacrítica I

• Retallos de lingua: Os enunciados. Os tipos de oración. O campo semántico. As palabras compostas

• Fiando palabras: O punto e coma. O uso do r e rr. A acentuación diacrítica II

• Retallos de lingua: Os determinantes numerais e indefinidos. As palabras homófonas e as palabras polisémicas

• Fiando palabras: As comiñas e a paréntese. As palabras con h. A acentuación diacrítica III

• Retallos de lingua: Os pronomes. O suxeito e o predicado

• Fiando palabras: As palabras con b e v

• Retallos de lingua: O verbo e a conxugación verbal

• Fiando palabras: As palabras con l, ll e i. As palabras con g, gu, gü

• Retallos de lingua: Os adverbios. As palabras primitivas e derivadas. Os conectores

• Fiando palabras: As palabras con s, c, z. As palabras con c e qu O uso de s e x

• Banda deseñada: Cadaquén conta a feira como lle vai nela

• Traballamos en grupo: Analizamos a pegada de carbono

• Banda deseñada: A voz da experiencia

• Traballamos en grupo: Exposición oral sobre os medios de transporte

• Banda deseñada: A pesca de aventuras

• Traballamos en grupo: A dieta saudable.

• Banda deseñada: Avoas e alboradas

• Traballamos en grupo: Pescudamos e elaboramos unha lista de reprodución

• Banda deseñada: Desenchufada

• Traballamos en grupo: Solicitamos unhas gafas de realidade aumentada

• Banda deseñada: Culturas compartidas

• Traballamos en grupo: Elaboramos un menú

• Banda deseñada: A toda cor

• Traballamos en grupo: Analizamos a obsolescencia programada

• Banda deseñada: De película

• Traballamos en grupo: Investigación sobre a Estadea

• Banda deseñada: Unha mente inqueda

• Traballamos en grupo: O esperanto

IMOS MERCAR

COMENTAMOS A IMAXE

Escoita o audio e responde.

• A situación que acabas de escoitar produciuse no ano 1932. Sería frecuente daquela ver a unha muller conducindo un camión?

• Por que, ao principio, o examinador se mostrou anoxado?

• Que tipo de mercadoría transportaba a moza no seu camión?

• Que tipos de comercio coñeces? De cal fas máis uso?

• Que emocións sentiría a moza no momento de examinarse? Como te sentes ti ante unha proba difícil?

1. Observa estas imaxes e identifica os lugares relacionadas coa xestión de mercadorías.

Comercio electrónico

2. Gústavos ir á feira? Formade grupos de dous ou tres integrantes e realizade unha pequena enquisa entre os vosos familiares e amigos sobre as feiras tradicionais.

• Hai algunha feira no lugar onde vives?

• Que día ten lugar?

• Mercas nela? Que produtos?

• Ademais de mercar, realizas outras actividades de lecer na feira?

RESPECTÁMONOS EN TODAS AS LINGUAS

FALO 9
BARATO PAGAR
CARO
Lonxa Feira Praza de abastos Supermercado Centro comercial

Hai máis de cen anos, vivía en Fisterra unha familia alcumada «Lavancas». O patriarca, Joaquín Rivas Casais, xacía na cama por mor dunha grave enfermidade mentres matinaba cal sería o futuro da súa familia ante a súa inminente partida.

Joaquín fora sempre un home con moita iniciativa e proba diso foi o nacemento do seu negocio de transportes: mercara un turismo accidentado e, no seu taller mecánico, convertérao nun camión para o porte de mercadorías.

Na busca de melloras para o seu negocio, viaxou a Cuba e Estados Unidos, onde quedou a vivir o seu fillo Ramón. Foi cultivando unha apertura de mente pouco frecuente para a época. A miúdo, cando miraba as súas cinco fillas, soñaba con poder ofrecerlles a elas e a todas as mozas galegas un futuro mellor, cheo de oportunidades.

Polos caprichos do destino, canto máis se deterioraba a saúde de Joaquín, máis prosperaba o negocio, polo que a familia decidiu mercar un camión mellor.

Había xa un tempo que, cando se deitaban, as fillas da familia Rivas oían a través das paredes como seus pais discutían en voz baixa, procurando que elas non escoitasen. Joaquín tiña un plan para as fillas que chocaba coa visión tradicional que Josefa tiña do papel da muller.

LEO 10
5 10 15 20
O CAMIÑO AO ÉXITO FARASE EN CAMIÓN

Un día, coa saúde xa moi fráxil, Joaquín chamou as fillas ao seu cuarto. Axiña ían descubrir cal era o seu propósito:

—Queridas fillas, sinto que a miña fin estase achegando e por iso quero que me escoitedes con atención. Vós debedes ser agora as que loitedes pola vosa prosperidade. Por iso, debedes prescindir do chofer do camión para obter maiores beneficios. María, xa que es a irmá maior deberás sacar a licenza para conducilo ti.

As palabras do pai deixaron as mozas alteradas e cos ollos cheos de incredulidade cravados en María. Esta, despois duns intres de dúbida, respondeu con bágoas nos ollos:

—Pero que dis, papaíño? Non ves que iso é unha tolaría? Onde se viu muller de ben conducindo un camión?

—Nos Estados Unidos vin cos meus propios ollos mulleres camioneiras e se elas podían, por que non ías poder ti?

María, desfeita por non sentirse quen de cumprir os desexos do seu pai, a quen tanto quería, buscaba argumentos para facelo entrar en razón. Todas as súas irmás asentían e apoiaban as palabras de María. Todas agás Celia, que permanecía en silencio. De súpeto, ergueu a súa voz por riba de todas:

—Podo eu, papá? Podo sacar eu a licenza de camión?

As demais irmás non daban creto, aínda que, a dicir verdade, non deberan sorprenderse moito. Celia era unha muller de acción, decidida e práctica. Faría o que fose preciso polo ben da súa familia e pouco lle importaba o que pensasen os demais.

Celia preparouse a conciencia e, antes de cumprir os 20 anos, converteuse na primeira muller de Galicia e de España en conseguir a licenza para conducir un camión. Ela e a máquina convertéronse nun só ser e a súa mestría ao volante levantou admiración e xenreira a partes iguais.

11
25 30 35 45 55 40 50

O texto narrativo

O texto narrativo é un texto que conta unha historia, real ou imaxinaria, protagonizada por uns personaxes que realizan accións nun tempo e nun lugar concretos.

Partes do texto narrativo

Introdución Presenta os personaxes e a acción inicial.

Hai máis de cen anos, vivía en Fisterra unha familia alcumada «Lavancas».

Desenlace

Condensa os feitos principais e a trama complícase.

Pon feche á trama desenvolvida no nó, dándolle un final.

Un día, coa súa saúde xa moi fráxil, Joaquín chamou as fillas ao seu cuarto. Axiña ían descubrir cal era o seu propósito.

Celia preparouse a conciencia e, antes de cumprir os 20 anos, converteuse na primeira muller de Galicia e de España en conseguir a licenza para conducir camións.

Os elementos do texto narrativo

Para construír unha obra narrativa cómpre ter en conta estes elementos:

Narrador

Persoa que conta a historia.

Personaxes

Os personaxes principais son os protagonistas arredor dos que se constrúe a trama. Os personaxes secundarios teñen un rol menos relevante pero axudan ao desenvolvemento da acción.

Espazo

Lugar no que acontecen os feitos narrados.

Tempo

Momento no que se sitúan os feitos e duración dos sucesos do relato.

LEO 12

Tipos de texto narrativo

Existen varios tipos de textos narrativos. Pódense agrupar en tres grandes categorías: literarios, xornalísticos e históricos.

A novela, o conto, a fábula ou as lendas son tipos de textos literarios.

A lenda é unha obra que indaga nas orixes de lugares e tradicións mesturando feitos fantásticos e reais. Os personaxes protagonistas adoitan ter características moi ben definidas.

Fíxate na estrutura e características desta Lenda da Torre de Hércules da Coruña.

Na introdución preséntanse os protagonistas e o feito inicial.

Hai moitos anos, o heroe Hércules chegou coa súa barca á costa dun lugar gobernado por un xigante chamado Xerión.

No nó a trama complícase.

O xigante era un tirano e tiña sometidas as persoas que alí vivían. Incapaz de aturar tal inxustiza, Hércules decidiu enfrontarse a el nun combate.

No desenlace resólvense os feitos.

Tras vencelo, o heroe decidiu enterrar a cabeza de Xerión e sobre ela construíu unha torre.

AGORA TI!

1. Traballa en equipo coas túas compañeiras e compañeiros para crear unha narración oral. Inventade unha lenda para explicar a orixe do voso colexio. Cada persoa do equipo dirá unha ou dúas frases. Podedes empregar as novas tecnoloxías para gravar a lenda.

13

ESCRIBO retallos de lingua

O dicionario

O dicionario é o repertorio en forma de libro ou soporte electrónico onde se recollen as palabras que forman unha lingua. Cada palabra que conforma o dicionario vai acompañada dunha definición ou explicación.

As palabras do dicionario están ordenadas alfabeticamente, o que facilita a súa busca.

Os dicionarios teñen entradas e acepcións

Entrada

Unha entrada é cada unha das palabras que hai nun dicionario. Achegan información sobre o tipo de palabra (nome, adxectivo, verbo, etc.) e o seu xénero (feminino ou masculino).

Acepción

As acepcións son os distintos significados que pode ter unha palabra.

AGORA TI!

1. Na lectura «O camiño ao éxito farase en camión» (páxinas 10 e 11), aparece a frase «mercara un turismo accidentado e converteuno nun camión». Observa a imaxe e indica:

• Cantas acepcións ten a palabra turismo?

• Que acepción se corresponde co contido do texto?

14

As palabras e as sílabas

A palabra é un conxunto de sons cun significado. As sílabas son o conxunto de sons que pronunciamos cun só golpe de voz.

AGORA TI!

1. Observa o debuxo e elabora unha lista de dez palabras. Separa cada palabra en sílabas.

15

ESCRIBO retallos de lingua

A clasificación das palabras

Monosílabas

Son palabras formadas por unha soa sílaba.

paz, cor, sol, flor

Bisílabas

Son palabras formadas por dúas sílabas.

muller, Celia, amor

As palabras poden clasificarse polo número de sílabas

Trisílabas

Son palabras formadas por tres sílabas.

transporte, turismo, familia

AGORA TI!

Polisílabas

Son palabras formadas por catro ou máis sílabas.

prosperidade, argumentos

1. Separa as palabras en sílabas e indica se son monosílabas, bisílabas, trisílabas ou polisílabas.

mar prescindir moza tren

volante

incredulidade muller

taller autobús

elegante condutora

2. Vai á lectura inicial e busca dúas palabras monosílabas, dúas bisílabas, dúas trisílabas e dúas polisílabas.

16
san

As comunicación e as linguas

A comunicación é o proceso mediante o cal unha ou máis persoas intercambian información.

Para que a comunicación poida existir é preciso:

• Persoa emisora: quen envía unha mensaxe.

• Persoa receptora: quen recibe a mensaxe.

• Mensaxe: información que se quere compartir ou enviar.

A comunicación pode ser verbal ou non verbal.

AGORA TI!

1. Identifica a persoa emisora, a persoa receptora e a mensaxe nas seguintes situacións:

17
Na cantina da estación fan uns bocatas de luras para chuchar os dedos!

A comunicación verbal

A comunicación verbal é aquela que se produce por medio da fala ou da escrita. Cando falamos denomínase comunicación oral e cando escribimos, comunicación escrita

Para poder falar e escribir usamos as linguas.

• En Galicia temos dúas linguas oficiais: o galego e o castelán.

• En España a lingua oficial é o castelán, pero ao igual que na nosa hai outras comunidades autónomas que teñen dúas linguas: País Vasco, Cataluña, Valencia e Illas Baleares.

• No mundo existen moitas linguas: o portugués, o francés, o inglés, o alemán…

AGORA TI!

1. A lingua que xeralmente usas para falar chámase lingua materna. Cal é a túa lingua materna?

2. Hai situacións nas que utilices unha lingua diferente á túa lingua materna? Se é así, cales son?

3. Saberías identificar onde se falan estas linguas?

Good morning! Bonjour!

Bom día! Bos días! ¡Buenos días!

18 0 250 1 000 km 500 750 Alemán Francés Portugués Inglés Castelán Holandés Catalán Italiano Checo Grego Romanés Ucraniano Ruso Turco Búlgaro Belaruso Finés Polaco Húngaro Croata Macedonio Albanés Eslovenio Romanche Corso Occitano Frisón Bretón Galés Córnico Galego Éuscaro Irlandés Escocés Feroés Maltés Islandés Sardo Estonio Saami Carelio Linguas caucásicas Linguas altaicas Xeorxiano Armenio Azarí Letón Lituano Serbio Eslovaco Sueco Noruegués Danés As linguas de Europa
ESCRIBO retallos de lingua

A comunicación non verbal

A comunicación non verbal é aquela na que non se utilizan as palabras para transmitir a información, senón que usamos imaxes, xestos, sons, etc. para transmitir información.

Nestas imaxes a información pode ser:

Para! Non quero falar contigo.

Silencio! Cometiches unha falta no xogo, estás sancionada

AGORA TI!

1. Descifra a mensaxe secreta na imaxe da marxe.

• Este xeroglífico é comunicación verbal ou non verbal?

2. Indica se nas seguintes situacións se produce comunicación verbal ou non verbal.

3. Inventa unha situación na que se utilice a comunicación non verbal mediante:

Uso de sons Uso de xestos Uso de imaxes

19

O punto (.) e o parágrafo

É un problema ir de tendas. Aine acaba sempre rifando cos seus pais e levando para a casa pezas de roupa que detesta. O habitual é que avisen con tempo, que Fran deixe caer á volta de luns que Aine precisa esta ou esoutra cousa e que lle dea uns días para afacerse á idea. Así, cando chega o momento de ir ao centro comercial, case sempre durante a fin de semana, Aine xa o ten máis ou menos asumido. Aínda que iso non fai que o asunto lle moleste menos.

O que pasa é que nunca lle deixan escoller a roupa que lle gusta. Discuten e, claro, sempre se acaba montando unha boa con Fran enfadada, Aine chorando e a dependenta da tenda botándolles miradas incendiarias.

O punto ( . ) é un signo de puntuación que sinala a pausa que se produce ao final dun enunciado.

Existen tres tipos de punto:

• O punto e seguido serve para separar oracións dentro dun mesmo parágrafo.Varias oracións separadas con punto e seguido forman un parágrafo.

• O punto e á parte úsase para separar parágrafos.

• O punto final utilízase para rematar un escrito.

Un parágrafo remata sempre cun punto e á parte ou cun punto final.

1. Volve á lectura inicial e responde:

• Cantos parágrafos hai?

• E puntos e á parte?

• E puntos e seguido?

2. Escribe un parágrafo que siga o texto de Iria Misa.

3. Escribe un texto de tres parágrafos onde utilices as palabras conducir, licenza e accidente.

ESCRIBO fiando palabras 20
Iria Misa: Mamá, quero ser Ziggy Stardust
AGORA TI!

As maiúsculas e as minúsculas

O actor A ntonio Segundo D urán Moreiras ( Vigo, 1959), máis coñecido como Morris, conta cunha longa experiencia interpretativa no teatro e é un dos rostros máis coñecidos do audiovisual galego.

Mañá venres, poderase ver unha das curtametraxes nas que participou (A mazonas 2000) no cine da rúa Cinema.

Escríbese con maiúscula

• A letra inicial da primeira palabra dun texto.

O actor…

• Despois de punto ou despois dun signo de puntuación que equivale a un punto.

(…) do audiovisual galego. Mañá venres…

Que susto! Non pensei que xa estabas na casa. Que hora será? Xa está escurecendo.

• Para escribir nomes propios. Por exemplo:

– Nomes de persoa (nome, apelidos e alcume) → Antonio Segundo Durán Moreiras, Morris.

– Nomes de lugar → Vigo, rúa Cinema…

– Nomes propios xeográficos → Amazonas, río Sil, serra do Xurés…

Escríbese con minúscula

• Nomes comúns. víveres, xornada, traballo…

• Xentilicios.

galega, coruñés, luguesa…

AGORA TI!

1. Vai á lectura inicial e busca as palabras escritas con maiúscula inicial. Explica por que deben levala.

2. Busca un exemplo de cada un dos casos, explicados anteriormente, nos que se debe empregar a letra maiúscula.

Nos nomes de lugar compostos por varias palabras, non levan maiúscula as preposicións nin os artigos: Caldas de Reis, Ferreira de Pantón, Santiago de Compostela…

Debemos poñer o acento gráfico nas letras maiúsculas cando sexa preciso.

21

ESCRIBO fiando palabras

O guión ( )

De: Libros a esgalla

Para: Uxío Fernández

Asunto: Grazas polo seu pedido

O seu pedido feito na páxina web da tenda Libros a esgalla con data 25 9 2021, será enviado ao seu domicilio nas vindeiras 72 horas. Agradecé moslle a confianza depositada na nosa libraría e agardamos que fi que satisfeito coa súa compra.

O guión ou trazo é un signo ortográfico que empregamos para:

• Separar palabras ao final de liña → Agradecé moslle

• Separar unha palabra en letras → l i b r o s

• Dividir unha palabra en sílabas → fi que

• Separar as cifras dunha data escrita en forma numérica → 25 9 2021

AGORA TI!

1. Separa en sílabas as seguintes palabras pensando que van ao final de liña.

• Indica todas as formas nas que o podes facer.

2. Separa en letras as seguintes palabras:

Fisterra pagamento peixe comercio socia cliente propiedade dependenta

3. Escribe en forma numérica a data de hoxe.

4. Escribe un correo electrónico onde utilices o guión ou trazo.

• Procura completar as partes e fíxate no modelo.

De:

Para:

Asunto:

22

A sílaba tónica e a sílaba átona

A sílaba tónica é aquela que pronunciamos con máis forza dentro dunha palabra. As sílabas átonas son todas as demais sílabas da palabra.

Nalgunhas sílabas tónicas hai que escribir til ou acento gráfico.

As palabras agudas

As palabras nas que a sílaba tónica está na última sílaba da palabra chámanse agudas → produción, render, almacén

Debemos colocar acento gráfico nas palabras agudas que rematen en –n, –s ou vogal.

Hai excepcións, como por exemplo:

• Algúns ditongos → viaxei, anoiteceu...

• As palabras monosílabas (sol, pan, mel). Só algunhas levan o acento diacrítico para diferenciarse (pé, parte do corpo ou pe, letra).

AGORA TI!

éxito mu

documentación

laboral

emprego carné despedimento profesión

No dicionario da Real Academia Galega lin que un camión é un vehículo automóbil grande, de catro ou máis rodas, que se utiliza para transportar pesos pesados pola estrada.

23
1. Xoga! Separa a palabra en sílabas e dá unha palmada forte cando pronuncies a sílaba tónica. Di se é unha palabra aguda ou non. 2. Le con atención o texto do ditado:
vocación pioneira éxito muller camión ller

PENSO E POÑEMOS EN COMÚN

CADAQUÉN CONTA A FEIRA COMO LLE VAI NELA

RESPIRÁBASE UN AMBIENTE TAN TENSO ENTRE OS PAIS DE XULIA QUE DECIDIRON SEPARARSE POR UN TEMPO.

piii piii piii

DÍA UN

IMOS FACER A COMPRA, VALE?

PENSO IR Á ALDEA, ASÍ PODO FACERLLE COMPAÑA Á AVOA E Á BISAVOA, QUERES VIR?

PÁSAO BEN A FIN DE SEMANA. DÁLLES RECORDOS AOS AVÓS.

LEVAS OS AURICULARES?

LEVAS O CARGADOR?

LEVAS UN LIBRO?

ISTO VAI ESTOUPAR!!

piiii piii

A AVOA PREPAROU TAL XANTAR QUE XULIA TIÑA ENERXÍA DABONDO PARA GABEAR POLAS ÁRBORES.

...XA, XA, O QUE PRECISA COMPAÑA ES TI.

ENCANTÁBALLE IR CON ELA, POIS NON LLE RIFABA POR MANCHAR A ROUPA.

LEVAS MUDA?

DESPOIS DE DURMIR COMO HABÍA MOITO TEMPO...

UN DOMINGO? TI TOLEAS? ESTARÁ TODO PECHADO.

AO LONXE ESCOITÁBASE O RELOXO MARCANDO AS HORAS, DEIXABA ATRÁS UN LABIRINTO DE POSTOS DE ROUPA, DE CALZADO, DE VERDURAS, DE MEL...

TONG

TONG

A EMPERATRIZ XULIA CESAR, DE EXCURSIÓN POLA GALLAECIA.

SI, MIÑA CAPITÁ!! Piii

Piii

...POIS NON, AS NORMAS DA CIDADE NON VALEN NA ALDEA VEÑA, VAI EXPLORAR, VÉMONOS NA FONTE EN MEDIA HORA, COMEZA A CONTA ATRÁS...

Tic Tic TAc TAc

PAI Á VISTAAAAAAAA...

PAPÁ, QUERO VIR OUTRA VEZ Á ALDEA, TEN MOITO MÁIS QUE OFRECER DO QUE IMAXINABA.

24
DÍA DOUS: Coller a bicicletadoalpendre. Continuar coa exploración.

1. Le o cómic e despois escoita o audio con atención.

2. En grupos, pescudade cando se celebran as feiras da vosa bisbarra.

• Onde teñen lugar? Que día da semana ou do mes?

• Cadran unhas feiras con outras ou teñen días alternos para non coincidiren?

• Que produtos se poden mercar?

TRABALLAMOS EN GRUPO

A pegada de carbono indica a cantidade de carbono que se envía á atmosfera ao elaborar, comercializar e eliminar un determinado produto.

Pensade na roupa que tedes vestida ou no que ides xantar. Onde se producen eses produtos? De onde veñen? Como o reciclades?

Investigade sobre o concepto de «produto con cero pegada de carbono».

– Que é o carbono? Que consecuencias ten que se produza en exceso?

– Por que é importante reducir a pegada de carbono?

– Que tipo de produtos debemos consumir para poder reducir a nosa pegada?

• Facede unha investigación na vosa zona e indicade cales son os comercios onde a pegada de carbono é menor.

• Deseñade un logo para estes comercios e enviádellelos para que os poidan exhibir con fachenda.

25

PEQUENOS INVENTOS, GRANDES AVANCES

COMENTAMOS A IMAXE

Escoita o audio e responde.

• O audio sitúase no ano 1936, cando se iniciou a Guerra Civil española. Que medios de transporte serían frecuentes na época?

• Como se sentirían as persoas ao saber que estoupara a guerra?

• Unha das irmás di que as circunstancias difíciles que nos tocan vivir non se poden cambiar, pero si o xeito no que nos enfrontamos a elas. Que opinas sobre isto? Que dirías do carácter dunha persoa que pensa así?

• Cres que se valora máis o que conseguimos con esforzo? Por que?

• Pensa nalgún obxectivo que queiras acadar. Canto tempo e traballo precisas dedicarlle?

2. O uso de medios de transporte colectivos é unha boa maneira para contribuír ao coidado do medio ambiente. Formade grupos de tres ou catro participantes e respondede estas preguntas.

• Ademais do transporte escolar, que medios de transporte colectivo empregas?

• En que situación e con que frecuencia?

• Na túa localidade podes empregar o tren ou o autobús?

• Cres que se pode mellorar este servizo?

RESPECTÁMONOS EN TODAS AS LINGUAS

FALO 27
BARCO BICICLETA
CAMIÓN 1. Observa estas imaxes e identifica os medios de transporte.
Acoirazado Sidecar Tanque
Ómnibus Tranvía Chalana

A meniña estaba sentada enriba da barra da taberna deserta. A súa mirada reparaba nas cinco mesas do local, coas correspondentes cadeiras baleiras arredor. Habitualmente, daquelas horas estaban ocupadas pola veciñanza que xogaba ao dominó ou por viaxantes que paraban a repoñer forzas antes de continuar co percorrido. Aburrida, empurraba coa man a báscula que se atopaba á esquerda da barra e que servía para pesar o que a xente mercaba no ultramarinos, cuxos produtos adoitaban expoñer nuns altísimos andeis que tiña ás costas, agora case baldeiros. Desde que estalara a guerra, o ambiente mudara e a rutina empapárase de novas preocupacións: a escaseza de víveres, a incerteza polo futuro, a preocupación polos que foran enviados á fronte… Axiña os ollos da pequena repararon na nube de pó que avanzaba polo camiño. Iso só podía significar unha cousa: María e Celia xa estaban aquí.

Desde que Celia sacara a licenza para conducir o camión, as súas vidas cambiaran moito. O negocio de transportes medraba por momentos, ata levar por toda Galicia peixe, minerais, madeira,

LEO
AS TRANSPORTISTAS DA ESPERANZA 5 10 15

produtos do campo… As irmás Rivas ata cambiaran o seu camión por un fermoso ómnibus verde e rosa, no que podían transportar mercadorías e persoas.

Pero a vida das empresarias tamén se viu alterada pola guerra. O seu fermoso ómnibus foi requisado polo Exército. Ante tamaña inxustiza, e ao veren o seu pan de cada día en risco, Celia fixo gala da súa afouteza unha vez máis: se o seu vehículo ía participar na guerra, ela tamén o faría. Ninguén mellor ca ela para conducilo e protexelo, co que evitaría así perder o seu modo de sustento. E foi así como Celia se converteu unha vez máis en pioneira, ao ser a primeira muller en participar como condutora nun conflito bélico.

O fermoso ómnibus foi pintado ao xeito da camuflaxe militar e como era un vehículo de gran tamaño, cousa que poucas veces se vía naquela época, transmitía unha fereza noutrora inimaxinable.

A meniña baixou da barra dun chimpo e correu xunto ao avó:

—Xa chegaron, avó! Celia e María xa están aquí!

—Axiña! Avisa a toda a xente! —respondeu o avó alterado.

O avó sabía o que pasaría agora. A veciñanza correría a xuntarse alí agardando que as dúas irmás trouxesen novas dos seus ou, con sorte, incluso algunha carta.

A que contaba era María, pois era unha muller con facilidade para expresarse e narrar o que acontecía, aberta e cauta. Pola contra, Celia adoitaba escapar silandeira. Era unha muller introvertida, que a miúdo se illaba das conversas alleas para concentrarse na actividade que tiña entre mans. Tamén era traballadora incansable, polo que mentres súa irmá daba conta dos sucesos máis relevantes, ela facía ás veces de mecánica poñendo o ómnibus a punto para a nova partida. Incluso no físico non podían ser máis diferentes: mentres María era alta e delgada, Celia era xusto o contrario, baixa e de figura redondeada. Ambas as dúas tiñan o rostro coroado por escuros cabelos rizados e uns profundos ollos mouros, pero as similitudes non pasaban de aí. Porén, eran dúas pezas dun crebacabezas que encaixaba á perfección.

Coma sempre, foron despedidas coma heroínas, pois a súa boa vontade facía que intercedesen por uns e outros, independentemente do bando, facendo gala da súa xustiza e humanidade.

29 20
25 30 35 45 40 50 55

Descrición obxectiva

O texto descritivo

O texto descritivo é o que explica, de forma oral ou escrita, como é unha persoa, animal, lugar ou obxecto.

A descrición obxectiva e a descrición subxectiva

Hai dous tipos de descrición segundo a actitude da persoa que describe.

Céntrase nas características técnicas e axústase á realidade.

O ómnibus de Celia era novo, de cor verde e rosa. Tiña unha capacidade de cincuenta prazas. Os asentos da parte posterior eran desmontables para poder cargar mercancía. As marchas do ómnibus eran suaves e a dirección sensible.

Descrición subxectiva

Baséase nunha valoración persoal das características do que describe.

A que contaba era María, pois era unha muller con facilidade para expresarse e narrar o que acontecía, aberta e cauta. Pola contra, Celia adoitaba escapar silandeira.

Nos exemplos anteriores podes observar que nas descricións é frecuente empregar adxectivos e fixarse nos detalles que fan única a persoa, animal, lugar ou obxecto. Ademais, tamén se poden usar recursos narrativos como comparacións, esaxeracións…

AGORA TI!

1. Escoita estes dous audios nos que se describe a praia da Langosteira. Cal é unha descrición obxectiva? Cal é subxectiva?

LEO 30

Como redactar unha descrición?

1. Escoller o que imos describir.

2. Observar e fixarse nas características.

3. Elixir os substantivos e adxectivos máis axeitados.

4. Organizar os datos.

5. Redactar seguindo unha orde.

Preguntas que debe responder unha descrición

Persoas

• Como é o seu aspecto físico?

• Como é a súa personalidade?

• Cales son os seus gustos?

Animais

• Cales son as súas características físicas?

• Onde vive?

• De que se alimenta?

• Como se despraza?

• Como se reproduce?

Obxectos

• Que tipo de obxecto é?

• Para que se usa?

• Como é?

• Que partes ten?

• De que está feito?

AGORA TI!

Lugares

• Que tipo de lugar é?

• Onde se ubica?

• Que elementos destacan?

• Como son os elementos que o compoñen?

2. Formade equipos na aula e pensade unha descrición para a biblioteca do colexio. Seguide os pasos indicados para facela. Por último, expoñede ante as vosas compañeiras e compañeiros o resultado e comparádeas.

31

Persoas

Ana, Xan, Román...

O substantivo

Todo comezou un martes. Acababa de iniciarse o curso no Universal, o meu colexio, e estabamos na aula, todos en silencio, traballando nunha ficha de repaso. De súpeto ábrese a porta e entra dona Adela, a directora, cun neno da man. Deixounos apampados, ou sexa, paralizados. Sorprendeunos, vaia. O neno era moi fraco, con cara de poucos amigos e anteollos grandes, e levaba unha mochila enorme e verde ás costas. Entón dona Adela vai e bísballe algo a Lourdes, a miña profe, que se vira, míranos e di: «clase, atendede un momento. Este é Antonio Fernández-Xildas e a partir de agora será o voso compañeiro. Vén de moi lonxe, así que, procurade non amolalo moito para que se afaga a nós, de acordo?».

Mar Guerra: Xenaro e o misterio da mochila verde

As palabras destacadas chámanse substantivos ou nomes.

Os substantivos son palabras que serven para nomear persoas, animais, plantas, obxectos, lugares e sentimentos.

SUBSTANTIVOS

Animais golfiño, xoaniña, raposo...

Plantas castiñeiro, margarida, papoula...

Obxectos ordenador, caixa, xornal...

Lugares

Galicia, Cambre, Mondoñedo...

Sentimentos amor, medo, alegría...

32
ESCRIBO retallos de lingua

Os tipos de substantivos

Propios

Identifican de xeito concreto persoas, lugares, animais...

Anxo, Miño, Sabela

Abstractos

Nomean ideas ou sentimentos.

amor, odio, lealdade

Individuais

Nomean en singular unha única persoa, animal ou obxecto.

militar, carballo

Comúns

Nomean persoas, lugares, animais ou obxectos en xeral.

sofá, mercado, moto

Concretos

Nomean seres ou obxectos que se poden percibir polos sentidos; ver, tocar, oír…

maleta, xadrez, bolígrafo

Colectivos

Nomean en singular, un conxunto de persoas, animais ou obxectos.

exército, carballeira

AGORA TI!

1. Busca no texto da páxina anterior tres nomes propios e tres comúns.

2. Asocia o nome individual co seu colectivo.

cantante rabaño

ovella equipo

xogador dentadura

estrela coro

dente constelación

3. Na seguinte oración identifica os substantivos concretos e os abstractos.

Celia sabía que conducir un camión era difícil pero era unha muller chea de valor e determinación.

33

ESCRIBO retallos de lingua

O xénero e o número do substantivo

Malia que en moitos lugares se refiren a ela en masculino, a camioneira fantasma non é outra que Leucocita, a Esperanza Branca. Conduce en zigzag a toda velocidade, coa idea de asustar os condutores que transiten pola estrada para facerlles perder o control do vehículo.

Todos os substantivos teñen xénero (masculino ou feminino) e número (singular ou plural).

Regras para a formación do xénero

• Se o substantivo remata en consoante, engádeselle –a: bailarín → bailarina

• Se remata en –o ou –e átonos cambia esa vogal por –a: inimigo → inimiga

• Se remata en –án muda por –a: cidadán → cidadá

• Algunhas palabras femininas e masculinas son distintas: egua → cabalo

• Hai substantivos que forman o feminino con terminacións diferentes como -esa, -isa: conde → condesa; poeta → poetisa

AGORA TI!

1. Cambia o xénero das palabras resaltadas no texto e indica que norma utilizaches.

2. Forma o feminino dos seguintes masculinos.

galo

neno home pastor

heoreo

sogro rapaz

3. Indica a norma que se usou para formar o feminino.

raposo – raposa

mestre – mestra emperador – emperatriz

4. Hai substantivos que non cambian. Para saber o seu xénero debemos fixarnos na palabra que precede: un-unha artista / o-a deportista. Pensa outros exemplos.

34
Ledicia Costas: Os arquivos secretos de Escarlatina (adapt.)

Regras para a formación do plural

• Engaden –s cando rematan en vogal ou en –n: camión → camións

• Engaden –es cando rematan en consoante distinta de -n : doutor → doutores

• Cambian a terminación –l por –is nas palabras agudas: anel → aneis

AGORA TI!

amor disfraces

xerseis

masculino / singular

masculino / plural

actor neboentas

árbore

portal avós

león farois

quinto xogadores

feminino / plural

feminino / singular

35
5. Escribe o plural dos seguintes nomes. 6. Forma o singular destes substantivos. 7. Pensa un nome que se corresponda coas seguintes indicacións.

O adxectivo

As mulleres valentes triunfan no mundo.

Os adxectivos son palabras que acompañan un nome e indican algunha calidade del. O adxectivo sempre ten o mesmo xénero e número có nome que acompaña.

mulleres

nome feminino plural valentes

adxectivo feminino plural

Graos do adxectivo

Os adxectivos poden expresar as calidades ou propiedades dos substantivos en distintos graos de intensidade.

Grao positivo Expresa unha calidade. O tranvía amarelo

Inferioridade

Grao comparativo

Expresa unha calidade comparándoa con outros substantivos.

Igualdade

O autobús é menos antigo có trolebús

O coche de Paco corre tanto coma o coche de Mar

Superioridade O tren é máis veloz có tranvía

Un avión rapidísimo

Grao superlativo

Expresa calidade no seu grao máximo.

Farruco é altisimo

AGORA TI!

1. Identifica o adxectivo e indica o nome ao que se refire nas seguintes frases.

A neve branca cubría o cume das altas montañas.

Lin un libro impresionante, falaba sobre o cambio climático.

María e Celia tiñan os ollos negros.

36
ESCRIBO retallos de lingua

Observa a ilustración e fíxate como se empregan e gradúan os adxectivos.

María era aberta e cauta

Grao positivo

Celia é menos delgada ca María

Grao comparativo de inferioridade

María era tan morena coma Celia

Grao comparativo de igualdade

María é máis alta ca Celia

Grao comparativo de superioridade

Celia era moi introvertida

AGORA TI!

2. Indica o grao do adxectivo nas seguintes frases.

Marta ten máis tempo libre ca Miguel.

Grao superlativo

O atleta número oito corre menos có atleta número catro.

Está moi feliz por seres elixida entre as mellores.

3. Escribe afirmacións positivas sobre as túas compañeiras e compañeiros utilizando os distintos graos dos adxectivos.

37

ESCRIBO retallos de lingua

Os xentilicios

Celia Rivas era de Fisterra polo que se di que era fisterrá

Os xentilicios son adxectivos que indican a procedencia ou orixe dunha persoa.

Viveiro a, o viveirense Ferrol ferrolá, ferrolán A Coruña coruñesa, coruñés Santiago de Compostela santiaguesa, santiagués; compostelá, compostelán

O Grove a, o grovense

Pontevedra pontevedresa, pontevedrés

Vigo

viguesa, vigués

AGORA TI!

Lugo luguesa, lugués; a, o lucense

Monforte de Lemos monfortina, monfortino

Ourense ourensá, ourensán; a, o auriense

O Barco de Valdeorras

valdeorresa, valdeorrés

Ribadavia a, o ribadaviense

1. Para referirnos á veciñanza da Coruña, ademais de usar o xentilicio «coruñesa» ou «coruñés», podemos usar outro. Investiga cal e a súa procedencia.

2. Inventa unha vila imaxinaria. Ponlle un nome e o seu correspondente xentilicio. Fai unha breve descrición desta localidade.

38

A coma (,)

Empregamos a coma cando queremos indicar unha pausa.

Como se escribe a coma?

Despois da coma, déixase un espazo en branco antes de escribir a seguinte palabra. Se escribimos á man é sinxelo, pero non te esquezas do espazo cando escribes nun procesador de textos!

Uso da coma

• Separar as palabras dunha enumeración ou lista. As dúas últimas palabras dunha lista adoitan unirse cun e.

Xulia pensou: tranvía de mulas, tranvía eléctrico, trolebús e autobús.

• Separar o nome de lugar e a data, nas cabeceiras das cartas, no pé dos formularios…

Betanzos, 18 de outubro de 2023.

• Para escribir os números decimais. Pódese tamén empregar o punto, pero considérase máis axeitado usar a coma → 24,6.

AGORA TI!

1. Fai unha enumeración dos medios de transporte que coñeces. Non esquezas separar con comas e finalizar con e.

2. Onde colocarías a coma para que sexan números con dúas cifras na parte decimal?

3. Escribe o lugar e a data do teu nacemento, o de dúas amizades e o de dous familiares.

39
ESCRIBO fiando palabras
1234 78954 2345 6579

A raia ( )

E estando quedo o avión fixo por tres veces:

— Pum! Pum! Pumpurrumpumpum!

Ramiro preocupouse! E preguntoulle: Falla o motor, Paquiño?

Non, ho! Como vai fallar se non o teño? respondeulle o raposo que facía de avión —. O que pasou é que comín chocolate e boto ventos polo tubo de escape!

— Pum! Pum! Pumpurrumpumpum!

E despois de aliviar ben aliviado, Paquiño baixou en vertical e pousou as patas moi amodo, como fan os helicópteros.

Antonio Reigosa: O raposo aviador que voa sen motor

Como se escribe a raia?

Escríbese pegada á inicial da palabra á que precede. No inciso do narrador, adóitase comezar con minúscula e poñer o punto unha vez pechada a aclaración.

A raia ( ) pode empregarse para:

• Introducir diálogos en textos narrativos.

• Limitar as aclaracións que a persoa que narra intercala nos diálogos. Neste caso utilízase un signo dobre, é dicir, unha raia para abrir a aclaración e outra para pechala: —respondeulle o raposo que facía de avión—.

AGORA TI!

1. Escribe un diálogo entre unha condutora de tren e un señor maior que se achega a ela para agradecerlle o seu bo quefacer. Deberás incluír algunha aclaración.

2. Busca na lectura inicial algún exemplo do uso da raia. Para que se utiliza?

3. Busca no libro que esteas lendo exemplos de como se emprega a raia.

ESCRIBO fiando palabras 40

Acentuación das palabras graves

As palabras graves son as que teñen a sílaba tónica na penúltima sílaba.

Colocamos o acento gráfico cando estamos ante unha palabra grave que remata nunha consoante diferente a –n, –s, –ns → ámbar, cómic.

AGORA TI!

1. Localiza a sílaba tónica das seguintes palabras e coloca o acento gráfico se é necesario.

guerra transporte taxi avioneta

bicicleta barco

2. Busca tres palabras graves e fai unha oración con cada unha delas.

3. Le con atención o texto do ditado:

Os xoguetes STEM axudaranche a mellorar habilidades en moitos campos científicos. Se os elixes, poderás aprender programación informática, facer creacións propias… Nenas e nenos tedes robots montables por pezas, coches con motores eléctricos, robots con placas solares, camións intelixentes… Serás quen de montar o vehículo ou robot máis útil da Historia para innovar e axudar ao comercio ou transporte?

CÓmic

41
• Hai algunhas excepcións que coñecerás en cursos posteriores, como hóckey automobil motocicleta

PENSO E POÑEMOS EN COMÚN

A VOZ DA EXPERIENCIA

DOMINGO DE CHOIVA

ABÚRROME COMA UNHA OSTRA!!!

ESE DÍA A BIS ATOPÁBASE MOI ANIMADA E FALADORA.

BOTAS DE MENOS A CORUÑA?

TOCABA QUEDAR NA CASA CON CARMELA, A SÚA BISAVOA BIS, COMO ESTÁS?

EE...GR... ÑRUG...

CANDO TIÑA A TÚA IDADE ÍA COA MIÑA AMIGA AMALIA VENDER POLAS PORTAS...EEEE...O CAMIÑO ERA LONGO...EEE...

ÁS VECES INCLUSO LEVABAMOS O CARRO DAS VACAS... VAIA ODISEA!!!!!

PARA MOITA XENTE, CARMELA ERA UNHA AFORTUNADA POR ESTAR PRETO DOS 100 ANOS!!! AÍNDA QUE XULIA NON O TIÑA CLARO.

IMPOSIBLE! NON ME CADRA

XULIA ESTABA A PIQUES DE QUEDAR DURMIDA COMA UNHA MARMOTA. PENSABA AUTOPREMIARSE CUN BOCATA POR ATURAR AS FANTASÍAS DE CARMELA.

EEEE...

FALEICHE DO TROLEBÚS?

XULIA SENTÍASE MAL POLO QUE PENSARA DA BIS, QUE AÍNDA QUE ÁS VECES TIÑA MALOS MOMENTOS, NON ESTABA TOLA.

TROLEQUÉ? SEGURO QUE É UNHA TROLA DO TAMAÑO DUN AUTOBÚS.

TROLEBÚS

Autobúsdetraccióneléctrica quetomaacorrentedecablesaéreos

foio29deabrilde1882.

CARMELA TIÑA UNHA MOCHILA CARGADA DE EXPERIENCIAS E SABEDORÍA.

BIS, QUEN SABE EN QUE TE VISITAREI NUN FUTURO!!

COCHES VOADORES?

TELETRANSPORTE?

TI QUE PENSAS?

42
pormedioduntrole.Oprimeiro
Bla!Bla!Bla! Bla! Bla!
A túa localización A Coruña

1. Le o cómic e despois escoita o audio con atención.

2. As persoas maiores teñen moitos coñecementos interesantes que compartir connosco. Anímate a preguntarlle a alguén da túa contorna algunha anécdota da súa infancia. Despois compártea coas compañeiras e compañeiros.

TRABALLAMOS EN GRUPO

Hoxe en día case todos os medios de transporte contan con medidas para facer os nosos desprazamentos máis seguros. Elixide un medio de transporte e preparade unha exposición oral na que lles contedes ás vosas compañeiras e compañeiros:

• De que medidas de seguridade dispón.

• Cando se incorporou esta tecnoloxía aos vehículos.

• Como evolucionou.

Unha vez escoitadas todas as exposicións, valorade se serían precisas outras medidas para facer os desprazamentos máis seguros ou se son suficientes.

Engadide ao voso traballo estoutras cuestións:

• De todos os vehículos que analizastes, cales son os máis seguros?

• En cales están os ocupantes máis desprotexidos?

43

© GRUPO ANAYA, S.A., 2023 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid.

Reservados todos los derechos. El contenido de esta obra está protegido por la Ley, que establece penas de prisión y/o multas, además de las correspondientes indemnizaciones por daños y perjuicios, para quienes reprodujeren, plagiaren, distribuyeren o comunicaren públicamente, en todo o en parte, una obra literaria, artística o científica, o su transformación, interpretación o ejecución artística fijada en cualquier tipo de soporte o comunicada a través de cualquier medio, sin la preceptiva autorización.

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.