
4 minute read
IMOS MERCAR
Comentamos A Imaxe
Escoita o audio e responde.
• A situación que acabas de escoitar produciuse no ano 1932. Sería frecuente daquela ver a unha muller conducindo un camión?
• Por que, ao principio, o examinador se mostrou anoxado?
• Que tipo de mercadoría transportaba a moza no seu camión?
• Que tipos de comercio coñeces? De cal fas máis uso?
• Que emocións sentiría a moza no momento de examinarse? Como te sentes ti ante unha proba difícil?
1. Observa estas imaxes e identifica os lugares relacionadas coa xestión de mercadorías.
Comercio electrónico
2. Gústavos ir á feira? Formade grupos de dous ou tres integrantes e realizade unha pequena enquisa entre os vosos familiares e amigos sobre as feiras tradicionais.
• Hai algunha feira no lugar onde vives?
• Que día ten lugar?
• Mercas nela? Que produtos?
• Ademais de mercar, realizas outras actividades de lecer na feira?
Respect Monos En Todas As Linguas
Hai máis de cen anos, vivía en Fisterra unha familia alcumada «Lavancas». O patriarca, Joaquín Rivas Casais, xacía na cama por mor dunha grave enfermidade mentres matinaba cal sería o futuro da súa familia ante a súa inminente partida.
Joaquín fora sempre un home con moita iniciativa e proba diso foi o nacemento do seu negocio de transportes: mercara un turismo accidentado e, no seu taller mecánico, convertérao nun camión para o porte de mercadorías.
Na busca de melloras para o seu negocio, viaxou a Cuba e Estados Unidos, onde quedou a vivir o seu fillo Ramón. Foi cultivando unha apertura de mente pouco frecuente para a época. A miúdo, cando miraba as súas cinco fillas, soñaba con poder ofrecerlles a elas e a todas as mozas galegas un futuro mellor, cheo de oportunidades.

Polos caprichos do destino, canto máis se deterioraba a saúde de Joaquín, máis prosperaba o negocio, polo que a familia decidiu mercar un camión mellor.

Había xa un tempo que, cando se deitaban, as fillas da familia Rivas oían a través das paredes como seus pais discutían en voz baixa, procurando que elas non escoitasen. Joaquín tiña un plan para as fillas que chocaba coa visión tradicional que Josefa tiña do papel da muller.
Un día, coa saúde xa moi fráxil, Joaquín chamou as fillas ao seu cuarto. Axiña ían descubrir cal era o seu propósito:
—Queridas fillas, sinto que a miña fin estase achegando e por iso quero que me escoitedes con atención. Vós debedes ser agora as que loitedes pola vosa prosperidade. Por iso, debedes prescindir do chofer do camión para obter maiores beneficios. María, xa que es a irmá maior deberás sacar a licenza para conducilo ti.
As palabras do pai deixaron as mozas alteradas e cos ollos cheos de incredulidade cravados en María. Esta, despois duns intres de dúbida, respondeu con bágoas nos ollos:
—Pero que dis, papaíño? Non ves que iso é unha tolaría? Onde se viu muller de ben conducindo un camión?
—Nos Estados Unidos vin cos meus propios ollos mulleres camioneiras e se elas podían, por que non ías poder ti?
María, desfeita por non sentirse quen de cumprir os desexos do seu pai, a quen tanto quería, buscaba argumentos para facelo entrar en razón. Todas as súas irmás asentían e apoiaban as palabras de María. Todas agás Celia, que permanecía en silencio. De súpeto, ergueu a súa voz por riba de todas:
—Podo eu, papá? Podo sacar eu a licenza de camión?
As demais irmás non daban creto, aínda que, a dicir verdade, non deberan sorprenderse moito. Celia era unha muller de acción, decidida e práctica. Faría o que fose preciso polo ben da súa familia e pouco lle importaba o que pensasen os demais.

Celia preparouse a conciencia e, antes de cumprir os 20 anos, converteuse na primeira muller de Galicia e de España en conseguir a licenza para conducir un camión. Ela e a máquina convertéronse nun só ser e a súa mestría ao volante levantou admiración e xenreira a partes iguais.

O texto narrativo
O texto narrativo é un texto que conta unha historia, real ou imaxinaria, protagonizada por uns personaxes que realizan accións nun tempo e nun lugar concretos.
Partes do texto narrativo
Introdución Presenta os personaxes e a acción inicial.
Hai máis de cen anos, vivía en Fisterra unha familia alcumada «Lavancas».
Nó
Desenlace
Condensa os feitos principais e a trama complícase.
Pon feche á trama desenvolvida no nó, dándolle un final.
Un día, coa súa saúde xa moi fráxil, Joaquín chamou as fillas ao seu cuarto. Axiña ían descubrir cal era o seu propósito.
Celia preparouse a conciencia e, antes de cumprir os 20 anos, converteuse na primeira muller de Galicia e de España en conseguir a licenza para conducir camións.
Os elementos do texto narrativo

Para construír unha obra narrativa cómpre ter en conta estes elementos:
Narrador
Persoa que conta a historia.
Personaxes
Os personaxes principais son os protagonistas arredor dos que se constrúe a trama. Os personaxes secundarios teñen un rol menos relevante pero axudan ao desenvolvemento da acción.
Espazo
Lugar no que acontecen os feitos narrados.
Tempo
Momento no que se sitúan os feitos e duración dos sucesos do relato.
Tipos de texto narrativo
Existen varios tipos de textos narrativos. Pódense agrupar en tres grandes categorías: literarios, xornalísticos e históricos.
A novela, o conto, a fábula ou as lendas son tipos de textos literarios.
A lenda é unha obra que indaga nas orixes de lugares e tradicións mesturando feitos fantásticos e reais. Os personaxes protagonistas adoitan ter características moi ben definidas.
Fíxate na estrutura e características desta Lenda da Torre de Hércules da Coruña.
Na introdución preséntanse os protagonistas e o feito inicial.
Hai moitos anos, o heroe Hércules chegou coa súa barca á costa dun lugar gobernado por un xigante chamado Xerión.
No nó a trama complícase.
O xigante era un tirano e tiña sometidas as persoas que alí vivían. Incapaz de aturar tal inxustiza, Hércules decidiu enfrontarse a el nun combate.
No desenlace resólvense os feitos.
Tras vencelo, o heroe decidiu enterrar a cabeza de Xerión e sobre ela construíu unha torre.
AGORA TI!
1. Traballa en equipo coas túas compañeiras e compañeiros para crear unha narración oral. Inventade unha lenda para explicar a orixe do voso colexio. Cada persoa do equipo dirá unha ou dúas frases. Podedes empregar as novas tecnoloxías para gravar a lenda.