4 minute read

4 Cóidate!

Next Article
Q ue aprendín?

Q ue aprendín?

Seguramente escoitaches moitas veces iso de que hai que comer de maneira saudable, facer deporte, lavar os dentes, durmir moito e blablabla. Coidadiño! Non o tomes a broma, porque coidar... hai que coidarse!

Como o ves?

Gústache o chocolate? Cantos tipos coñeces? Cómelo ás veces ou con moita frecuencia?

Pensas que, en xeral, os teus hábitos son saudables?

O dato

A Organización Mundial da Saúde preocúpase pola saúde en todo o mundo.

Para esta unidade...

Obxectivo en acción

Crea unha táboa para avaliar os teus hábitos e intenta mellorar as cousas que fas regular.

Sigue o fío!

L e o u n c o n t o

Coñece a fábrica de chocolate de Willy Wonka.

V e x o u n v í d e o c o n r e c o m e n d a c i ó n s s o b r e a s a ú d e

Ten en conta os consellos da Organización Mundial da Saúde.

As larpeiradas están boísimas porque levan moito azucre.

Algúns hábitos son prexudiciais para a saúde.

Escoitaches falar da pirámide dos alimentos?

No Nadal cómense máis doces ca noutras épocas do ano.

Leo un conto

Coñece a fábrica de chocolate de Willy Wonka.

Charlie e a fábrica de chocolate

Unha noite, cando Charlie entrou a ver os avós, díxolles:

—É certo que a Fábrica de Chocolate de Wonka é a meirande do mundo?

—Que se é certo? —berraron os catro a un tempo—. Claro que é certo! Meu Deus, é que non o sabías? É cincuenta veces máis grande ca calquera outra!

—E é verdade que o señor Willy Wonka é o fabricante de chocolate máis intelixente do mundo?

—Mira, neno —dixo o avó Joe, colocándose mellor sobre o cabezal—, o señor Willy Wonka é o fabricante de chocolate máis prodixioso, máis fantástico, máis extraordinario que o mundo ten coñecido! Eu pensaba que todos sabían iso!

—Eu sabía que era famoso, avó Joe, e sabía que era intelixente...

—Intelixente! —berrou o vello—. Éche máis ca iso! Éche un mago do chocolate! Pode facer calquera cousa, todo o que queira! Non é, queridos?

Os outros tres velliños abalaron afirmativamente as súas cabezas:

—Así é, de certo —dixeron.

E o avó Joe dixo: meirande: máis grande. abalar: mover, axitar. asentir: mostrarse de acordo con algo que outro di.

—É que nunca che falei do señor Willy Wonka e da súa fábrica?

—Nunca —respondeu o pequeno Charlie.

—Vállame Deus! Como pode ser iso?

—Cóntasmo agora, avó Joe, por favor?

—Cóntocho, ho. Senta na cama cabo de min, pequecho, e escoita con atención. […] Sabías, por exemplo, que el só ten inventado máis de duascentas novas clases de chocolatinas, cada unha delas cun recheo diferente, cada unha moito máis doce, cremosa e gustosa que calquera das que poidan producir outras fábricas de chocolate?

—Éche completamente certo! —exclamou a avoa Josephine—. E envíaas a todos os países do mundo! Non si, avó Joe?

—É, querida, así é. E tamén a todos os reis e a todos os presidentes do mundo. Pero non só fabrica chocolatinas. Non, oh! O señor Willy Wonka garda en segredo algunhas invencións realmente fantásticas! Sabías que inventou un método para fabricar xeado de chocolate de maneira que este se manteña frío durante horas e horas sen que haxa que metelo na neveira? Mesmo podes deixalo ao sol unha mañá enteira nun día caloroso e nunca se derreterá!

—Pero iso é imposible! —dixo o pequeno Charlie.

—Claro que é imposible! —exclamou o avó Joe—. Éche completamente absurdo! Pero o señor Willy Wonka conseguiuno!

—Así é! — asentiron os outros, movendo afirmativamente a cabeza—. O señor Wonka conseguiuno.

Comprendo a lectura

1 En que espazo ten lugar esta parte da historia?

2 Que personaxes aparecen?

3 Como é Willy Wonka? Busca catro palabras que o describan.

4 De que tamaño é a súa fábrica?

5 Cantas clases de chocolatinas inventou? Onde as envía?

6 Por que é tan especial o seu xeado de chocolate?

7 Que fan os demais avós de Charlie? Negar o que di o avó Joe. Confirmar o que di o avó Joe. Cambiar de tema.

Aprendo cousas sobre o chocolate

Sabes cal é o ingrediente principal do chocolate?

• Cal destes é o seu arbusto?

fábrica de chocolate dormitorio parque cociña a c b castaña cacao limón

• Investiga sobre o cacao: de que lugar procede?, que propiedades beneficiosas ten para a saúde?

• Colle unha tableta de chocolate e mira a porcentaxe de cacao e de azucre que ten.

Canto máis cacao teña e menos azucre, máis saudable será.

Toma nota!

O cacao natural é moi saudable.

Vexo un vídeo con recomendacións sobre a saúde

1 Mira o vídeo «Para ter unha boa saúde» e coméntao cos teus compañeiros e compañeiras.

• Que significa «estar san» para a Organización Mundial da Saúde?

• Como debe ser unha alimentación saudable?

• Por que é importante coidar a hixiene?

• Que quere dicir «World Health Organization»? En que lingua está? Por que?

2 Durante a pandemia da COVID tivemos que seguir indicacións especiais de saúde e de hixiene en todo o planeta

• Por que cres que nun momento así foi tan importante que existise a Organización Mundial da Saúde?

• Fai unha lista coas recomendacións que nos deron.

Se seguimos algúns consellos, evitaremos problemas de saúde.

Coñezo moitas larpeiradas

As larpeiradas están boísimas porque levan moito azucre.

1 Relaciona cada larpeirada coa súa imaxe.

piruleta caramelo goma de mascar chocolate algodón de azucre bombón gominola b e

Invento lambonadas c f g turrón – flan – arroz con leite – orellas bica – leite frito – rosquillas – filloas

Escoita as lambonadas que fai Willy Wonka e inventa ti unha.

2 Cal destas sobremesas che gusta máis?

• Busca a receita e cópiaa no caderno.

3 Observa con atención.

As palabras homófonas ben: contrario de «mal» ven: verbo ver, ollar, mirar.

As palabras homófonas pronúncianse igual, pero escríbense de maneira distinta e teñen significados diferentes (hai, ai).

Hai que poñer a mesa. Ai ! Que rica está!

4 Fíxate no significado e escolle a palabra correcta para cada oración.

Se te agochas aquí, seguro que non te ... .

– Lava ... as mans antes de comer.

Falo dos meus hábitos

Algúns hábitos son prexudiciais para a saúde.

1 Fíxate nas imaxes e fala sobre os teus costumes.

• Cales destas cousas fas ás veces?

• E con moita frecuencia?

• Cal non deberías facer nunca? Por que?

• Por que cres que falar cos demais e contarlles os nosos problemas é positivo para a nosa saúde?

Investigo sobre o pasado

Investiga sobre estas cuestións entre persoas maiores da contorna.

- Que comían cando eran pequenas?

- Cociñábase na casa ou mercábase comida precociñada?

- Tiñan lambonadas?

- Había moitos restaurantes?

• Poñédeo en común e pensade nos cambios que houbo.

• Que cambio vos parece máis importante?

Toma nota!

Debemos tomar lambonadas só de cando en vez e mellor se son caseiras.

This article is from: