
1 minute read
O menú tradicional do Nadal
No Nadal cómense máis doces ca noutras épocas do ano. Cales coñeces?
O peixe é o protagonista da cea de Noiteboa en Galicia, e a carne da comida de Nadal. Esta tradición ten a súa orixe na relixión católica, que impedía comer carne ata o día 25. Por iso é tradicional, sobre todo no sur, cear o bacallau con coliflor ou repolo acompañado con allada. Tamén é típico o ollomol ao forno e, se hai río, o salmón. Noutros lugares ceábase polbo, verzas ou grelos. No Nadal, en zonas de Lugo e da Coruña era típico o capón de Vilalba, moitas veces recheo de castañas. Noutras zonas preferíase o galo de Arzúa, a galiña de Mos ou o pito de curral. E na montaña apostaban pola carne de cabrito.

E a comida non podía rematar sen unha boa sobremesa: a sopa de améndoas (Verín) ou a compota de pera (Lugo). Tamén figos ou uvas pasas, arroz con leite, castañas, noces, abelás, bica, filloas...
historiadegalicia.gal (adapt.)
1 E vós, que comedes en Noiteboa? E no Nadal?

2 Fíxate na receita e ponlle título.
Ingredientes:
Para 4 persoas:
• 800 gr. de bacallau (4 toros de 200 gr.)
• 1 coliflor mediana
• 4 patacas medianas
• 1 cebola
Preparación:
1 Desalga en auga os toros de bacallau durante 48 horas, coa pel cara arriba.
2 Pon a ferver a auga nunha cazola cun pouco de sal e engade a coliflor limpa e pelada, en 4 anacos, a cebola en 2 metades e as 4 patacas en anacos grandes.
3 Transcorridos 15 minutos de fervor, engade os toros de bacallau e deixa ferver 5 minutos máis.
4 Serve o bacallau, a coliflor e as patacas. cocinagallega.es
3 E se este ano axudas a preparar algunha comida?
• De que che gustaría encargarte?
Toma nota!
Colaborar na preparación da comida pode ser divertido.