
2 minute read
A Fundación María José Jove volverá levar o seu Museo Virtual a oito escolas rurais galegas
Esta iniciativa pretende achegar a arte contemporánea, protagonista do seu Museo Virtual, ao alumnado das zonas rurais.
A Fundación María José Jove abre a segunda convocatoria do proxecto O MUV na escola rural, unha iniciativa que leva o seu Museo Virtual (MUV) a escolas rurais de Galicia. Para este curso 2022-2023 ampliou de catro a oito os centros que poderán participar.
A convocatoria diríxese ao segundo ciclo de Infantil e primeiro ciclo de Primaria e os centros educativos interesados teñen a información na páxina web da Fundación
María José Jove. O prazo de presentación estará aberto ata o 26 de outubro.
O museo permanecerá en cada colexio tres semanas, durante as que o alumnado e o profesorado poderán visitalo e incorporar os recursos creados durante a formación. Para levalo a cabo, a Fundación preparará no centro educativo un espazo con computador e lentes de realidade virtual.
Leo noticias sobre museos
Comprendo a lectura
1 De que tipo de museos trata cada noticia?
Noticia 1 artísticos exposicións científicos proxeccións históricos obradoiros
3 En que cidade están?
2 Que tres museos son os protagonistas desta noticia? Coñécelos?
4 Relaciona cada actividade co seu debuxo.
Cal dos tres museos científicos da Coruña tes máis ganas de visitar?
• Xustifica a túa resposta.
5 Escribe o nome das rutas do Aquarium Finisterrae.
6 A entrada é gratuíta para todos os grupos escolares?
7 En que museo está o Planetario? Que podes ver nel?
Noticia 2
8 A que tipo de escolas está dirixida a iniciativa da Fundación María José Jove?
• Por que cres que se lles ofrece a esas escolas?
9 É a primeira vez que se fai?
10 Que instalarán en cada colexio?
• Algunha vez probaches algo parecido?
11 Canto tempo estará o museo en cada escola?
1 semana
3 semanas
1 mes
12 Atopa na noticia dous sinónimos de «escola».
Toma
Nos museos aprendemos á vez que nos divertimos!
Escoito historias do verán
Que foi o que máis che gustou deste verán? E o que menos?
1 Lapis ao centro Escoita a conversa e relaciona cada imaxe co nome correcto.
Antón Rosalía Xurxo
• Relaciona os nenos e as nenas co lugar no que pasaron o verán e coas actividades que fixeron.

Berta ler casa
Antón sendeirismo viaxe

Rosalía vela aldea
Xurxo manualidades campamento

• Gustáronlles as actividades que realizaron durante o verán?

• Quen tivo un accidente? Que lle sucedeu?
• Quen visitou un familiar?
Amplío o meu vocabulario sobre afeccións
Cal é a túa afección preferida? Coméntao cos demais e descubre se coincides con alguén.
1 Escribe o nome destas afeccións.
cunchas postais sendeirismo teatro a c b d e f
Practicar... Coleccionar... ? ?



• Engade dous exemplos máis en cada cela.

3 Antes de buscar unha palabra no dicionario, temos que pensar como buscala.
Exemplo: afeccións → afección
Exemplo: cantamos → cantar excursións – divertida – afeccionados – deportiva lerei – brincando – entretido – bailei Cada persoa ten uns gustos propios.
Toma nota!



Falo de museos
Existen moitos tipos de museos e podemos elixir a cal ir segundo as nosas preferencias.
1 Observa con atención os museos do Anexo e responde.
• Visitaches algún destes museos?
• Oíches falar deles aínda que non estiveras?
• A cal irías seguro e cal non che interesa nada?
• Que é unha casa-museo? E unha ecogranxa?
2 Entra na web Museos de Galicia e consulta a listaxe dos museos que se poden visitar virtualmente. VISITA 3D
Consulta o Anexo para saber máis sobre os museos de Galicia.
• Busca na clase algún compañeiro ou compañeira que queira visitar o mesmo museo ca ti.
• Facede unha visita virtual ao museo escollido.

• Comentade cos demais o que vos pareceu a visita.
3 Ademais de museos, tamén se poden facer visitas virtuais a monumentos ou lugares interesantes.
• Hai algún monumento ou museo que che gustaría coñecer? Coa axuda dunha persoa adulta, busca na Rede se existen visitas virtuais.
Podemos visitar algúns museos virtualmente, sen movernos da casa.
Escribo unha noticia
Nos xornais podemos informarnos sobre actividades interesantes que se van realizar na nosa localidade.
1 Le a noticia e contesta.