
2 minute read
ESCRIBO retallos de lingua Os xentilicios
Celia Rivas era de Fisterra polo que se di que era fisterrá
Os xentilicios son adxectivos que indican a procedencia ou orixe dunha persoa.
Viveiro a, o viveirense Ferrol ferrolá, ferrolán A Coruña coruñesa, coruñés Santiago de Compostela santiaguesa, santiagués; compostelá, compostelán
O Grove a, o grovense
Pontevedra pontevedresa, pontevedrés
Vigo viguesa, vigués
AGORA TI!
Lugo luguesa, lugués; a, o lucense
Monforte de Lemos monfortina, monfortino
Ourense ourensá, ourensán; a, o auriense
O Barco de Valdeorras valdeorresa, valdeorrés
Ribadavia a, o ribadaviense
1. Para referirnos á veciñanza da Coruña, ademais de usar o xentilicio «coruñesa» ou «coruñés», podemos usar outro. Investiga cal e a súa procedencia.
2. Inventa unha vila imaxinaria. Ponlle un nome e o seu correspondente xentilicio. Fai unha breve descrición desta localidade.
A coma (,)
Empregamos a coma cando queremos indicar unha pausa.
Como se escribe a coma?
Despois da coma, déixase un espazo en branco antes de escribir a seguinte palabra. Se escribimos á man é sinxelo, pero non te esquezas do espazo cando escribes nun procesador de textos!
Uso da coma
• Separar as palabras dunha enumeración ou lista. As dúas últimas palabras dunha lista adoitan unirse cun e.
Xulia pensou: tranvía de mulas, tranvía eléctrico, trolebús e autobús.
• Separar o nome de lugar e a data, nas cabeceiras das cartas, no pé dos formularios…
Betanzos, 18 de outubro de 2023.
• Para escribir os números decimais. Pódese tamén empregar o punto, pero considérase máis axeitado usar a coma → 24,6.
AGORA TI!
1. Fai unha enumeración dos medios de transporte que coñeces. Non esquezas separar con comas e finalizar con e.
2. Onde colocarías a coma para que sexan números con dúas cifras na parte decimal?
3. Escribe o lugar e a data do teu nacemento, o de dúas amizades e o de dous familiares.
A raia ( )
E estando quedo o avión fixo por tres veces:
— Pum! Pum! Pumpurrumpumpum!
Ramiro preocupouse! E preguntoulle: Falla o motor, Paquiño?
Non, ho! Como vai fallar se non o teño? respondeulle o raposo que facía de avión —. O que pasou é que comín chocolate e boto ventos polo tubo de escape!
— Pum! Pum! Pumpurrumpumpum!
E despois de aliviar ben aliviado, Paquiño baixou en vertical e pousou as patas moi amodo, como fan os helicópteros.
Antonio Reigosa: O raposo aviador que voa sen motor
Como se escribe a raia?
Escríbese pegada á inicial da palabra á que precede. No inciso do narrador, adóitase comezar con minúscula e poñer o punto unha vez pechada a aclaración.
A raia ( ) pode empregarse para:
• Introducir diálogos en textos narrativos.
• Limitar as aclaracións que a persoa que narra intercala nos diálogos. Neste caso utilízase un signo dobre, é dicir, unha raia para abrir a aclaración e outra para pechala: —respondeulle o raposo que facía de avión—.
AGORA TI!
1. Escribe un diálogo entre unha condutora de tren e un señor maior que se achega a ela para agradecerlle o seu bo quefacer. Deberás incluír algunha aclaración.
2. Busca na lectura inicial algún exemplo do uso da raia. Para que se utiliza?
3. Busca no libro que esteas lendo exemplos de como se emprega a raia.
Acentuación das palabras graves
As palabras graves son as que teñen a sílaba tónica na penúltima sílaba.
Colocamos o acento gráfico cando estamos ante unha palabra grave que remata nunha consoante diferente a –n, –s, –ns → ámbar, cómic.
AGORA TI!
1. Localiza a sílaba tónica das seguintes palabras e coloca o acento gráfico se é necesario.

guerra transporte taxi avioneta bicicleta barco
2. Busca tres palabras graves e fai unha oración con cada unha delas.
3. Le con atención o texto do ditado:
Os xoguetes STEM axudaranche a mellorar habilidades en moitos campos científicos. Se os elixes, poderás aprender programación informática, facer creacións propias… Nenas e nenos tedes robots montables por pezas, coches con motores eléctricos, robots con placas solares, camións intelixentes… Serás quen de montar o vehículo ou robot máis útil da Historia para innovar e axudar ao comercio ou transporte?
CÓmic