
1 minute read
ESCRIBO retallos de lingua
O dicionario
O dicionario é o repertorio en forma de libro ou soporte electrónico onde se recollen as palabras que forman unha lingua. Cada palabra que conforma o dicionario vai acompañada dunha definición ou explicación.
As palabras do dicionario están ordenadas alfabeticamente, o que facilita a súa busca.
Os dicionarios teñen entradas e acepcións
Entrada
Unha entrada é cada unha das palabras que hai nun dicionario. Achegan información sobre o tipo de palabra (nome, adxectivo, verbo, etc.) e o seu xénero (feminino ou masculino).
Acepción
As acepcións son os distintos significados que pode ter unha palabra.
AGORA TI!
1. Na lectura «O camiño ao éxito farase en camión» (páxinas 10 e 11), aparece a frase «mercara un turismo accidentado e converteuno nun camión». Observa a imaxe e indica:
• Cantas acepcións ten a palabra turismo?
• Que acepción se corresponde co contido do texto?