Operación mundo: Lingua 4º (demo)

Page 7

U1 Noticia 2

27 de setembro de 2022

A Fundación María José Jove volverá levar o seu Museo Virtual a oito escolas rurais galegas Esta iniciativa pretende achegar a arte contemporánea, protagonista do seu Museo Virtual, ao alumnado das zonas rurais.

A Fundación María José Jove abre a segunda convocatoria do proxecto O MUV na escola rural, unha iniciativa que leva o seu Museo Virtual (MUV) a escolas rurais de Galicia. Para este curso 2022-2023 ampliou de catro a oito os centros que poderán participar. A convocatoria diríxese ao segundo ciclo de Infantil e primeiro ciclo de Primaria e os centros educativos interesados teñen a información na páxina web da Fundación

María José Jove. O prazo de presentación estará aberto ata o 26 de outubro. O museo permanecerá en cada colexio tres semanas, durante as que o alumnado e o profesorado poderán visitalo e incorporar os recursos creados durante a formación. Para levalo a cabo, a Fundación preparará no centro educativo un espazo con computador e lentes de realidade virtual.

La Voz de Galicia (adapt.)

11


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.