5 minute read

PEQUENOS INVENTOS, GRANDES AVANCES

Comentamos A Imaxe

Escoita o audio e responde.

• O audio sitúase no ano 1936, cando se iniciou a Guerra Civil española. Que medios de transporte serían frecuentes na época?

• Como se sentirían as persoas ao saber que estoupara a guerra?

• Unha das irmás di que as circunstancias difíciles que nos tocan vivir non se poden cambiar, pero si o xeito no que nos enfrontamos a elas. Que opinas sobre isto? Que dirías do carácter dunha persoa que pensa así?

• Cres que se valora máis o que conseguimos con esforzo? Por que?

• Pensa nalgún obxectivo que queiras acadar. Canto tempo e traballo precisas dedicarlle?

2. O uso de medios de transporte colectivos é unha boa maneira para contribuír ao coidado do medio ambiente. Formade grupos de tres ou catro participantes e respondede estas preguntas.

• Ademais do transporte escolar, que medios de transporte colectivo empregas?

• En que situación e con que frecuencia?

• Na túa localidade podes empregar o tren ou o autobús?

• Cres que se pode mellorar este servizo?

Respect Monos En Todas As Linguas

A meniña estaba sentada enriba da barra da taberna deserta. A súa mirada reparaba nas cinco mesas do local, coas correspondentes cadeiras baleiras arredor. Habitualmente, daquelas horas estaban ocupadas pola veciñanza que xogaba ao dominó ou por viaxantes que paraban a repoñer forzas antes de continuar co percorrido. Aburrida, empurraba coa man a báscula que se atopaba á esquerda da barra e que servía para pesar o que a xente mercaba no ultramarinos, cuxos produtos adoitaban expoñer nuns altísimos andeis que tiña ás costas, agora case baldeiros. Desde que estalara a guerra, o ambiente mudara e a rutina empapárase de novas preocupacións: a escaseza de víveres, a incerteza polo futuro, a preocupación polos que foran enviados á fronte… Axiña os ollos da pequena repararon na nube de pó que avanzaba polo camiño. Iso só podía significar unha cousa: María e Celia xa estaban aquí.

Desde que Celia sacara a licenza para conducir o camión, as súas vidas cambiaran moito. O negocio de transportes medraba por momentos, ata levar por toda Galicia peixe, minerais, madeira, produtos do campo… As irmás Rivas ata cambiaran o seu camión por un fermoso ómnibus verde e rosa, no que podían transportar mercadorías e persoas.

Pero a vida das empresarias tamén se viu alterada pola guerra. O seu fermoso ómnibus foi requisado polo Exército. Ante tamaña inxustiza, e ao veren o seu pan de cada día en risco, Celia fixo gala da súa afouteza unha vez máis: se o seu vehículo ía participar na guerra, ela tamén o faría. Ninguén mellor ca ela para conducilo e protexelo, co que evitaría así perder o seu modo de sustento. E foi así como Celia se converteu unha vez máis en pioneira, ao ser a primeira muller en participar como condutora nun conflito bélico.

O fermoso ómnibus foi pintado ao xeito da camuflaxe militar e como era un vehículo de gran tamaño, cousa que poucas veces se vía naquela época, transmitía unha fereza noutrora inimaxinable.

A meniña baixou da barra dun chimpo e correu xunto ao avó:

—Xa chegaron, avó! Celia e María xa están aquí!

—Axiña! Avisa a toda a xente! —respondeu o avó alterado.

O avó sabía o que pasaría agora. A veciñanza correría a xuntarse alí agardando que as dúas irmás trouxesen novas dos seus ou, con sorte, incluso algunha carta.

A que contaba era María, pois era unha muller con facilidade para expresarse e narrar o que acontecía, aberta e cauta. Pola contra, Celia adoitaba escapar silandeira. Era unha muller introvertida, que a miúdo se illaba das conversas alleas para concentrarse na actividade que tiña entre mans. Tamén era traballadora incansable, polo que mentres súa irmá daba conta dos sucesos máis relevantes, ela facía ás veces de mecánica poñendo o ómnibus a punto para a nova partida. Incluso no físico non podían ser máis diferentes: mentres María era alta e delgada, Celia era xusto o contrario, baixa e de figura redondeada. Ambas as dúas tiñan o rostro coroado por escuros cabelos rizados e uns profundos ollos mouros, pero as similitudes non pasaban de aí. Porén, eran dúas pezas dun crebacabezas que encaixaba á perfección.

Coma sempre, foron despedidas coma heroínas, pois a súa boa vontade facía que intercedesen por uns e outros, independentemente do bando, facendo gala da súa xustiza e humanidade.

Descrición obxectiva

O texto descritivo

O texto descritivo é o que explica, de forma oral ou escrita, como é unha persoa, animal, lugar ou obxecto.

A descrición obxectiva e a descrición subxectiva

Hai dous tipos de descrición segundo a actitude da persoa que describe.

Céntrase nas características técnicas e axústase á realidade.

O ómnibus de Celia era novo, de cor verde e rosa. Tiña unha capacidade de cincuenta prazas. Os asentos da parte posterior eran desmontables para poder cargar mercancía. As marchas do ómnibus eran suaves e a dirección sensible.

Descrición subxectiva

Baséase nunha valoración persoal das características do que describe.

A que contaba era María, pois era unha muller con facilidade para expresarse e narrar o que acontecía, aberta e cauta. Pola contra, Celia adoitaba escapar silandeira.

Nos exemplos anteriores podes observar que nas descricións é frecuente empregar adxectivos e fixarse nos detalles que fan única a persoa, animal, lugar ou obxecto. Ademais, tamén se poden usar recursos narrativos como comparacións, esaxeracións…

AGORA TI!

1. Escoita estes dous audios nos que se describe a praia da Langosteira. Cal é unha descrición obxectiva? Cal é subxectiva?

Como redactar unha descrición?

1. Escoller o que imos describir.

2. Observar e fixarse nas características.

3. Elixir os substantivos e adxectivos máis axeitados.

4. Organizar os datos.

5. Redactar seguindo unha orde.

Preguntas que debe responder unha descrición

Persoas

• Como é o seu aspecto físico?

• Como é a súa personalidade?

• Cales son os seus gustos?

Animais

• Cales son as súas características físicas?

• Onde vive?

• De que se alimenta?

• Como se despraza?

• Como se reproduce?

Obxectos

• Que tipo de obxecto é?

• Para que se usa?

• Como é?

• Que partes ten?

• De que está feito?

AGORA TI!

Lugares

• Que tipo de lugar é?

• Onde se ubica?

• Que elementos destacan?

• Como son os elementos que o compoñen?

2. Formade equipos na aula e pensade unha descrición para a biblioteca do colexio. Seguide os pasos indicados para facela. Por último, expoñede ante as vosas compañeiras e compañeiros o resultado e comparádeas.

Persoas

Ana, Xan, Román...

O substantivo

Todo comezou un martes. Acababa de iniciarse o curso no Universal, o meu colexio, e estabamos na aula, todos en silencio, traballando nunha ficha de repaso. De súpeto ábrese a porta e entra dona Adela, a directora, cun neno da man. Deixounos apampados, ou sexa, paralizados. Sorprendeunos, vaia. O neno era moi fraco, con cara de poucos amigos e anteollos grandes, e levaba unha mochila enorme e verde ás costas. Entón dona Adela vai e bísballe algo a Lourdes, a miña profe, que se vira, míranos e di: «clase, atendede un momento. Este é Antonio Fernández-Xildas e a partir de agora será o voso compañeiro. Vén de moi lonxe, así que, procurade non amolalo moito para que se afaga a nós, de acordo?».

Mar Guerra: Xenaro e o misterio da mochila verde

As palabras destacadas chámanse substantivos ou nomes.

Os substantivos son palabras que serven para nomear persoas, animais, plantas, obxectos, lugares e sentimentos.

Substantivos

Animais golfiño, xoaniña, raposo...

Plantas castiñeiro, margarida, papoula...

Obxectos ordenador, caixa, xornal...

Lugares

Galicia, Cambre, Mondoñedo...

Sentimentos amor, medo, alegría...

Os tipos de substantivos

Propios

Identifican de xeito concreto persoas, lugares, animais...

Anxo, Miño, Sabela

Abstractos

Nomean ideas ou sentimentos.

amor, odio, lealdade

Individuais militar, carballo

Nomean en singular unha única persoa, animal ou obxecto.

Comúns sofá, mercado, moto

Nomean persoas, lugares, animais ou obxectos en xeral.

Concretos

Nomean seres ou obxectos que se poden percibir polos sentidos; ver, tocar, oír… maleta, xadrez, bolígrafo

Colectivos exército, carballeira cantante rabaño ovella equipo xogador dentadura estrela coro dente constelación

Nomean en singular, un conxunto de persoas, animais ou obxectos.

AGORA TI!

1. Busca no texto da páxina anterior tres nomes propios e tres comúns.

2. Asocia o nome individual co seu colectivo.

3. Na seguinte oración identifica os substantivos concretos e os abstractos.

Celia sabía que conducir un camión era difícil pero era unha muller chea de valor e determinación.

This article is from: