
1 minute read
1 Vai de museos!
Imaxina que hoxe estás moi aburrido ou aburrida. Que poderías facer para entreterte? Hai moitas opcións: podes ir ao parque, dar un paseo, ler un libro, cociñar en familia, debuxar... E que che parecería ir a un museo?

Como o ves?
Na túa localidade hai algún museo?
Cres que os museos son lugares divertidos?
O dato
En Galicia existen máis de oitenta museos oficiais e moitas iniciativas privadas.
Para esta unidade...
Obxectivo en acción
Pensa nos beneficios de visitar un museo e inventa un novo sobre algo que che interese.
Sigue
o fío!
L e o n o t i c i a s s o b r e m u s e o s
Algúns museos ofrecen actividades especiais para as escolas.
E s c o i t o h i s t o r i a s d o v e r á n
Que foi o que máis che gustou deste verán?
Cal é a túa afección preferida?
Existen moitos tipos de museos.
A sede da Real Academia Galega é tamén a CasaMuseo Emilia Pardo Bazán. 11 4
Leo noticias sobre museos
Algúns museos ofrecen actividades especiais para as escolas.
Noticia 1
Comeza o curso escolar 2022-2023 nos Museos
Científicos Coruñeses
Xa está dispoñible o servizo de reservas para os grupos escolares, que poderán gozar de exposicións, obradoiros e proxeccións.

No Aquarium Finisterrae a principal novidade é a oferta de rutas temáticas, como por exemplo a titulada «Reproducirse baixo o mar», na que coñecerán os procesos de reprodución das especies mariñas. En «Planeta océano» trátanse temas como a diversidade biolóxica, as mareas, a salinidade ou noticias históricas. E «Sinais de alarma» céntrase nos cambios ambientais que sofren os océanos.
Na Domus, o alumnado verá o novo vídeo do parto, feito que sucede case 400 000 veces cada día en todo o planeta. A visita polas salas interactivas pódese completar con sesións de cinema e con actividades como diseccionar flores, explorar aspectos da nutrición, construír mecanismos e artefactos tecnolóxicos usando materiais sinxelos...
Na Casa das Ciencias acaban de renovar a incubadora de pitiños, que permitirá observar mellor o proceso de eclosión do ovo e o nacemento dos pitiños de galiña. Ademais, o Planetario ofrece sesións en directo sobre o ceo que se pode ver na época da visita.
Para o acceso a estes Museos Científicos, os grupos escolares teñen tarifas reducidas. No caso dos centros educativos do municipio da Coruña a entrada é gratuíta.
Noticia 2