1 minute read

O acento gráfico

1 Le o seguinte texto e observa as palabras destacadas.

O último sábado do verán estiven na praia de Panxón cos meus curmáns Uxía e Marcos. Atopamos cunchas moi fermosas que vou gardar na miña colección. Pasamos un día fantástico xuntos! Estou desexando repetir!

2 Le de novo o texto anterior.

• Copia todas as palabras que teñan acento gráfico.

• Divídeas en sílabas e rodea a sílaba tónica.

• Clasifícaas segundo o lugar que esta ocupe.

Último lugar Penúltimo lugar Antepenúltimo lugar ve-rán U-xí-a úl-ti-mo

? ? ?

O acento gráfico

Algunhas palabras levan sobre a vogal tónica un signo ´ para marcar a intensidade; é o acento gráfico: s á bado, Panx ó n, curm á ns...

Ditado

Escoita atentamente este texto e fai o ditado.

Nas vacacións, Breogán, María e André fixeron unha reportaxe fotográfica da aldea dos seus avós. Colleron as cámaras e fotografaron unhas árbores enormes, o can Crispín, a antiga estación do tren... Cando chegaron á casa merendaron un bocadillo de xamón, unha mazá e un zume de limón.

Rodea as palabras que teñen acento. Despois, clasifícaas na táboa do exercicio 2.

Agora, valora o traballo do teu compañeiro ou compañeira. Que cres que debería mellorar?

Despois do ditado:

This article is from: